Mario Andretti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: DINb
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
}}
 
'''Mario Gabriel Andretti''', nado en [[Montovun]] ([[Croacia]]) o [[28 de febreiro]] de [[1940]], é un piloto [[Estados Unidos de América|estadounidense]] (Italoamericano, posto que é oriúndo de [[Motovun]], antiga cidade de Italia, hoxe en [[Croacia]]). Durante a súa carreira, gañou catro títulos de [[Champcar World Series|Champcar]], e o campionato mundial de [[Fórmula 1|Fórmula Un]] do ano {{F1|1978}}. Andretti é a primeira e única persoa en gañar as [[500 millas de Indianápolis]], as [[500 millas de Daytona]] e o [[Campionato Mundial de Fórmula 1]].
 
== Traxectoria ==
Liña 30:
===== Ferrari e Lotus =====
Co [[Team Lotus|equipo Lotus]], impresionou inmediatamente ao gañar a súa primeira pole no seu primeiro Gran Premio en [[Circuíto de Watkins Glen|Watkins Glen]]. No ano 1969, correu tres carreiras antes de pasar a [[March]]. Ese ano gañou o seu terceiro campionato da USAC e sobre todo a súa sorprendente vitoria na mítica proba das [[500 millas de Indianápolis]]. En 1970, terminou a súa primeira carreira en España, co seu primeiro podio cun 3° posto. En 1971, foi contratado pola [[Scuderia Ferrari]]. Desde a súa primeira carreira cos coches de Maranello, gañou unha carreira en [[Circuíto de Kyalami|Kyalami]]. Posteriormente, terminou dúas veces en cuarto lugar nas carreiras en Alemaña e Suráfrica en 1971 e 1972. Tamén obtivo catro vitorias en coche deportivos, dando a Ferrari como fabricante a súa ultima vitoria como escuadra fora do ámbito da [[Fórmula 1]] por última vez neste campo.
[[Ficheiro:AndrettiMario19690801Lotus63-Allrad-3.jpg|miniatura|250px|O Lotus co que fixo o seu debut na [[Fórmula 1]].]]
 
===== Con Parnelli e de Novo, un novo intento definitivo co Team Lotus =====
Logo dun ano sabático, Mario volve en {{F1|1974}} co equipo [[Parnelli Jones|Parnelli]], co que competiría na USAC. En 1975, durante a súa primeira tempada completa, conseguiu un cuarto e quinto lugar, logo, obtivo un sexto lugar en {{F1|1976}}, antes de que o equipo deixase a [[Fórmula 1]]. Mario é contratado unha vez máis por [[Collin Champman]] para correr en [[Team Lotus|Lotus]]. O equipo non resulta competitivo como de costume, pero Mario restaura a gloria das cores do coche que porta nas súas mans ao gañar o último Gran Premio da tempada en Xapón. En {{F1|1977}}, Mario gañou catro carreiras e terminou 3° no campionato. Ademais é celebre que en 1977 convertésese no primeiro estadounidense en gañar o [[Gran Premio dos Estados Unidos]] en [[Long Beach]], [[California]], Co revolucionario "[[Efecto solo]]", a tempada {{F1|1978}} sería a da súa consagración, coas súas oito ''pole positions'' e seis vitorias, suficiente para que Mario gañase o título de campión do mundo de F1, lamentablemente esta foi unha vitoria amarga debido á morte do seu compañeiro de equipo [[Ronnie Peterson]]. De todos os xeitos, Andretti non volveu gañar outra carreira logo de 1978.
[[Ficheiro:Lotus 79 2009 Lime Rock.jpg|miniatura|250px|dereita|Lotus 79 de Mario Andretti.]]
 
=== Os seus últimos anos na Fórmula 1 e os seus anos en CART e Retiro ===
En {{F1|1979}} e {{F1|1980}}, Mario segue en Lotus, pero o coche carecía de fiabilidade e rendemento. Mario non volvería a lograr máis vitorias, apenas unha pole, e subiríase unha vez máis ao podio en España. Mario deixa Lotus por [[Alfa Romeo Racing Fórmula 1|Alfa Romeo]]. Aparte dun cuarto lugar na primeira carreira da tempada, non logra quedar nos primeiros lugares tanto en carreira como ao final de tempada. En {{F1|1982}} Mario correría unha carreira con Williams no [[Gran Premio do oeste dos Estados Unidos|Gran Premio do Oeste dos EUA]], logo outras dúas carreiras para Ferrari, cun 3° posto en Monza e unha retirada. Finalmente, Mario dedicaríase exclusivamente a correr os seus últimos anos na categoría que o viu nacer como piloto, a serie CART.
 
==== Carreira en [[Champ Car World Series|CART/IndyCar World Series]] ====
Nos anos 80 volveu a [[Champ Car World Series|CART/IndyCar World Series]]. En 1984, co equipo [[Newman-Haas]], gañou seis carreiras e gañou o título. Logo logrou dez vitorias ata a súa retirada das competicións en 1993.
[[Ficheiro:Mario Andretti 1991 Laguna Seca.jpg|miniatura|250px|Dereita|Mario Andretti correndo na Serie [[CART]] para [[Newman-Hass]] en 1991.]]
 
== Noutras competicións ==
Mario participou 5 veces nas [[24 horas de Le Mans]], sen lograr gañar, o seu mellor resultado foi 2° en 1995. trataría de participar en los 500 quilómetros en 2003, antes tivo un serio accidente durante as probas, que lle recordou aquela proba na Indy 500 de 1993, que lle obrigou definitivamente abandonar as carreiras.
 
[[Ficheiro:1989Porsche962MarioAndrettiMichaelAndrettiMillerHighLife.jpg|miniatura|250px|dereita|Un dos coches no que competiu en Lle Mans, este modelo para a carreira de 1989, correu xunto ao seu fillo [[Michael Andretti]].]]
 
== Legado ==
Moita xente, particularmente en Estados Unidos, considérao un dos mellores corredores de todos os tempos. No ano 2000, a [[Associated Press]] e a revista ''RACER'' nomeárono "Automobilista do Século". O mesmo ano foi introducido ao International Motorsports Hall of Fame ([[Hall da fama]] internacional dos deportes a motor).
 
Os dous fillos de Mario Andretti, [[Michael Andretti|Michael]] e [[Jeff Andretti|Jeff]], están no mundo das carreiras. Michael gañou o Champcar como antes o fixo o seu pai. O sobriño de Mario, [[John Andretti|John]], tivo éxito tanto en [[Champ Car]] como en [[NASCAR]]. O seu neto Marco gañou o campionato de karting "Stars of Tomorrow" (estrelas do mañá) de [[Champ Car]].
 
E por suposto, unha frase para a historia. «"Se todo está baixo control, é que non vas suficientemente rápido"».
 
== Resultados completos en Fórmula 1 ==
Liña 622:
Ret
|
|}
 
{{sucesión|título=[[Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1|Campión da Fórmula 1]] |predecesor=[[Niki Lauda]]|sucesor=[[Jody Scheckter]]|período=1978}}
 
== Resultados nas 24 Horas de Le Mans ==
Liña 1.145:
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 1.157:
 
{{ORDENAR:Andretti, Mario}}
 
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus]]