Diferenzas entre revisións de «Huayna Picchu»

m
→‎O Templo da Lúa: Arranxos varios using AWB
m (ligazón)
m (→‎O Templo da Lúa: Arranxos varios using AWB)
 
== O Templo da Lúa ==
O outro camiño vai cara á parte posterior da montaña e leva ata a un dos máis notables complexos de construcións subterráneas da rexión. Trátase de varias covas, algunhas das cales foron forradas (a unha escala maior que no Mausoleo de Machu Picchu) con bloques de fina cantería que foron tallados para encaixar con precisión cos contornos irregulares dos grandes afloramentos rochosos que lles serven de teito. Os muros, de carácter claramente ornamental, inclúen falsas portadas e nichos trapezoides de dobre e tripla porta. Aínda que a súa función específica descoñécese, está claro que se trata dun conxunto de construcións de elite polo esforzo que demandou facelas. Crese que puido ter usos funerarios e que todas as tumbas foron saqueadas nalgún momento da historia da rexión.<ref>[http://elcomercio.pe/peru/789122/noticia-gran-caverna-huayna-picchu_1 La gran caverna o el Templo de la Luna del Huayna Picchu. El Comercio, 20.6.2011]</ref>
 
O nome "Templo da lúa" é arbitrario e non ten respaldo arqueolóxico aínda que se fixo popular entre os arqueólogos e os guías turísticos. Revela en todo caso o interese común por comparalo en calidade con outros edificios incas, como o "templo do sol" de Machu Picchu.
389.041

edicións