Nino Farina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 29:
[[Ficheiro:Giuseppe Farina's damaged racecar at the 1936 Deauville Grand Prix.jpg|thumb|right| [[Alfa Romeo 8C|Alfa Romeo 8C-35]] de Farina estrelado no Gran Premio de Deauville de 1936]]
 
As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con [[Maserati no automobilismo|Maserati]], aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a [[Alfa Romeo F1|Alfa Romeo]], onde tivo como compañeiro de equipo a [[Tazio Nuvolari]]. A fins da década dos [[Anos 1930|30]], Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos ([[1937]]-[[1939]]). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no [[Gran Premio de Trípoli]] de [[1940]], en [[Libia]]. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a [[Segunda Guerra Mundial]], e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.
 
Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no [[Gran Premio de Mónaco]] de [[1948]]. Cando a [[Fédération Internationale de l'Automobile]] anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de {{F1|1950}}, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a [[Juan Manuel Fangio]] e ao italiano [[Luigi Fagioli]], ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.
 
En {{F1|1951}}, viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no [[Gran Premio de Bélxica]], aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952|1952]], Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez [[Alberto Ascari]], quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre {{F1|1952}} e {{F1|1953}}.
 
O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no [[Gran Premio de Alemaña]] de [[Gran Premio de Alemaña de 1953|1953]], disputado en [[Nürburgring]]. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 [[Mike Hawthorn]], para disputar e gañar as [[24 horas de Spa]]. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saida de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos en algunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.
 
En [[1956]], Farina planificou o seu regreso nas [[500 millas de Indianápolis]], pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.
 
Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista.
Liña 43:
== Morte ==
 
Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.<ref name="uniquecarsandparts.com.au"/><ref name="kolumbus.fi"/>
 
Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do [[Gran Premio de Francia de 1966]], Farina perdeu o control do seu [[Lotus Cortina]] nos Alpes de [[Savoia (rexión)|Savoia]], cerca [[Aiguebelle]], chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés [[Yves Montand]], que interpretaba a un ex campión do mundo na película '' [[Grand Prix (filme)|Gran Premio]]''.<ref name="uniquecarsandparts.com.au"/><ref name="kolumbus.fi"/><ref name="8w.forix.com"/><ref>{{cite web|url=http://www.oldracingcars.com/driver/Giuseppe_Farina|title=Giuseppe Farina|author=Allen Brown|publisher=}}</ref><ref>{{cite web|url=http://www.f1fanatic.co.uk/f1-information/whos-who/whos-who-f/giuseppi-nino-farina/|title=Giuseppe Farina|work=F1 Fanatic}}</ref>
Liña 231:
<nowiki>*</nowiki> Indica unidade compartida<br>
<nowiki>**</nowiki> No Gran Premio de Arxentina de 1955, Farina finalizou en 2º (compartido con Trintignant e González) e 3º lugar (compartido con Maglioli e Trintignant). Concedeuselle un terzo dos puntos de cada resultado.
 
 
{{Sucesión|título=[[Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1|Campión da Fórmula 1]] |predecesor=-|sucesor=[[Juan Manuel Fangio]]|período={{f1|1950}}}}