Fibra de Purkinje: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
# Feixe posterior esquerdo
# [[Fibras de Purkinje]]
-----
| Imaxe2 = ECG_Principle_fast.gif
| Lenda2 = O complexo QRS nun electrocardiograma é o pico da gráfica
Liña 34:
| DorlandsID =
}}
 
 
As '''fibras de Purkinje''' son células do [[miocardio]] especiais situadas nas paredes internas dos [[ventrículo (cardíaco)|ventrículos]] do [[corazón]], xusto debaixo do [[endocardio]]. Trátase de [[fibra muscular|fibras musculares]] do miocardio especializadas en conducir os impulsos eléctricos, que fan que o corazón se contraia de forma coordinada. As fibras de Purkinje saen do [[nodo auriculoventricular]] seguindo o [[feixe de His]] (ou feixe auriculoventricular) e penetran nos ventrículos. O feixe de His divídese case inmediatamente en rama esquerda e dereita, as cales discorren por debaixo do endocardio polo tabique que separa os dous ventrículos, chegan ao extremo inferior do tabique e soben, ramificándose pola parede dos ventrículos <ref name="Guyton">Guyton A.C. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición. Interamericana. Páxina 200.</ref>.
 
O nome destas fibras débese a que foron descubertas en 1839 polo anatomista checo [[Jan Evangelista Purkyně]] (pronunciado en checo "púrkiñe", {{Audio|Cs-Jan Evangelista Purkyne.ogg| /ˈpurkɪɲɛ/ }}, e tamén escrito na súa forma alemá como Johannes Evangelista Purkinje<ref>Historial de la Medicina [http://www.historiadelamedicina.org/purkinge.html Historial de la Medicina]</ref>). Non se deben confundir estas fibras musculares coas [[célula de Purkinje|células de Purkinje]], que son [[neurona]]s do [[cerebelo]], tamén descubertas por este investigador.
 
== Histoloxía ==
As fibras de Purkinje son longas e teñen formas variables, irregulares e raras, con expansións, e a miúdo envolven a outras fibras. Teñen un ou dous núcleos, abundantes mitocondrias e glicóxeno, pero as súas [[miofibrila]]s son relativamente escasas, periféricas, separadas e pouco ordenadas comparadas coas das fibras cardíacas normais (por iso a penas se contraen). Teñen extensas áreas de contacto mútuas e moitos desmosomas e tamén áreas con [[unión comunicante|nexos]], pero non os discos intercalares típicos das fibras musculares <ref>Fawcett D.W. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-Mc Graw Hill. Páxinas 306-310</ref>. Transmiten os impulsos a unha velocidade de 1,5 a 4 &nbsp;m/s, que é unhas 6 veces maior ca a velocidade de condución polas fibras do ventrículo <ref name="Guyton"/>.
 
== Función ==