Giardia intestinalis: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB |
||
Liña 20:
}}
O [[protozoo]] '''''Giardia intestinalis''''', tamén chamado '''''Giardia lamblia''''' (outros sinónimos utilizados son '''''Giardia duodenalis''''' e '''''Lamblia intestinalis'''''), é un [[flaxelado]] [[parasito]] que coloniza e se reproduce no intestino delgado, causando unha enfermidade de tipo diarreico chamada [[xiardíase]]. O parasito únese ao [[epitelio]] intestinal por un disco ventral adhesivo, e reprodúcese por [[fisión binaria]].
== Microscopía e metabolismo ==
É un microorganismo de 15-20 [[micron|μm]] de lonxitude, que se pode presentar en forma de trofozoíto ou de quiste. O trofozoíto é a forma vexetativa que se alimenta e reproduce e provoca os síntomas da [[xiardíase]]. O quiste é a forma de resistencia e transmisión.
Con [[microscopio]] óptico, o trofozoíto de ''Giardia'' semella unha "cara de pallaso", con dous núcleos perfilados por discos adhesivos que teñen o aspecto de "ollos", situados sobre corpos mediais escuros que parecen unha "boca". Os quistes que forma ''Giardia'' son ovais, teñen catro núcleos.
O trofozoíto é piriforme e con simetría bilateral. Posúe oito [[flaxelo]]s, 2 anteriores, 2 posteriores, 2 ventrais e 2 caudais, que lle dan mobilidade. Na cara ventral presenta unha estrutura con forma de disco bilobulado, que lle serve para fixarse á superficie do epitelio intestinal. Na cara dorsal encima do disco bilobulado hai dous núcleos ovalados con grandes cariosomas (agrupacións de cromatina no núcleo) e falta de [[cromatina]] periférica, dándolle aos seus dous núcleos unha aparencia de halo. Ao longo da superficie ventral existen uns elementos chamados corpos mediais. Reprodución por división binaria lonxitudinal moi rápida. Alimentación por [[fagocitose]] e [[pinocitose]] do contido intestinal a través da superficie dorsal.
Liña 33:
''Giardia'' é un parasito que carece de [[mitocondria]]s, de aí que teña un metabolismo fermentativo, polo que é un dos poucos eucariotas que carecen dese [[orgánulo]]. Pero, aínda que carecen de mitocondrias, teñen uns orgánulos especiais que son vestixios das mitocondrias, polo que se considera que "''Giardia'' non era primitivamente amitocondrial e que retivo un orgánulo funcional derivado do endosimbionte mitocondrial orixinal" <ref>{{Cita publicación periódica|author=Tovar J |title=Mitochondrial remnant organelles of Giardia function in iron-sulphur protein maturation |journal=Nature |volume=426 |issue=6963 |pages=172–6 |year=2003 |pmid=14614504 |doi=10.1038/nature01945|author2=León-Avila G|author3=Sánchez LB|display-authors=3|last4=Sutak|first4=Robert|last5=Tachezy|first5=Jan|last6=Van Der Giezen|first6=Mark|last7=Hernández|first7=Manuel|last8=Müller|first8=Miklós|last9=Lucocq|first9=John M.}}</ref> Este orgánulo denomínase [[mitosoma]]. Tampouco teñen [[aparato de Golgi]].
''Giardia'' depende da [[glicosa]] como a súa maior fonte de enerxía e degrada [[fermentación|fermentativamente]] a glicosa a [[etanol]], [[acetato]] e [[dióxido de carbono]]. Como carece de mitocondrias non ten [[ciclo do ácido cítrico]], [[fosforilación oxidativa]] e ciclo do [[glutatión]].
As vitaminas do grupo B e os [[sal biliar|sales biliares]], xunto coa glicosa, son necesarios para a supervivencia de ''Giardia'', e viuse nos ratos que unha dieta baixa en [[carbohidrato]]s reduce o número de células de ''Giardia''.<ref>{{Cita libro|title=Giardia and Giardiasis |last1=Erlandsen |last2=Meyer |isbn=0-306-41539-9 |year=1984 |publisher=Plenum Press |location=New York}}</ref>
Liña 41:
== Transmisión ==
A infección por ''Giardia'' pode occorer pola inxestión de quistes dormentes que se atopan en augas contaminadas, comida ou pola [[ruta fecal-oral]] (en prácticas hixiénicas deficientes). O quiste pode sobrevivir durante semanas ou meses en auga fría,
A transmisión fecal-oral pode ocorrer, por exemplo en garderías, onde os rapaces teñen ás veces deficientes prácticas hixiénicas. Os que traballan con nenos tamén teñen risco de infección, e os seus familiares se os nenos están infectados. Como non todas as infeccións por ''Giardia'' son sintomáticas, hai moitos portadores do parasito que non saben que o teñen.
