Forraxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 10:
As plantas utilizadas como forraxe poden proceder de [[prado]]s naturais, espontáneos, ou de praderías artificiais, cultivadas polo home. Os primeiros son comunidades de diferentes plantas herbáceas, especialmente [[gramínea]]s, que medran en condicións naturais en terreos achairados e húmidos. Poden ser permanentes ou temporais e, se son produtivos, o labrego adoita proporcionarlles distintos tratamentos para aumenta-la colleita ou para corrixir deficiencias na composición do chan, como poden se-lo [[esterco|estercado]] ou a [[rega]]. Estes prados aprovéitanse normalmente mediante o [[pastoreo]] directo, habitual ou rotatorio, pero tamén mediante a sega.
 
Cando se trata dunha terra sometida a un tratamento agrario completo (arado, sementeira, sega etc.) fálase de cultivos forraxeiros e o seu aproveitamento é sempre por sega. Estes cultivos poden ser monofitos, cunha única especie de herba, ou polifitos, cunha mestura calculada de especies herbáceas.
 
== Usos da forraxe ==
Liña 19:
 
== Produción de forraxes ==
A superficie destinada en [[Galicia]] á produción de forraxe variou moito como consecuencia do abandono da agricultura e da reestruturación da gandería. A mecanización do campo e a maior riqueza nutritiva do millo sobre a herba tamén influíron neste cambio, pero en xeral obsérvase un progresivo aumento da superficie destinada a pastos e millo forraxeiro.
 
No caso dos prados permanentes, as cifras subiron desde as 175.000 hectáreas de [[1955]] ás máis de 550.000 ha en [[2005]]. Tamén se aprecia un aumento considerable nas producións, que ascenderon, en [[2008]], a 2,2 millóns de toneladas de millo forraxeiro e 11,7 millóns de toneladas de herba, aínda que en [[2009]] a produción de herba se reduciu a menos da metade (5 millóns de t) mentres que a de millo forraxeiro seguiu subindo ata os 2,5 millóns t<ref>[http://www.ige.eu Instituto Galego de Estatística]</ref>.