Historia de Glasgow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Banjo moveu a páxina "Historia urbana de Glasgow" a "Historia de Glasgow"
m Arranxos varios using AWB
Liña 10:
Porque foi xustamente o bispado xurdido desa comunidade o que deu o pulo definitivo a emerxencia de Glasgow como cidade. Para o [[século XII]] a súa importancia era xa manifesta e unha primeira catedral en pedra veu a substituír os templos previos de madeira ([[1136]] baixo o reinado de [[David I]] de [[Escocia]]). De seguida o bispo Jocelin consigue o título de ''burgh'' con dereitos de expansión e comerciais (1178 e Feira de Glasgow en 1195). En 1285 constrúese a primeira ponte recordada no vao do río.
 
Configúrase pois un burgo medieval alongado, seguindo un eixo norte-sur que baixa paralelo ao Molendinar dende a área da catedral (o antigo asentamento de Cathures e primitivo de ''Glas-cu'') ata a ponte do Clyde <ref> ''Mapa do desenrolo de Glasgow durante o medievo, 1560'' [http://www.theglasgowstory.com/imageview.php?inum=TGSA00526]</ref><ref> ''GlasgowMapa entredo 1150desenrolo ede 1550;Glasgow Concellodurante deo Glasgow (pdfmedievo, 3Mb)1560'' ]</ref><ref>[http://www.glasgow.gov.uk/NR/rdonlyres/02115EEB-8277-4A99-B53A-EDCFC235871D/0/MedievalMapTrailLARGEFONT.pdf ''Glasgow entre 1150 e 1550; Concello de Glasgow (pdf, 3Mb)'']</ref>.
 
==Universidade e comercio==
Liña 16:
O burgo prospera e no 1451 fúndase a [[Universidade de Glasgow]] seguida en 1492 pola elevación da sé a arcebispado. A crecente importancia da vila ten por resultado seres elevada ao status de ''royal burgh'' en 1611 (despois da [[Reforma]] da igrexa escocesa). Foi o momento, xa libre de tutelas relixiosas, no que da man de comerciantes e artesáns a cidade comeza a volcarse cara ó río. Un primeiro peirao en 1625 (augas abaixo dunha nova ponte, New Bridge) e labouras de dragado para aumentar o calado serán levadas a cabo de continuo nos séculos seguintes. En 1711 a ''Acta da Unión'' abre o comercio da vila ao [[Imperio Británico|imperio colonial británico]] en desenrolo: tabaco, algodón e azucre comezan a movérense por toneladas e unha forte industria dos estaleiros vai ir a tal tráfico aparellada.
 
A cidade comeza a crecer cara ao oeste ao longo da Trongate, que partía do centro (Glasgow Cross) do eixo norte-sur medieval (High Street-Saltmarket). Dá inicio así a configuración da chamada ''Merchant City'', o verdadeiro corazón da Glasgow moderna <ref> ''Mapa de Glasgow, 1783'' [http://www.abandonedcommunities.co.uk/Map%201783%201.JPG ''Mapa de Glasgow, 1783'']</ref>.
 
Foi o século da [[Ilustración]] escocesa que se converteu en foco do saber europeo. Na universidade, trasladada dende os arredores da catedral á High Street <ref> ''O conxunto da Universidade de Glasgow na High Street (arriba aparecería a catedral); vista de 1864'' [http://www.gla.ac.uk/media/media_107246_en.jpg] </ref>, estudaron ou traballaron espíritos tan lúcidos coma [[Adam Smith]], Kelvin ou [[James Watt]]. Precisamente as invencións deste último serán fundamentais no próximo paso de xigante da cidade, xa no século seguinte.
 
==Revolución industrial==
No [[século XIX]] Glasgow acada o seu cénit coma metrópole portuaria e industrial. O crecente tráfico de mercadorías coas ex-colonias americanas e os xacementos de carbón e ferro na cercana comarca de Lanarkshire facilitan a creación na área da cidade dun dos focos principais da puxante [[revolución industrial]]. A vila cuadriplica a súa poboación entre 1780 e 1830 e a duplica de novo ata 1875 cando era alcumada "''Segunda cidade do Imperio''" e só [[Londres]] estaba por riba <ref> ''Vista panorámica de Glasgow, 1864: arriba á dereita, a Catedral coa brecha do Molendinar Burn separándoa do outeiro da Necrópole; dende a catedral baixa o eixo medieval High Street-Saltmarket-Briggate (o tramo final diagonal) ata a ponte vella (Old Bridge) no río Clyde; o gran eixo horizontal paralelo ao río é a Trongate (e a súa continuación Argyle Street) dando pé a Merchant City en cuadrícula; George Square sinalada pola Columna de Walter Scott; á esquerda abaixo a inxente actividade do porto no Clyde e a estación do ferrocarril na beira sur mentres á dereita esténdese o Glasgow Green; arriba destacan as altas chemineas das factorías do norte (a carón do Canal do Firth of Forth) e tamén á beira do porto embaixo. Cop. Univ. de Glasgow'' [http://farm3.static.flickr.com/2483/3547694361_1ebde37ea9_o.jpg]</ref>.
 
A mellora das infraestruturas (seguiuse aumentando o calado do Clyde para grandes buques oceánicos, canais de conexión co Firth of Forth no [[Mar do Norte]] e coa comarca mineira, ferrocarrís, terceiro metro do mundo en 1896) contribuíron decisivamente nese crecemento.
 
A ''Merchant City'' desenrolouse nunha malla regular seguindo as ideas racionais do iluminismo escocés exemplificadas na ''New Town'' de [[Edimburgo]] <ref> ''Mapa de Glasgow, 1828'' [http://www.gla.ac.uk/media/media_107241_en.jpg ''Mapa de Glasgow, 1828'']</ref>. En cuadrícula arredor da George Square (onde erixiuse o novo Concello) e segundo unha mestura de iniciativas privadas e públicas, foi enchéndose de maxestosos edificios xeorxianos e vitorianos. Despois continuou estendéndose cara ao oeste onde novos desenrolos burgueses deron lugar aos ricos barrios do West End (arredor do Parque Kelvingrove). A beira do Clyde polo leste o Glasgow Green convértese no máis vello parque público da urbe (e sede da antiga Feira de Glasgow) <ref> ''Mapa do centro de Glasgow, 1901'' [http://www.nadir.org/nadir/initiativ/agp/resistg8/glasgow.jpg ''Mapa do centro de Glasgow, 1901'']</ref>.
 
Enormes continxentes de inmigración irlandesa (tanto protestante como católica) fundamentalmente do [[Ulster]] forneceron da man de obra precisada. Aloxados na coroa metropolitana e na beira sur do Clyde, o medieval arrabalde de Gorbals onde fanse grandes extensións en retícula <ref> ''Mapa do Glasgow metropolitano, 1901'' [http://farm3.static.flickr.com/2026/3547693505_70151d937f_b.jpg ''Mapa do Glasgow metropolitano, 1901'']</ref>.
 
==Século XX==
Liña 35:
 
Así e todo nas últimas décadas os esforzos pola recuperación da metrópole son xa visibles: Capital Cultural Europea (1990), centro financeiro no West End, rexeneración das beiras do Clyde (co Clyde Auditorium ou "The Armadillo" de [[Norman Foster]] coma primeiro icono), Silicon Glen (industrias de alta tecnoloxía na conurbación das [[Lowlands]]).
 
 
==Notas==