Friburgo, Suíza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m linguaxe
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
A unión de Friburgo á [[Antiga Confederación Suíza]] produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no [[catolicismo]] suízo.
 
Sufriu a invasión dos exércitos [[Francia|franceses]] comandados por [[Napoleón]]. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.
 
== Cultura==
O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a [[Catedral de Friburgo|Catedral de San Nicolás]], cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta o casco vello. Construída en 1283, é de estilo [[arquitectura gótica|gótico]] e está vencellada ao culto católico.
 
No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.