Liña 56:
== Xiardíase ==
{{Artigo principal|Xiardíase}}
A enfermidade causada polo parasito denomínase [[xiardíase]]. A colonización do intestino por este parasito causa unha [[inflamación]] dos ''villi'' intestinais e a atrofia da capacidade de absorción intestinal. Ás veces a infección é asimtomática,
== Investigación ==
''Giardia'' alterna entre dúas formas: unha forma de resistencia, dormente, que é un quiste que contamina as augas e a comida, e unha forma activa, que causa a enfermidade e que emerxe cando se inxire o parasito. Frances Gillin da [[Universidade de California, San Diego]] e o seu equipo identificaron os sinais bioquímicos do aparato deixestivo do hóspede que desencadean as transformacións que sofre ''Giardia'' no seu ciclo vital.
En 2008, Nature publicouse o descubrimento dun mecanismo de [[interferencia de ARN]] que permite a ''Giardia'' cambiar as súas proteínas de superficie VSPs (''Variant-Specific Surface Proteins'') para evitar a resposta inmune do hóspede.
== Xenómica ==
''Giardia'' e as outras [[diplomónada]]s caracterízanse pola posesión de dous núcleos celulares similares en aparencia, en contido de ADN, na súa [[Transcrición xenética|transcrición]] e no seu tempo de replicación. Teñen tres cromosomas por [[xenoma]] [[haploide]]. O xenoma foi secuenciado e publicado en 2007, aínda que quedaron varias zonas sen secuenciar. A secuencia é de aproximadamente 12 millóns de [[par de bases|pares de bases]] e contén uns 5.000 [[xene]]s codificadores de proteínas.
''Giardia'' suponse que era primitivamente [[reprodución asexual|asexual]] e non tiña maneira de transferir ADN entre os núcleos. Esta asunción fai moi difícil explicar o notablemente baixo nivel de [[heterocigoto|heterocigosidade]] [[alelo|alélica]] (< 0,01%) achado nalgúns xenomas do organismo. Porén, todas estas asuncións están hoxe postas en dúbida ao identificárense xenes meióticos, que son evidencia da recombinación entre estirpes e do intercambio de material xenético entre os núcleos durante o proceso de enquistación.
Ata hoxe descubríronse sete [[xenotipo]]s (nomeados do A ao G). Deles, o xenotipo B é o máis común. Só os tipos A e B son infecciosos para os humanos.
Liña 72:
== Historia e nome da especie ==
Actualmente utilízanse para esta especie tres nomes: ''Giardia intestinalis'', ''Giardia lamblia'' e ''Giardia duodenalis'', o que pode levar a confusión, e é resultado da complexa historia da asignacion de nome deste parasito, que fai complicada a aplicación das regras de prioridade na denominación. O nome ''Giardia'' vén do científico [[Alfred Mathieu Giard]], e ''lamblia'' vén do científico [[Vilem Dušan Lambl]]. Esta historia pode resumirse así:
* O [[trofozoíto]] de ''Giardia'' observouno por primeira vez en 1681 [[Antoni van Leeuwenhoek]] nas súas propias deposicións diarreicas. En observacións modernas comprobouse que cos microscopios de Leeuwenhoek é posible ver este parasito.
* O organismo foi despois descrito con detalle por [[Vilém Dušan Lambl]] en 1859. No seu honor déuselle máis tarde a denominación ''lamblia'' (como xénero ou como epíteto de especie), pero el non o chamou así, senón ''[[Cercomonas intestinalis]]'' (de aí procede o termo ''intestinalis'').
* En 1882 e 1883, [[Johann Künstler]] describiu un organismo atopado nas larvas de [[anfibio]]s (posiblemente o que hoxe se chama ''[[Giardia agilis]]'') que el denominou ''Giardia'' en honor do profesor francés [[Alfred Mathieu Giard]], e foi a primeira vez que se utilizou ''Giardia'' como nome de xénero.
* En 1888 [[Raphaël Blanchard]] propuxo o nome ''Lamblia intestinalis'',
* Despois Stiles cambioulle o nome a ''Giardia duodenalis'' en 1902 e despois a ''Giardia lamblia'' en 1915.
* O mesmo ano (1915), Kofoid e Christiansen escribiron que o nome do xénero ''Lamblia'' (Blanchard 1888) debería cambiarse a ''Giardia'' (Kunstler 1882) pola regra de prioridade <ref>{{Cita publicación periódica|author=Kofoid CA, Christiansen EB |title=On the Life-History of Giardia |journal=Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America |volume=1 |issue=11 |pages=547–52 |year=1915 |pmid=16576068 |pmc=1090891 |doi=10.1073/pnas.1.11.547}}</ref>
* En 1922 Simon, utilizando criterios morfolóxicos distinguiu entre as especies ''Giardia lamblia'' e ''Giardia muris'', aceptando ''Giardia lamblia'' como nome para a especie que infectaba a humanos.
* Filice en 1922 revisou de novo o xénero ''Giardia'' e publicou unha detallada descrición morfolóxica e propuxo o nome de tres especies baseándose na morfoloxía do corpo medio: ''Giardia agilis'', ''Giardia duodenalis'' e ''Giardia muris''.
Coñécense casos antigos de epidemias de disentería posiblemente causados por ''Giardia'', como a que afectou aos [[Cruzadas|cruzados]] en Palestina nos séculos XII e XIII.
== Notas ==
{{
== Véxase tamén ==
|