Xeomancia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 10:
Practicada pola xente de todas as clases sociais, foi unha das máis populares formas de adiviñación en [[África]] e [[Europa]] na [[Idade Media]] e no [[Renacemento]], publicándose libros e tratados de xeomancia até o [[século XVII]]. Recentemente xurdiu un novo interese por ela nas obras de John Michael Greer e outros practicantes.
 
Existen varias prácticas africanas, algunhas próximas a prácticas de influencia árabe, pero tamén unha expresión que está na orixe do [[vodú]] a través do deus Fa (ou Ifa) deus da adiviñación. Nesta versión, as dezaseis figuras considéranse por pares, o que dá 256 combinacións. Parece que máis que un sistema de adiviñación, trátase dun sistema moi elaborado de pedagoxía subministrado polo deus Fa e algunhas outras divindades destinado a pobos que non tiñan escritura e nos que todo debía conservarse na memoria. Hai que sinalar que estas divindades se superpoñen aos deuses propiamente [[animismo|animistas]].
 
== Etimoloxía ==
O termo está tirado directamente do baixo [[latín]] ''geomantia'' ('adiviñación pola terra') préstamo do [[lingua grega|grego]] γεωμαντεία, tradución da palabra [[Lingua árabe|árabe]] ''‛ilm al-raml'', ou 'ciencia da area'. Outros nomes árabes da xeomancia son ''khatt al-raml'' e ''darb al-raml''.<ref>Skinner, Stephen (1980): ''Terrestrial Astrology: Divination by Geomancy''. London: Routeledge & Kegan Paul.</ref>
 
Esta palabra difúndese en Europa a principios do [[século XIV]], especialmente a través dun dos relatos das viaxes de [[Marco Polo]] (capítulo CLXXIV do ''Devisement du monde'' ou ''O libro das marabillas do mundo''.<ref>Rustichello redactou nun dialecto franco-véneto o libro coñecido como ''Il Milione'' ('O millón' ou 'As viaxes de Marco Polo') acerca das viaxes do famoso veneciano. O libro chamouse orixinalmente ''Divisament du monde'' ('Descrición do mundo'), pero popularizouse como ''Libro das marabillas do mundo'' e, máis tarde, como ''Il Milione''. É crenza xeral que tal nome veu da tendencia do autor a referirse a grandes cantidades, "millóns", pero é máis probábel que derivase do seu propio nome, "Emilione", abreviado en Milione)</ref>
 
O termo era, porén, coñecido anteriormente, porque apareceu cedo en francés, contra [[1333]], na forma ''geomancie'',<ref>Na actualidade é ''géomancie''.</ref> na tradución manuscrita do ''Miroir Historial'' de Vincent de Beauvais redactada por Jean de Vignay a petición do rei de Francia [[Filipe VI de Francia|Filipe VI de Valois]].
Liña 24:
A xeomancia ten as súas raíces no [[Oriente Medio]] cando os comerciantes árabes retornaban, a través da [[ruta da seda]], do [[Extremo Oriente]], e os nomes orixinais das súas figuras son árabes (desde a Idade Media, úsanse as traducións latinas destes nomes).
 
Os estudosos europeos comezaron a traducir do árabe textos e tratados na Idade Media, entre eles os de xeomancia. [[Isidoro de Sevilla]] cita a xeomancia na súa listaxe de métodos de adiviñación, como [[piromancia]], [[hidromancia]], [[aeromancia]] e [[necromancia]], sen describir a súa aplicación ou os seus métodos.<ref>Stephen Skinner, ''Op. cit.'', páx. 88.</ref> O poema ''Experimentarius'', atribuído a [[Bernardus Silvestris]] e escrito a mediados do [[século XII]], é unha tradución en verso dunha obra de xeomancia [[astroloxía|astrolóxica]].
 
Unha das primeiras disertacións de xeomancia traducidas ao latín foi ''Ars Geomantiae'' de [[Hugo de Santalla]]; nese momento, a xeomancia estaba xa ben establecida como sistema de adiviñación nas rexións de fala árabe de África e o [[Oriente Medio]]. Outros tradutores, como [[Gerardo de Cremona]], tamén fixeron novas traducións de xeomancia que incorporaban elementos astrolóxicos.<ref>Stephen Skinner, ''Op. cit.'', páxs. 94-97.</ref>
Liña 30:
Naquela época, moitos eruditos europeos estudaban e aplicaban a xeomancia, escribindo moitos tratados sobre ela. [[Heinrich Cornelius Agrippa]], [[Christopher Cattan]], e [[John Heydon]] elaboraron tratados de xeomancia, como outros [[filósofo]]s, [[ocultismo|ocultistas]] e [[teólogo]]s até o [[século XVII]], cando o interese polo ocultismo e adiviñación comeza a decaer debido ao xurdimento da [[revolución científica]].
 
A xeomancia tivo un rexurdimento no [[século XIX]], cando un renovado interese no ocultismo aparece debido ás obras de Robert Thomas Cross, Edward Bulwer-Lytton e Franz Hartmann, que publica o seu texto ''The Principles of Astrological Geomancy'', o cal estimula un novo interese polos sistemas de adiviñación. Baseada neste e nalgúns textos antigos, a [[Orde Hermética da Alba Dourada]] comeza o labor de recompilación de coñecementos de xeomancia e outras ciencias ocultas.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 44:
* Greer, John Michael (1999): ''Earth Divination, Earth Magic''. St. Paul: Llewellyn Publications. ISBN 1-56718-312-3.
* Le Kern, Alain (1994): ''La géomancie, un art divinatoire''. Monaco: Editions du Rocher.
* Maupoil, Bernard (1988): ''La géomancie à l'ancienne Côte des Esclaves''. Paris: Institut d'Ethnologie. Troisième édition.
 
* Pennick, Nigel (1995): ''The Oracle of Geomancy''. Capal Bann Publishing. ISBN 1-898307-16-4
* Skinner, Stephen (1980): ''Terrestrial Astrology: Divination by Geomancy''. London: Routeledge & Kegan Paul.
* Thieux, Margot: (2007): ''Géomancie. La Terre vous parle''. Paris: Editions Véga - Guy Trédaniel.
* Warrain, Francis (1968): ''Physique, métaphysique, mathématique et symbolique cosmologique de la géomancie''. Raris: Éditions Véga.
 
=== Outros artigos ===