Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 45:
 
==== Dialectoloxía ====
Desde os inicios da lingüística indoeuropea, desenvolveuse unha [[dialectoloxía]] indoeuropea que tenta, por unha banda, describir as relacións dialectais entre as varias familias lingüísticas indoeuropeas e, por outra, a identificar os eventuais parentescos xenéticos entre o indoeuropeo propiamente dito e outras [[Protolingua|protolinguasprotolingua]]s prehistóricas.
[[Ficheiro:August Schleicher.jpg|miniatura|August Schleicher]]
Xa durante a fase pioneira da disciplina (XVII século), os lingüistas indicaron as relacións dialectais entre as varias linguas indoeuropeas a través de [[Metáfora|metáforasmetáfora]]s de parentesco, isto é falando de linguas "nais", "fillas", "irmáns" e así. Desde a fundación da indoeuropeística como tal tales metáforas conformáronse en modelos tipo [[modelo da árbore|árbore xenealóxica]], idénticos aos empregados para as relacións de parentesco humanas; o primeiro, en [[1853]], trazouno [[August Schleicher]]. O esquema de Schleicher postulaba algúns dialectos intermedios entre o indoeuropeo reconstruído e as linguas históricas, que deberían ter dado conta dos maiores vínculos que tales linguas parecían ter; en particular, o indoeuropeísta alemán postulou un "eslavo-xermánico", do cal tería derivado ademais do [[Lingua protoxermánica|xermánico]] outro dialecto intermedio, o "baltoeslavo", e un "ario-pelásxico", onde "pelásxico" tería sido unha etapa dialectal posterior común a grego e latín. Xa no [[1858]], porén, [[Carl Lottner]] presentou unha árbore completamente diferente, que como dialectos intermedios postulaba un "indopersa" e un "europeo"; o mesmo Schleicher, no [[1861]], reformulou a súa propia árbore propoñendo desta volta un "ario-grego-italo-céltico" e un "eslavo-xermánico", mentres outros estudosos propoñen outras tantas variacións. A inestabilidade das representacións, que levou ao definitivo abandono do modelo, debeuse a dous factores principais: por unha banda, o afondamento dos coñecementos sobre as distintas linguas pareceu presentar novos elementos de afinidade dialectal; por outra, a diferente valoración dos mesmos elementos coñecidos (segundo se considerasen arcaísmos ou innovacións) levaba a conclusións diametralmente opostas. Criticaron o modelo da árbore posto que prevía implicitamente unha fragmentación instantánea da unidade indoeuropea, mentres entre os indoeuropeístas se impuxo progresivamente a idea, historicamente máis verosímil, dunha fragmentación gradual, con grupos que se afastaban aos poucos dun tronco común, para despois se cadra reencontrárense - e logo reintroducírense nun ''continuum'' lingüístico - en sedes distintas das orixinais; todo nun proceso que podía durar varios milenios<ref name=villar3>Villar, pp. 597-616.</ref>.
[[Ficheiro:IE expansion.png|miniatura|esquerda|300px|Esquema sumario do proceso de indoeuropeización de Eurasia entre V e I milenio a.C., segundo a Teoría kurgánica]]
Un intento alternativo de explicar a complexidade dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas foi proposto, no [[1872]], por [[Johannes Schmidt]]: o ''[[teoría das ondas|modelo das ondas]]''. Tal esquema prevía un ''continuum'' dialectal entre todas as linguas indoeuropeas, con algunhas máis próximas a outras, pero no cal unha innovación particular podía "propagarse", como os círculos das ondas, non só aos dialectos contiguos, senón tamén - se ben en número menor - tamén aos máis remotos. Como o da árbore, tamén o modelo das ondas é teoricamente posíbel; porén, o seu emprego para a descrición dos nexos dialectais indoeuropeos se revelou pouco produtivo. Ámbolos dous, en particular, tiñan o defecto de seren sistemas pechados: o descubrimento dunha nova lingua inevitabelmente os tornaría totalmente errados - cousa que sucedeu en efecto co desciframento do hitita, no 1917. O conxunto dos problemas a resolver - dialectalización gradual, contactos secundarios entre as linguas, etapas intermedias comúns, valoración de arcaísmos e innovacións etc. - levou aos indoeuropeístas no século XX a operar con modelos radicalmente diferentes: os da escisión gradual. Tales esquemas, ademais, permiten encadrar tamén cronoloxicamente, e non só lingüisticamente, a sucesión do fraccionamento do conxunto indoeuropeo nas varias ramas da familia lingüística indoeuropea, sen por isto poñer obstáculos a eventuais contactos secundarios acontecidos en momentos históricos sucesivos. Entre os primeiros esquemas deste tipo, o proposto por [[George L. Trager]] e [[Henry L. Smith]] no [[1951]]: unha proposta pronto rexeitada na súa formulación específica, pero amplamente aceptada desde o punto de vista do esquema, hoxe de uso común na indoeuropeística tamén por ser perfectamente compatíbel coa [[Teoría dos kurgans]] de indoeuropeización da [[Eurasia]]<ref name=villar3 />.
Liña 90:
=== Órganos académicos ===
Departamentos, institutos e centros de estudos universitarios dedicados á indoeuropeística:
 
 
{| class="wikitable sortable"
Liña 183 ⟶ 182:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
 
== Véxase tamén ==