Xea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
→‎Xenealoxía.: cor enlace
Sen resumo de edición
Liña 1:
''Nome propio.''
Deusa grega que encarna a '''''Terra Nai'''''. Tamén coñecida como '''GeaXea''' ([[Terra (planeta)|Terra]]), o seu equivalente romano sería [[Tellus]], ainda que existen certas asociacións un tanto confusas coa deusa [[Cibeles]].
 
==Historia.==
 
Segundo a mitoloxía grega, '''Gaia''' nace no principio dos tempos da profunda fenda que é o [[Caos]], sendo unha das primeiras realidades materiais do Cosmos. Este nacemento é descrito, entre outros feitos, por [[Hesíodo]] na súa [[Teogonía]].
 
Posto que o seu fillo e esposo '''Urano''', horrorizado ante a monstruosidade dos seus primeiros fillos (os ''Hecatonquiros[[Hecatonquires]]'' e os ''Cíclopes[[Ciclopes]]'') e temendo que lle arrebataranarrebatasen o seu trono, os condenou a vivir nas profundidades do '''[[Tártaro]]''', a rexión máis remota dos infernos, '''Gaia''' deu ó seu fillo [[Cronos]] unha fouce de sílex, pedíndolle que derrotara ó seu pai. Así foi como este lle cortou o sexo, que lanzou ó mar. Das gotas de sangue que cairon sobre Gaia, a Terra, fecundándoa, naceron as [[Erinias]] e os [[xigante]]s; do semenseme caído sobre o mar, naceu [[Afrodita]].
 
Despois da castración de Urano, Gaia únese ó seu fillo '''Ponto''' e desa unión nacerán as divindades mariñas: 3 machos, '''[[Nereo]]''', '''[[Forces]]''' e '''[[Taumante]]''' e 2 femias, '''[[Ceto]]''' e '''[[Euribia]]'''. Tamén se unirá ó seu irmán '''[[Tártaro]]''', dando a luz a '''[[Tifón]]''' e '''[[Equidna]]'''.
 
Máis tarde, Gaia participaría nun complot para derrocar o seu propio fillo '''Cronos''', que unha vez no trono se volvera cruel e tirano, devorando os seus fillos para evitar ser derrocado. Dela foi a idea levada a cabo por [[Rea (deusa)|Rea]] de agochar o fillo máis pequeno, [[Zeus]], e darlle en troques a Cronos unha pedra envolta nas roupas do bebé.
 
==Xenealoxía.==
Gaia ou '''GeaXea''' é filla do '''Caos''', primordial e irmá de [[Eros]] (o amor sensual), o [[Tártaro]] (os infernos), o [[Erebo]] (as tebras infernais) e [[Nicte]], a noite.
'''Gaia''' é ademais a nai das razas divinas: dará a luz, sen intervención de pai algún, a '''Urano''', deus do firmamento, e a [[Ponto]], personificación do mar ou das correntes mariñas, segundo versións. Logo unirase a Urano e dela nacerán en primeiro lugar os [[HecatonquirosHecatonquires]], xigantes de 50 cabezas e 100 mans, logo os [[Cíclope]]s (xigantes dun só ollo na frente), e por último, os [[Titán (mitoloxía)|Titán]]s e as [[Titánides]] (divindades de gran tamaño).
 
==Gaia e as tendencias ecoloxistas.==
 
Hai un concepto formulado por James Lovelock, a chamada [[Hipótese Gaia]], que concibe a biosfera (o conxunto formado pola terra e a súa atmosfera) como un xigantesco ser vivo.
Esta hipótese, que foi desenvolvida máis tarde por [[Lynn Margulis]] baixo o nome de [[Teoría Gaia]], fai referencia á [[bioxeografía]], no sentido de que os seres vivos (animais e plantas) evolucionaron interactuando estreitamente co reino mineral, polo que todos forman parte dun conxunto dinámico que regula e dá forma á biosfera terrestre.
 
==Curiosidades.==
 
Esta concepción de '''Gaia''' como personificación con vida propia da Terra atópase na orixe de movementos como o '''''New Age''''', ou certas tendencias ecoloxistas.