Intoxicación por cogomelos velenosos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
A '''intoxicación por cogomelos velenosos''', mortais ou non, coñécese como '''micetismo''' e presenta diversos cadros e síndromes, que abarcan dende simples mareos, diarreas e vómitos, ata alucinacións e insuficiencias renais.
 
O consumo accidental de cogomelos tóxicos é un feito relativamente frecuente que data da antigüidade. Na península ibérica están catalogadas máis de 1.500 especies de [[cogomelo]]s, dos que aproximadamente cen conteñen [[Toxina|substancias tóxicas]] máis o menos potentes. Das especies velenosas só cinco ou seis son mortais, que condicionan o 1-15% da actividade global nun centro antitóxico (Mateu Sancho, 1994).
 
A intoxicación por cogomelos é un fenómeno estacional, máis frecuente en determinados períodos ou condicións climáticas que favorecen o seu crecemento e posterior recolección e consumo. En certos territorios ([[Cataluña]], [[País Vasco]]), danse as intoxicacións máis frecuentes. En Cataluña calcúlase que hai entre cinco e dez intoxicacións por millón de habitantes e ano (Piqueras Carrasco, 1996).
 
En Galiza os cogomelos velenosos adoitan chamarse ''cacaforras''<ref>X. L. Franco Grande (1972): ''Diccionario galego-castelán'', 2ª ed., Galaxia, Vigo</ref>, coñécense así diferentes especies do xénero ''[[Amanita]]''. Os fungos velenosos comportan ademais nomes comúns facendo referencia á súa perigosidade: [[pan da morte]] ou pan do demo (''[[Amanita phalloides]]'').
 
Os cogomelos velenosos máis comúns en Galiza son, ademais da ''Amanita phalloides'', a ''[[Amanita verna]]'', a ''[[Amanita virosa]]'', tres tipos de lepiotas pequenas, un ou dous tipos de ''[[Cortunarius]]'' e unha ''[[Galerina]]''. O ''[[Cortinarius orellanus]]'', por exemplo, ten un período de latencia de quince días, de xeito que é difícil coñecer a causa da doenza. O consumo dun exemplar de cacaforra da morte (''Amanita phalloides'') é de abondo para ter que facer un transplante de fígado<ref>http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/11/07/reinas-monte-gallego/436443.html</ref>.
 
En xeral os cogomelos coñécense en Galiza co nome de pan de becha, pan de sapo ou pan de cobra, aludindo a súa toxicidade. Os refráns galegos din: ''Fungo regalado, con discreción tiralo''. ''Se queres o teu marido matar dálle fungos a fartar''.
Liña 20:
 
==== Intoxicación faloidiana ou síndrome faloidiana ====
Trátase das intoxicacións por cogomelos máis graves que ocorren no noso país. Entre as especies causantes destaca o xénero ''[[Amanita]]'' (''[[Amanita phalloides]]'' ([[pan da morte]]), ''[[Amanita verna]]'') e o xénero ''Lepiota''. As toxinas responsables desta síndrome son coñecidas como amanitotoxinas. Dentro destas o grupo das '''amatoxinas''' é o máis interesante xa que é o responsable das intoxicacións faloidianas. Os compoñentes nocivos das amatoxinas son as amanitinas alfa, beta e gamma. A dose mortal de amanitinas para o home, que se deduce dos accidentes acontecidos, é de 5 a 10 &nbsp;mg para un adulto. O período de incubación adoita ser de 7 a 15 horas.
 
Os síntomas experimentados trala intoxicación diferéncianse en tres fases: gastrointestinal (gastroenterite aparatosa, con vómitos e diarrea abundante), de remisión aparente (desaparecen os síntomas durante algunhas horas) e a máis grave, a fase hepática (aféctase o [[fígado]] con hemorraxia e subictericia).
Liña 36:
As especies causantes son todos ascomicetos do xénero ''[[Giromitra]]''.
 
A toxina responsable denomínase giromitrina. A dose letal é de 30-50 30–50&nbsp;mg de giromitrinas por kg de peso corporal para o adulto. É unha toxina acumulativa polo que pequenas cantidades inxeridas serven para causar dano, sobre todo no fígado.
 
