Teofrasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 2:
: ''Para '''Teofrasto Renaudot''', véxase [[Théophraste Renaudot]].''
[[Ficheiro:Teofrasto Orto botanico detail.jpg|miniatura|300px|Teofrasto de Ereso.]]
'''Teofrasto''' (en {{lang-el|Θεόφραστος}}, ''Theóphrastos''), [[Ereso]], nado en [[Lesbos]] ca. [[371]] e finado en [[Atenas]] ca. [[287]] a.C.<ref>Tiziano Dorandi, capítulo 2: "Chronology", en Algra et al. (1999): ''The Cambridge History of Hellenistic Philosophy'', páxs. 52-53. Cambridge: Cambrigdge Univ. Press.</ref> foi un [[Filosofía|filósofo]] da [[Antiga Grecia]].
 
Marchou a [[Atenas]] a aínda mozo, e inicialmente estudou na [[platonismo|Escola de Platón]]. Despois da morte deste relacionouse con [[Aristóteles]]. O seu nome real era '''Tirtamo''', pero coñecese polo alcume ''Teofrasto'', que lle puxo Aristóteles —segundo se di— para indicar a sinxeleza e beleza das súas disertacións.<ref>Das voces gregas '''θεός''', ''theós'', 'deus', e '''φραστήρ''', ''phrastér'', 'lustrador, iluminador').</ref>
 
Aristóteles legou a Teofrasto os seus escritos, e designouno como seu sucesor no [[Liceo de Atenas|Liceo]], do que foi director desde o 322 ao 288 a.C. Considérase a Teofrasto como o fundador da [[botánica]] en tanto que estudou as plantas en si mesmas, e non polas súas utilidades. E foi reputado como [[naturalista]], ou aínda como [[alquimia|alquimista]]. Segundo o químico alemán Lippmann, o médico e matemático grego do [[século V]] a.C. [[Hipócrates]] e Teofrasto foron os primeiros en describir a técnica do [[baño de María]].<ref>Edmund von Lippmann: "Zur Geschichte des Wasserbades", en ''Abhandlungen und Vortäge zur Geschichte der Naturwissenschaft'' (2 Vols.) 1906-1913, páx. 62.</ref>
 
Teofrasto presidiu a [[escola peripatética]] durante 36 anos, nos que a escola floreceu grandemente. Tras a súa morte, os atenienses honrárono cun funeral público.
 
== Vida ==
[[Ficheiro:Theophrastus.jpg|miniatura|esquerda|160px|Busto de Teofrasto coa inscrición ''"Theophrastos Melanta Eresios"''.]]
 
Despois de recibir a súa primeira introdución á filosofía en [[Lesbos]] por parte dun tal [[Leucipo de Mileto|Leucipo]] ou Alcipo, foi a [[Atenas]] onde foi un membro do círculo platónico. Despois da morte de [[Platón]], vinculouse con Aristóteles e con toda probabilidade o acompañou a [[Estaxira]].
 
A íntima amizade de Teofrasto con [[Calístenes]], o alumno e compañeiro de [[Alexandre Magno]], a mención feita no seu testamento duna finca da súa propiedade en Estaxira e os repetidos apuntamentos da cidade e dos seus museos na ''Historia das Plantas'' son feitos que conducen a esta conclusión.
Liña 21:
Teofrasto presidiu a escola peripatética durante trinta e cinco anos e morreu en ca. [[287]] a.C. Baixo a súa dirección, a escola floreceu admirablemente —houbo un tempo no que tiña máis de 2.000 estudantes— e á súa morte legoulle a súa casa con xardín e columnatas como lugar permanente de ensino.
 
[[Menandro (comediógrafo)|Menandro]] estivo entre os seus alumnos. A súa popularidade púxose de manifesto no respecto que lle profesaban [[Filipo]], [[Casandro]] e [[Ptolomeo I Sóter|Ptolemeo]] e pola desestimación total dun cargo de irrelixiosidade interposto contra el.
 
Foi honrado cun funeral público, e "a totalidade da poboación de Atenas honrouno grandemente, seguindo o cortexo fúnebre até a tumba", segundo relata [[Dióxenes Laercio]].
Liña 45:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Theophrastus}}