Falseamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
O '''falseamento''', '''falsabilidade''', '''falseabilidade''', '''falsacionismo''', '''refutabilidade''', '''refutacionismo''' ou '''principio de falseamento''', que de todas estas formas, entre outras, pode verse escrito,<ref>En portugués: ''falseabilidade, falsificabilidade, refutabilidade''; en castelán: ''falsacionismo, refutacionismo, principio de falsabilidad''; catralán: ''falsabilitat''; italiano: ''falsificabilitá''; francés: ''refutabilité'', ''falsifiabilité''; inglés: ''falsability'', ''refutability'' etc.</ref> son termos que son diferentes adaptacións do alemán ''Fälschungsmöglichkeit''.
 
O ''falseamento'' ou ''refutabilidade'' é un importante [[concepto]] da [[epistemoloxía]] descrito polo [[filósofo]] [[Austria|austríaco]] [[Karl Popper]]. Para este, contrastar unha [[teoría]] significa intentar refutala mediante un contraexemplo. Se non é posíbel refutala, dita teoría queda corroborada, e pode aceptarse provisionalmente, aínda que non verificada.
Liña 7:
 
* Unha proposición refutábel pode ser considerada unha [[hipótese]] [[ciencia|científica]]. Se é refutada, deixa de ser válida.
 
* Pola contra, unha proposición non refutábel (irrefutábel no sentido [[lóxica|lóxico]]) categorízase como [[metafísica]] (o que non significa necesariamente que sexa ilexítima).
 
* Por exemplo, a afirmación "todos os corvos son negros" podería ser refutada se observamos un corvo branco.
 
* Pola contra "todos os humanos son mortais" non é refutábel e, por tanto, non científica, porque constatar a inmortalidade dun humano, única observación susceptíbel de refutala, é unha experiencia ''tecnicamente'' imposíbel.
 
Liña 21 ⟶ 18:
== Características ==
 
O ''falseamento'', fundado por Karl Popper nos anos [[1930]] en oposición á [[teoría verificacionista da significación]] ([[verificacionismo]]) sostida polo [[positivismo]] [[lóxica|lóxico]], tivo un grande impacto na [[historia da ciencia]] e na [[filosofía da ciencia]]. A escola de pensamento que subliña a importancia do falseamento ou refutabilidade en tanto que principio filosófico coñécese co nome de [[falseacionismo]] ou [[refutacionismo]].<ref> Parece que Popper mesmo pediu que en francés se empreguen os derivados de ''réfuter'' (refutar) máis que os de ''falsifier'' (falsificar), que significa "encontrar a verdadeira natureza das cousas ou contradicila", pero que non expresa (en francés, contrariamente a en inglés) a capacidade de xogar como falso.</ref>
 
O problema da [[Razoamento indutivo|indución]] nace do feito de que non se pode afirmar algo universal a partir dos datos particulares que ofrece a experiencia. Por moitos millóns de corvos negros que se vexan, non será posíbel afirmar que "todos os corvos son negros". En cambio, basta encontrar un só corvo que non sexa negro para poder afirmar: "Non todos os corvos son negros".
 
Popper en realidade rexeita o [[verificacionismo]] como método de validación de teorías. A súa tese central é que non pode haber enunciados científicos últimos, é dicir, enunciados que non poidan ser contrastados ou refutados a partir da experiencia. A experiencia segue sendo o método distintivo que caracteriza á ciencia [[empirismo|empírica]] e a distingue doutros sistemas teóricos.
Liña 53 ⟶ 50:
Algúns falseacionistas viron o traballo de Kuhn como un ataque, porque achega unha proba histórica de que a ciencia progresa rexeitando as teorías inadecuadas, e que é a ''decisión'' dos científicos de aceptar ou rexeitar unha teoría o que é o elemento crucial.
 
[[Imre Lakatos]] tratou de explicar o traballo de Kuhn afirmando que a ciencia progresa por refutación de ''programas de investigación'' máis que polos enunciados universais do falseamento inxenuo. Seguindo a aproximación de Lakatos un científico traballa no contexto dun programa de investigación que corresponde ''grosso modo'' ao que Kuhn chama un paradigma. Mentres que Popper considera as hipóteses ''ad hoc'' como non científicas, Lakatos acéptaas no desenvolvemento das teorías.
 
=== Feyerabend ===
Liña 59 ⟶ 56:
[[Paul Feyerabend]] considera que o traballo de Kuhn mostra que son factores sociais, máis que a adhesión a un método racional, o que decide cales son as categorías xeralmente aceptadas. Kuhn mesmo contesta este punto de vista.
 
Feyerabend elixiu<ref>''Contre la méthode'' debía ser inicialmente un diálogo entre Feyerabend e Lakatos que debería presentar o abano completo dos puntos de vista posíbeis. Coa morte de Lakatos Feyerabend decidiu continuar a redacción do único punto de vista anti-refutacionista que inicialmente lle correspondera.</ref> expoñer un punto de vista extremadamente radical consistente en rexeitar calquera metodoloxía prescritiva. Segundo el a ciencia progresou historicamente facendo uso de todos os métodos dispoñíbeis para impoñer unha teoría ou outra e se ten que establecer unha regra metodolóxica universalmente válida, a única susceptíbel sería o [[anarquismo epistemolóxixo]] ou [[Dada|dadaísmodada]]ísmo, ou aínda "''todo é bo''".
 
=== Sokal et Bricmont ===