Os síntomas son moi variables, dende pequenos trastornos ata reaccións aparatosas que fan pensar na [[anafilaxe]]. O tratamento é sintomático e aconséllase o [[ácido fólico]] e [[vitamina B6]].
Liña 68:
[[Ficheiro:200910071358MEZ Limeswanderweg Wp 10-14 - Wp 10-15 4.jpg|miniatura|O [[rebentabois]] ou amanita pinta, ''[[Amanita muscaria]]''.]]
 
Algúns cogomelos producen intoxicacións que afectan ao [[sistema nervioso central]]. Quizais a máis grave sexa a producida pola [[cacaforra cincenta]] (''[[Amanita pantherina]]''). Outras especies causantes son o [[rebentabois]] (''[[Amanita muscaria]]'') e a [[cacaforra dourada]] (''[[Amanita gemmata]]''). Dentro das toxinas responsables trátase de derivados isooxazólicos chamados ácido iboténico, '''muscimol''' e muscazona.
 
Os síntomas van dende molestias gástricas, vertixe, alteracións motoras, incoordinación de movementos (como se estivese borracho), cambras musculares. Pero o máis rechamante son as alteracións mentais: euforia, sensación de embriaguez, dificultades na fala, cambios de conduta, accesos de furia etc. Ás veces, depresión, desorientación, confusión, alteracións visuais. Despois o suxeito remata durmido durante horas.
Liña 77:
O poder embriagador, alucinóxeno e estimulante da ''Amanita muscaria'' sábese que foi usado por pobos da [[URSS]] polos relatos dos viaxeiros dos últimos séculos. Contaban, entre outras cousas, que tras inxerila crían escoitar voces, tiñan visións coloreadas, falaban moito, bailaban e logo durmían. Quizais nalgunha época tamén se ten usado con fins de bruxería.
 
Ultimamente, co afán de probar drogas, hai quen busca o cogomelo ''Amanita muscaria''. As intoxicacións con predominio alucinóxeno non adoitan ser accidentais e débense ao consumo voluntario de fungos alucinóxenos.
 
Hoxe en día o consumo de cogomelos alucinóxenos estase a estender por diversos países creando distintos problemas. En [[Estados Unidos de América|EUA]], empezou a poñerse de moda en certos ambientes xuvenís a partir dos anos 70 e o emprego do que eles chaman “Recreational Drugs” e vaise estimulado por publicacións sobre o seu cultivo doméstico.
 
As toxinas responsables recordan aos alcaloides do [[Cornizó|cornello]] (''[[Claviceps purpurea]]''), a máis importante é a psilocibina.
Liña 87:
Tamén chamada '''síndrome coprínica''', '''efecto antabuse''' ou '''antialcohol''', comprende unha serie de trastornos que se producen cando, ademais dos cogomelos implicados, se toman bebidas alcohólicas. Algunhas especies causantes son ''[[Coprinus atramentarius]]'', ''[[Clitocybe clavipes]]'', ''[[Boletus luridus]]'', ''[[Coprinus insignis]]'' ou ''[[Coprinus micaceus]]''.
 
A toxina responsable denominouse coprina. Os síntomas comezan unha media hora despois de consumir alcohol, probablemente cando o nivel en sangue chega a 5-10 5–10&nbsp;mg por 100. Os máis típicos son os trastornos cardiovasculares, náuseas, vómitos, sabor metálico. Xeralmente non ten importancia se o nivel de alcohol no sangue non chega a ser moi grande (nalgunhas persoas non hai síntomas).
No tratamento aconséllase o clorhidrato de cisteína intramuscular e [[vitamina C]] a grandes doses.
 
Liña 96:
Os '''riscos que dependen da manipulación''' derivan ás veces do trato inadecuado que se dá ós cogomelos e outras do feito de inxerilas sen cociñar debidamente (pode producir hemólise debido a que conteñen hemolisinas).
 
Os '''riscos que dependen dos propios cogomelos''' débense a que son alimentos delicados e facilmente alterables.
 
Son especies das que non se debe abusar. En moitas especies comprobouse a existencia de compostos [[mutáxeno]]s e nalgúns casos moi potentes. O risco está en que, experimentalmente, o 80% dos mutáxenos son tamén canceríxenos.