Diferenzas entre revisións de «El Mundo»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
|-
|}
'''''El Mundo del siglo XXI''''', máis coñecido como '''''El Mundo''''', é un [[xornal]] [[España|español]]. Ten a súa sede en [[Madrid]] e conta con edicións rexionais en lugares como [[Galicia]], [[Cataluña]], [[País Vasco]], [[Andalucía]], [[Provincia de Almería|Almería]], [[Provincia de Huelva|Huelva]], [[Comunidade Valenciana]], [[Castela-A Mancha]], [[Castela e León]], [[Illas Baleares]], [[Provincia de Alacant|Alacant]] ou [[Cantabria]]. Tamén conta con edición [[medio aberto|aberta]] en [[Internet]] chamada [[elmundo.es]]. O seu director é [[Pedro J. Ramírez]].
 
A empresa editora, [[Unidad Editorial]] S. a., é dona tamén do [[Grupo Recoletos]], ambas propiedade á súa vez do grupo [[RCS MediaGroup]] (Rizzoli), que controla o diario italiano de maior tirada, o ''[[Corriere della Sera]]'', e que marca as directrices xerais de acción. O Grupo Unidad Editorial está presidido pola historiadora e académica [[María del Carmen Iglesias Cano]] e edita, ademais do diario ''El Mundo'', outras publicacións como [[Marca (xornal)|Marca]], ''Expansión'', ''Telva'' ou ''La aventura de la Historia'', entre outras.
 
O [[8 de marzo]] de [[2010]] ''El Mundo'' lanzou ''Orbyt'', a plataforma de contidos de pago na que ademais de contar con catro seccións específicas, tamén se pode consultar a hemeroteca do xornal, opinar, interactuar coa redacción e beneficiarse de promocións ou descontos exclusivos.
 
== Historia ==
Apareceu por primeira vez o [[23 de outubro]] de [[1989]] e foi fundado por [[Alfonso de Salas]], [[Pedro J. Ramírez]], [[Balbino Fraga]], [[Juan González (xornalista)|Juan González]] e [[Melchor Miralles]].
 
Seguindo o ronsel do anterior xornal dirixido por [[Pedro J. Ramírez]], ''[[Diario 16]]'', ''El Mundo'' dedicou desde sempre importantes esforzos á investigación xornalística. Neste sentido, desvelaron os escándalos de corrupción no goberno de [[Felipe González]], como o [[caso Ibercorp]] e o terrorismo de Estado do [[GAL]]. Estas revelacións tiveron unha repercusión significativa na opinión pública e influíron no desgaste do ex-presidente e a vitoria de [[José María Aznar]] en 1996.
[[Ficheiro:Difusión El Mundo.png|miniatura|250px|Difusión de ''El Mundo'' segundo a [[Oficina de Xustificación da Difusión]] (OJD) (1994–2005).]]
 
O diario apoiou en liñas xerais ao goberno de Aznar. No entanto cuestionou algunhas das súas accións, especialmente as que podían favorecer a [[PRISA]], desde a etapa de González ambos se converteron en rivais. ''El Mundo'' tamén criticou seriamente a [[Invasión de Iraq de 2003|Guerra de Iraq]].
 
O diario deu un voto de confianza a [[José Luis Rodríguez Zapatero]]<ref>[http://www.elmundo.es/2004/03/15/opinion/index.html Un premio ao talante de ZP, un castigo a Aznar que paga Rajoy]</ref> e aprobou accións como retirar as tropas de [[Iraq]] ou, con indecisións sobre a súa denominación xurídica, a aprobación do [[matrimonio entre persoas do mesmo sexo]]. Pero mantivo unha liña crítica co goberno socialista, que actualmente é predominante. Entre as súas críticas están os pactos cos nacionalistas periféricos, que segundo ''El Mundo'' levaron a reformar o [[Estatuto de Autonomía de Cataluña]] ou a tentativa de negociar a paz con [[ETA]]. En canto ao seu labor investigador, ''El Mundo'' é un dos máximos promotores das teorías que cuestionan a instrución xudicial dos [[atentados do 11 de marzo de 2004]], mostradas como intentos de clarificación de aspectos que, ao seu xuízo, estarían sen resolver.
 
En [[2009]] [[Amaya García Ortiz de Jocano]] resultou galardoada co [[Premio Ortega e Gasset]] de xornalismo na modalidade de xornalismo dixital pola reportaxe ''Clase de historia a pie de fosa'', publicado en elmundo.es.<ref>{{Cita web|url = http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Ortega/reconocen/periodismo/ayuda/entender/pasado/elpepusoc/20090423elpepisoc_6/Tes|título = Os Ortega recoñecen o xornalismo que axuda a entender o pasado|dataacceso = 23 de abril de 2009|data = 23/04/2009|editorial = [[El País]]}}</ref><ref>{{cita web|url = http://www.elmundo.es/elmundo/2008/12/09/espana/1228810520.html|título = Clase de Historia a pie de fosa|dataacceso = 23 de abril de 2009|autor = Amaya García Ortiz de Jocano|data = 15/12/2008|editorial = Elmundo.es}}</ref>
393.002

edicións