Federica de Hannover: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 37:
 
== Traxectoria ==
Federica naceu o [[18 de abril]] de [[1917]] en [[Blankenburg]], [[Harz]], [[Alemaña]]. Filla de [[Ernesto Augusto III de Hannover|Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick]] e da princesa [[Vitoria Luisa de Prusia]], a única filla do emperador [[Guillermo II de Alemaña]] e [[Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein]].
 
Polo seu avó materno, Federica era bisneta do emperador alemán [[Federico III de Alemaña|Federico III]] e de [[Vitoria de Saxonia Coburgo Gota]]. Como descendente do rei [[Xurxo III do Reino Unido]], ela, no momento do seu nacemento, ocupaba o trixésimo cuarto posto na liña de sucesión ao trono británico.
Liña 45:
Casou co [[Paulo I de Grecia|príncipe Paulo]] o [[9 de xaneiro]] de [[1938]] en [[Atenas]]. Durante parte do seu matrimonio, residiron en Psychiko, un barrio residencial de Atenas. Dez meses logo da súa voda, o [[2 de novembro]] de [[1938]], naceu o primeiro dos seus fillos; [[Sofía de Grecia|Sofía]], futura Raíña de España. O [[2 de xuño]] de [[1940]], naceu o seu fillo [[Constantino II de Grecia|Constantino]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] tiveron que emigrar a [[illa de Creta|Creta]] e logo a [[Suráfrica]], onde naceu a súa terceira filla, [[Irene de Grecia|Irene]], o [[11 de maio]] de [[1941]]. Posteriormente trasladáronse a [[Londres]].
 
O [[1 de setembro]] de [[1946]], Grecia decidiu mediante [[plebiscito]] restaurar ao rei [[Xurxo II de Grecia|Xurxo II]] no trono. Deste xeito Paulo e Federica convertíanse en príncipes herdeiros. Un ano máis tarde, o [[1 de abril]] de [[1947]], o rei Xurxo II morría, e Federica e o seu marido ascendían ao trono.
 
Tras a [[Guerra civil grega|guerra civil]] (1946-1949) os reis, en calidade representativa, loitaron por reconstruír un país empobrecido tras unha gran inestabilidade política. Naqueles anos, a raíña Federica impulsou en todo o país a creación dunha rede de 53 orfanatos, para acoller a orfos e a nenos de familias empobrecidas e desestructuradas pola guerra civil, procedentes na súa maioría da rexión de [[Macedonia, Grecia|Macedonia]].
 
A principios dos [[anos 1960|anos 60]], parte da opinión pública próxima á oposición empezou a reprochar á familia real os gastos suntuosos que a coroa orixinaba ao Estado, nun país cuxa recuperación económica aínda dependía en boa medida da axuda estranxeira. O rei morreu o [[6 de marzo]] de [[1964]] e Federica converteuse en raíña nai do seu fillo [[Constantino II de Grecia|Constantino II]]. Durante o reinado do seu fillo, Federica foi criticada en numerosas ocasións por inducir en exceso ao novo rei. En [[1967]], tras o [[Ditadura dos coroneis|golpe dos coroneis]], Federica fuxiu de Grecia xunto á familia real despois de que fracasase o contragolpe intentado por Constantino. Federica instalouse en [[Roma]] e, posteriormente, a familia real trasladouse a [[Londres]].
 
Logo da caída da ditadura e a restauración da democracia en [[1974]], o goberno provisional liderado por Konstandínos Karamanlís organizou un referendum a fin de que o pobo grego pronunciásese sobre a permanencia da monarquía. Constantino prometeu entón que se volvese reinar, mantería á súa nai afastada do país e da vida política. Os partidarios da república gañaron con ampla maioría (70%), e a familia real decidiu permanecer no exilio. Federica, coa súa filla [[Irene de Grecia|Irene]], foise a vivir a [[Madrás]], na [[India]]. Pasou longas tempadas en [[España]], país onde reinaba desde [[1975]] a súa filla [[Sofía de Grecia|Sofía]], sen chegar a vivir definitivamente en [[Madrid]].
 
Federica morreu o [[6 de febreiro]] de [[1981]] en Madrid. Faleceu dun infarto masivo logo dunha operación por unhas acumulacións de colesterina nas pálpebras. Foi enterrada en [[Tatoi]], en [[Grecia]].<ref>[http://www.elpais.com/articulo/ultima/SOFiA/_REINA/FEDERICA_DE_GRECIA/restos/mortales/reina/Federica/seran/enterrados/tumba/familiar/Tatoi/Grecia/elpepiult/19810208elpepiult_5/Tes/ El País. Os restos mortais da raíña Federica serán enterrados na tumba familiar de Tatoi, en Grecia.]</ref>
 
{{Sucesión