Olor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:dogs nose.jpg|miniatura|200px|O olor ten un importante papel biolóxico. Na imaxe, nariz dun can.]]
O '''olor''' (do [[latín]] ''odor, -ōris'') ou '''cheiro'''<ref>Ás veces, en galego dáse a ''cheiro'' o significado de ''mal olor''. Véxanse as definicións de '''olor''' e '''cheiro''' no [http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp dicionario da RAG].</ref> é a sensación resultante da recepción dun estímulo polo sistema sensorial olfactivo. É unha propiedade intrínseca da materia, e o seu estudo denomínase [[osmoloxía]].
 
O olor xérase por unha mestura complexa de gases, vapores e po, onde a composición da mestura inflúe no tipo de olor percibido polo receptor. Os termos [[fragrancia]] ou [[aroma]] úsanse principalmente na industria de [[alimento]]s e [[cosmético]]s para describir un olor pracenteiro, agradábel, empregándose comunmente para referirse a [[perfume]]s. Os olores débense ás substancias disolvidas no [[aire]], aínda que, como noutros [[sentido (bioloxía)|sentidos]], varios factores psicolóxicos poden desempeñar certo papel na percepción dos mesmos.
 
== Olfacto ==
Liña 9:
 
== Natureza química ==
As moléculas odorantes caracterízanse pola súa composición e estrutura química.
 
* Os compostos orgánicos: [[alcohol|alcohois]], [[ácido]]s, [[aldehido]]s, [[cetona]]s, [[Hidrocarburo aromático|hidrocarburos aromáticos]] etc.
Liña 19:
 
== Papel biolóxico do olor ==
A percepción dos cheiros ten un importante papel na evolución das especies: moitos animais captan, a través dos olores, a presenza das femias da súa especie, dos inimigos ou das presas, e así o olfacto está bastante desenvolvido nos [[carnívoros]].
 
Algunhas especies, como as bolboretas, posúen nas súas antenas órganos perceptores dos aromas, en especial das feromonas das femias.
Liña 31:
* '''Técnicas dixitais (odorografía)''', que utilizan ''microchips'' para codificar os olores e interpretalos de maneira dixital por ordenador. Deriva da técnica da [[cromatografía]], como método de análise química para a separación dos compoñentes dunha mestura por distribución entre dúas fases, unha estacionaria e outra móbil, que nun principio se utilizou para separar as substancias coloreadas.
 
A cromatografía dos olores (odorografía), resulta, pois, a metodoloxía máis vangardista do momento, pero que xa pode aplicarse e que permitirá medir os olores e saber de onde proceden.
 
Os olores ou os aromas son gases volátiles que se poden detectar mediante ''microchips'' e poden clasificarse atendendo ás súas propiedades físico-químicas. Unha vez separados os compoñentes do aroma, a información resultante chega a un ordenador que á capaz de procesala para interpretar o seu tipo e a súa orixe.
Liña 37:
== Contaminación ambiental por malos olores ==
[[Ficheiro:Smell.jpg|miniatura|300px|Alegoría do mal olor. Pintura humorística de Jan Miense Molenaar, do século XVII.]]
Existen numerosas actividades humanas (vertedoiros, [[EDAR|depuradoras de augas residuais]], industrias químicas, alimentarias, gandeiras etc.) que emiten unha serie de substancias olorosas que producen molestias no contorno. Os malos olores poden ser molestos, causa de rexeitamento, e afectar á calidade de vida das persoas e animais, polo que poden ser considerados como unha forma de [[contaminación|contaminación ambiental]].
 
Debido á compoñente subxectiva dos olores, á dificultade para discernir entre os olores "agradábeis" e os desagradábeis", é difícil determinar cando se traspasa o limiar do tolerábel e en que punto se sitúa o xuridicamente permisíbel á hora de establecer uns máximos de tolerancia. Neste sentido, a [[olfactometría]] preséntase como unha ferramenta moi eficaz para o estudo e control de olores. Aínda que non se desenvolveu por agora ningunha lexislación nacional que regule o problema dos malos olores, a entrada en vigor en España da Norma UNE-EN 13725 "''Calidade do aire. Determinación da concentración de olor por olfactometría dinámica''", en febreiro de [[2004]], permite abordar de forma obxectiva o problema da contaminación ambiental por olores.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==