Grímsvötn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Iceland Grimsvoetn 1972-B.jpg|250px|miniatura|Vista do volcán cuberto polo xeo do [[Vatnajökull]].]]
O '''Grímsvötn''' (do [[lingua islandesa|islandés]]: ''vötn'', en singular: ''vatn'', «lago») é un sistema [[Lago|lacustre]]-[[Volcán|volcánicovolcán]]ico de [[Islandia]], duns 100  km de longo e 15  km de ancho. Os espellos de auga que o compoñen están situados nas terras altas do país, sobre o extremo Noroeste do campo de xeo do [[Vatnajökull]], a unha altitude media de 1.725 metros. Estes lagos áchanse completamente cubertos polo manto de xeo glaciario, sendo evidenciados pola extensa planicie xeada que os cobre. Baixo este sistema atópase a gran cámara magmática do volcán homónimo (o maior de todo o sistema), cuxa caldeira ten uns 35  km².
 
En [[1783]] ocorreu a maior erupción efusiva rexistrada no último milenio. Causou un gran dano na flora da illa e a fame produciu a morte dunhas 10.000 persoas. Ademais, a erupción tivo repercusión no clima mundial. O [[18 de decembro]] de [[1998]] ocorreu unha erupción que se estendeu por once días, expondo unha fisura de 1.300 metros de longo con cinco cráteres activos. En novembro de [[2004]] detectouse actividade eruptiva que arroxou unha extensa columna eruptiva de cinza volcánica, causando unha breve interrupción do tráfico aéreo sobre [[Islandia]]. De novo, o [[21 de maio]] de [[2011]] o volcán volveu a erupcionar emitindo columnas eruptivas de ata 12.000 metros de altura, pechando durante ese día o tráfico aéreo da illa e o dalgúns aeroportos do norte de [[Europa]] os días seguintes.<ref>[http://www.abc.es/20110524/internacional/abci-cancelaciones-vuelos-ceniza-islandia-201105240834.html Anulados 500 voos en Escocia, Irlanda do Norte e partes de Escandinavia]</ref>