Santiaguiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Descrición: Arranxos varios using AWB
Liña 36:
 
== Descrición ==
Mide entre 5 e 14  cm. Presenta cefalotórax e abdome, aquel de forma rectangular e cuberto de numerosos tubérculos e escamas formando debuxos irregulares, entre os que destaca, no centro, unha agrupación que lembra a imaxe da [[cruz de Santiago]], á que debe o nome; este deseño apréciase máis claramente trala cocción. A cor é parda escura pero coa punta dos tubérculos brancuxa. Ten os ollos encaixados no bordo anterior do cacho e unhas anténulas con flaxelos moi curtos.
 
Son características da especie a presenza dun par de antenas anchas e planas, con forma de pala. O animal usa estas antenas para escavar e remove-las piedras ou a area para alimentarse, xa que é basicamente preeiro. Aínda así, tamén come [[molusco]]s e pequenos [[invertebrado]]s.