Aceite de colza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
== Composición e usos ==
[[Ficheiro:Erucic acid.png|300px|miniatura|Fórmula desenvolvida do ácido erúcico.]]
A característica principal do aceite de colza é o seu elevado contido en [[ácido erúcico]], 41-52%, un [[ácido graxo]] [[omega-9]] monoinsaturado de fórmula CH<sub>3</sub>(CH<sub>2</sub>)<sub>7</sub>CH=CH(CH<sub>2</sub>)<sub>11</sub>COOH, notado como 22:1 n-9. Tamén se denomina ácido cis-13-docosenoico.
 
Coñécese, desde [[1949]], que este ácido graxo e, polo tanto, o aceite de colza, favorece a formación de depósitos graxos no [[corazón]], polo que o principal uso do aceite de colza foi como lubricante, na fabricación de [[xabón]], na [[siderurxia|industria siderúrxica]] e, actualmente, na fabricación de biocombustibles ([[biodiésel]]). Polas propiedades [[biodegradable]]s deste aceite resulta tamén útil como base de pinturas, envases alimentarios, [[herbicida]]s etc. Un derivado do ácido erúcico, a erucamida, úsase como aditivo para facer película de polietileno e polipropileno extrusados.
Liña 34:
Outra vantaxe adicional desta variedade é que presenta, simultaneamente, niveis moi baixos de glucosinolatos na fariña, o que permite utilizar sen problemas a fariña de colza na formulación de [[Penso (alimento)|pensos]] compostos para o [[gando]], sen os problemas que representaban os glucosinolatos na alimentación animal.
 
''Canola'' é unha marca rexistrada, desenvolvida polos científicos canadenses Baldur Stefansson e Richard Downey, entre os anos 1958 e 1974, e a empresa Canola Council of Canada. Segundo esta interpretación, o nome ''Canola'' non é un acrónimo senón que significaría ''aceite de Canadá'', para diferencialo do aceite de colza que non cumpre os criterios regulamentarios de Canola Council of Canada, que debe designarse simplemente ''aceite de colza''.
 
A segunda interpretación fai vi-lo nome do acrónimo formado polas primeiras letras de '''CAN'''adian '''O'''il '''L'''ow '''A'''cid, é dicir, aceite canadense baixo en ácido.
Liña 42:
== Características do aceite de colza ==
[[Ficheiro:CanolaOil bottle.jpg|miniatura|150px|Botella de aceite de canola]]
O aceite de colza é moi [[ácido graxo insaturado|insaturado]] e, por conseguinte, facilmente oxidable, polo que na indistria alimentaria adoita procederse á súa hidroxenación para evita-lo [[enranciamento]].
 
Na cociña, desprende olores desagradables.