Esfingolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 13:
== Estrutura ==
A estrutura básica dos esfingolípidos é a [[ceramida]] á que se unen distintos grupos R, que determinan que se forme un tipo de esfingolípido ou outro.
As ceramidas están formadas polo alcohol [[esfingosina]] e un [[ácido graxo]] unidos por enlace amida, polo que son ''N''-acil derivados da esfingosina <ref>Unha revisión breve e moi comprensible podemos atopala en Gunstone, F. (1996) ''Fatty Acid and Lipid Chemistry'', pp 43-44. Blackie Academic and Professional. ISBN 0-7514-0253-2</ref>. Unha ceramida únese por un dos OH da esfingosina a un fosfato e este a un grupo polar (cabeza polar) como os aminoalcohois [[colina]], [[etanolamina]] ou o aminoácido [[serina]]. O OH da esfingosina pode unirse directamente a azucres, formando os glicoesfingolípidos.
 
A [[esfingosina]], que lle dá nome a estes lípidos, é un aminoalcohol de 18 carbonos cunha longa cadea alifática hidrófoba, dous grupos OH e un grupo amino. A esfingosina pertence a un grupo de bases de cadea longa, coñecidas como bases esfingoides, que son o primeiro produto non transitorio na síntese ''de novo'' dos esfingolípidos tanto en lévedos coma en mamíferos. Estes compostos, especificamente chamados fitoesfingosina e dihidroesfingosina (tamén coñecidos como esfinganina<ref>[http://www.sigmaaldrich.com/catalog/ProductDetail.do?N4=D3314|SIGMA&N5=SEARCH_CONCAT_PNO|BRAND_KEY&F=SPEC Product page at Sigma Aldrich]</ref>), son principalmente compostos de 18 carbonos, con algúns casos de 20 carbonos.<ref>Unha revisión en Dickson, R.C. (1998)''Annual Review of Biochemistry''. 67, 27-48.</ref>
Liña 69:
 
{{Lípidos}}
 
 
{{ORDENAR:Esfingolipido}}
 
[[Categoría:Esfingolípidos]]