Incidente da illa Perejil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 8 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2079683
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
 
== Escalada de tensión diplomática ==
A ocupación da illa Perexil veu precedida dunha escalada de tensión diplomática entre [[España]] e [[Marrocos]] desde a chegada ao trono do rei [[Mohamed VI de Marrocos|Mohamed VI]] (xullo de 1999), que supuxo a retirada do seu embaixador en España en outubro do ano 2001, un xesto diplomático considerado como moi inamistoso.
 
As razóns da ocupación da illa non foron comunicadas oficialmente polas autoridades de Marrocos, pero os xendarmes involucrados afirmaron formar parte dunha operación antidroga. A pesar diso, certos sucesos puideron estar detrás das accións marroquís:
Liña 31:
== Desaloxo ==
[[Ficheiro:Fire Scout unmanned helicopter.jpg|200px|miniatura|Logo do incidente da illa Perejil, o Goberno aprobou a compra de novos helicópteros teledirixidos para a [[Armada Española]].]]
O desaloxo da illa Perejil foi realizado mediante a Operación Romeo-Sierra e levou a cabo para devolver á [[illa Perejil]] ao seu status anterior.
 
O desaloxo constituíu o primeiro incidente armado que involucrou a [[España]] tras o retorno da democracia,<ref name="aventura50">[[Felipe Sahagún]], Las razones de la Discordia, nº 50 de [[La aventura de la Historia]], [[Arlanza Ediciones]], [[Madrid]], decembro de [[2002]]</ref> a primeira vez que entraron en combate forzas españolas logo das operacións na antiga [[Iugoslavia]] e a primeira intervención desde a unificación dos tres exércitos librada no [[século XXI]].
 
O día [[17 de xullo]], compoñentes do [[Mando de Operacións Especiais (España)|Mando de Operacións Especiais]] do [[Exército de Terra de España|Exército de Terra]] toman terra no illote e deteñen ás tropas marroquís, entregándollas ás tropas de operacións especiais da [[Armada Española]].
 
Ao día seguinte chegan [[Lexión Española|lexionarios]] desde Ceuta e impiden que descendan a terra algúns marroquís que trataban de chegar á illa con polo menos unha pequena embarcación particular.
 
Os soldados marroquís capturados son devoltos pola fronteira de Ceuta e finalmente, poucos días despois, asínase un acordo entre España e Marrocos, polo que se decide volver ao ''statu quo'' anterior. As tropas españolas abandonan o illote, que queda deshabitado de novo.