Melanosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
Os '''melanosomas''' son [[orgánulo]]s celulares que conteñen o [[pigmento]] [[melanina]], o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal.
 
A melanina sintetízase nunhas células chamadas [[melanocito]]s e nas células do [[epitelio]] pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
 
==Forma==
Liña 13:
 
==Formación de pseudópodos e cesión de melanosomas==
Nalgúns melanocitos os melanosomas permanecen estáticos dentro da célula. Noutros tipos de melanocitos, polo contrario, a célula pode expandirse formando [[pseudópodo]]s, que levan melanosomas, e que os afastan así do centro da célula, incrementando deste modo a efectividade na absorción de luz.
 
Esta formación de pseudópodos sucede lentamente nos melanocitos dérmicos en resposta á [[ultravioleta|luz ultravioleta]], á vez que se incrementa a produción de novos melanosomas e aumenta a transferencia ou "doazón" de melanosomas aos [[queratinocito]]s adxacentes (as células comúns da [[epiderme]] da pel). Esta cesión de melanosomas ten lugar porque algúns queratinocitos poden fagocitar o extremo dos pseudópodos dos melanocitos, os cales conteñen moitos melanosomas. A [[dineína]] [[citoplasma|citoplásmica]] é a encargada de levar as vesículas cargadas de melanina ao centro do queratinocito, dispoñéndoos arredor do seu núcleo.
Liña 20:
 
==Melanosomas nos animais==
En moitas especies de [[peixe]]s, [[anfibios]], [[crustáceos]], e [[réptiles]], os melanosomas poden ter moita mobilidade dentro da célula en resposta ao control hormonal (ou ás veces nervioso), e isto produce cambios de cor, ás veces moi rápidos, que son utilizados como un sinal para outros individuos da súa especie ou doutras especies ou a camuflaxe.
 
Os melanosomas que se encontran en varias especies de peixes conteñen [[pigmento]]s que controlan a cor das escamas do animal. En determinados momentos, respondendo a un sinal, unhas [[proteína motora|proteínas motoras]] levan os melanosomas pigmentados cara á periferia da célula ou concéntranos no seu centro. As proteínas responsables de levar os melanosomas ao centro da célula son [[dineína]]s, as cales transportan os melanosomas ao longo de [[microtúbulo]]s en dirección ao extremo menos (-), situado cara ao centro da célula. As proteínas responsables de espallar os melanosomas na periferia celular son as [[cinesina]]s, as cales se moven cara ao extremo máis (+) do microtúbulo, que está orientado cara a periferia celular. A dispersión dos melanosomas pola periferia ten como resultado que a célula parece máis escura. Cando se concentran no centro a célula parece máis clara.