Xaguar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Características: Arranxos varios using AWB
Liña 23:
 
== Características ==
Atópase emparentado e aseméllase moito en aparencia física ao [[leopardo]], mais xeralmente é de maior tamaño, conta cunha constitución máis robusta e o seu comportamento e hábitat son máis acordes aos do tigre (Panthera tigris). Aínda que prefire as [[Selva|selvasselva]]s densas e húmidas, pode acomodarse a unha gran variedade de terreos boscosos ou abertos. Está estreitamente asociado á presenza de auga e destaca, xunto co tigre, por ser un felino ao que lle gusta nadar.
 
É fundamentalmente solitario e un cazador que tende emboscadas e oportunista á hora de elixir as presas. Tamén é un superpredador e unha especie crave que desempeña un importante papel na estabilización dos [[Ecosistema|ecosistemasecosistema]]s nos que habita, regulando as poboacións das especies que depreda. O xaguar ten unha mordedura excepcionalmente potente, mesmo en comparación con outros grandes felinos, o que lle permite perforar os caparazóns de [[Réptil|réptilesréptil]]es acoirazados como as tartarugas e utilizar un método pouco habitual para matar: ataca directamente a cabeza da presa entre as orellas para proferir unha dentada fatal que atravesa o [[cranio]] cos seus cabeiros alcanzando ao [[cerebro]].
 
O xaguar está cualificado na Lista Vermella da UICN como «especie case ameazada» e o seu número está en declive. Entre os factores que o ameazan inclúense a perda e a fragmentación do seu hábitat. A pesar de que o comercio internacional de xaguares está prohibido, este felino morre con frecuencia a man dos humanos, especialmente en conflitos con rancheiros e granxeiros. Aínda que reducida, a súa distribución xeográfica continúa sendo ampla. Ao longo da historia, esta distribución outorgoulle un lugar prominente na [[mitoloxía]] de numerosas culturas indíxenas americanas, como os [[civilización maia|maias]] e os [[Azteca|aztecasazteca]]s.
 
== Notas ==