Ponte disulfuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
En bioquímica, a redución dunha ponte disulfuro pode facerse con redutores, como o [[2-mercaptoetanol]] ou o [[ditiotreitol]] (DTT ou reactivo de Cleland).
[[Ficheiro:Cys cistine miguelferig.jpg|miniatura|dereita|Á esquerda o aminoácido cisteína. Á dereita a cistina, molécula formada por dúas cisteínas unidas por ponte disulfuro.]]
 
== Propiedades ==
Liña 22:
Na [[ricina]], as pontes disulfuro enlazan as súas dúas cadeas A e B de funcións completamente diferentes. A cadea B permite que a toxina se fixe á parede celular e a cadea A, responsable das propiedades tóxicas, pode inhibir a síntese proteica atacando ao [[ARN]] dos [[ribosoma]]s, o que conleva a morte celular. A destrución da ponte disulfuro fai que a toxina sexa totalmente inactiva (non pode penetrar na célula).
Noutras proteínas as pontes disulfuro serven para manter o enlace ente as diferentes cadeas polipeptídicas ou subunidades da proteína. É o caso dos [[anticorpo]]s producidos polas células do [[sistema inmunitario]], que están compostos por catro cadeas unidas por pontes disulfuro. Outro exemplo é a [[hormona]] [[insulina]], composta por dúas cadeas unidas por tres pontes disulfuro.
 
Nalgúns casos hai pontes disulfuro no [[sitio activo]] de certos encimas ou en proteínas implicadas en procesos de [[oxidorredución]] ou de transporte de [[electrón]]s. Por exemplo, as [[tiorredoxina]]s que participan na [[homeostase]] do estado [[redox]] da célula.
Liña 34:
== Bioxénese e localización celular ==
 
Nas proteínas que conteñen gran número de [[cisteína]]s, a disposición correcta das pontes disulfuro necesita ás veces a intervención dun [[encima]] específico que posúa unha actividade de disulfuro isomerase como a PDI (''proteína disulfuro isomerase''). Este labor realízano os encimas do [[retículo endoplasmático]] rugoso, pero non os do [[citosol]]. O [[citosol]] das [[célula]]s é un ambiente moi redutor, e consecuentemente as proteínas citoplásmicas conteñen poucas ou ningunhas pontes disulfuro. Estas encóntrase sobre todo en proteínas exportadas a outros compartimentos celulares, como o lisosoma, ou fóra da célula. Tamén se encontran nos dominios extracelulares das [[proteína de membrana|proteínas de membrana]], e interveñen en concreto na [[oligómero|oligomerización]] das subunidades de certos receptores como o receptor da [[insulina]].
 
A reacción principal por medio da cal se forman ou rearranxan as pontes disulfuro nas proteínas é a reacción de intercambio tiol-disulfuro. Esta reacción non fai variar o número de pontes (como fai a [[oxidación-redución]]) senón que cambia a súa posición.