Hidatidose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m →‎Ciclo biolóxico: Arranxos varios using AWB
Liña 5:
 
==Ciclo biolóxico==
O verme adulto (1)<ref>Os números corresponden ás distintas fases do ciclo biolóxico na imaxe.</ref> é unha [[tenia]] plana de pequeño tamaño (3-6 3–6&nbsp;mm), denominada ''Echinococcus granulosus'' (Basth, 1786), formado por un [[escólex]] e 3-5 aneis ou proglotes, que parasita especificamente o [[intestino]] delgado do can e ocasionalmente outros cánidos ([[raposo]], [[lobo]]). Estes hóspedes definitivos non manifestan síntomas clínicos da enfermidade. Os vermes producen [[ovo (bioloxía)|ovos]] que son expulsados ó exterior coas feces do animal (2), e rematan sendo inxeridos por animais [[herbívoro]]s ([[ovella]]s e [[cabra]]s principalmente, pero tamén [[vaca]]s, [[cabalo]]s, [[porco]]s ou [[camelo]]s) coa [[herba]], e que actúan como hóspedes intermediarios. Este contaxio tamén pode producirse por inxestión de auga contaminada polas feces do can enfermo.
 
Pode darse o caso de que sexa o [[ser humano|home]] quen inxira algún produto vexetal contaminado, directa ou indirectamente, a través da auga da rega, actuando coma hospedador intermediario cego <ref>Quérese dicir que interrompe o ciclo ó non ser posible que o home sirva de fonte de contaxio para outro can.</ref>. Considérase, xa que logo, unha [[zoonose]].