Michael Behe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:MichaelBehe.jpg|miniatura|dereita|'''Michael J. Behe''']]
'''Michael J. Behe''', nado en [[Altoona]] ([[Pensilvania]]) o [[18 de xaneiro]] de [[1952]], é un [[bioquímica|bioquímico]] [[EUA|estadounidense]], defensor do [[deseño intelixente]]. Profesor de bioquímica na universidade [[Lehigh University]] en Pennsylvania, é un ''senior fellow'' do [[Center for Science and Culture]] do [[Discovery Institute]]. Defende a idea de que existen algunhas estruturas demasiado complexas no nivel bioquímico que non se poden explicar como o resultado dos mecanismos da [[evolución]].
 
Foi quen desenvolveu o concepto de "[[complexidade irredutíbel]]" (''Irreducible Complexity'') como un "un sistema individual composto de varias partes ben coordinadas que interaccionan para desempeñar a función básica deste, de modo que se se eliminara calquera desas partes o sistema deixaría de funcionar por completo" <ref>Behe, Michael J. (2000). ''La caja negra de Darwin: el reto de la bioquímica a la evolución''. Editorial Andrés Bello.</ref>.
 
O postulado de Behe sobre a complexidade irredutíbel de estruturas celulares claves tivo unha forte oposición na [[comunidade científica]]. O testemuño de Behe no [[caso Kitzmiller]] (''Kitzmiller v. Dover Area School District'') é citado extensamento polo xuíz<ref name="p28">[[s:Kitzmiller v. Dover Area School District/2:Context#Page 28 of 139]]</ref><ref name="p68">[[s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 68 of 139]]</ref><ref name="p70">[[s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 70 of 139]]</ref><ref name="p79">[[s:Kitzmiller v. Dover Area School District/4:Whether ID Is Science#Page 79 of 139]]</ref> na súa decisión de que o deseño intelixente non é [[ciencia]], senón esencialmente [[relixión]] na súa natureza.<ref>[[s:Kitzmiller v. Dover Area School District/6:Curriculum, Conclusion]]</ref> O Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade Lehigh publicou unha declaración coa súa posición oficial na que sinala<ref>[http://www.lehigh.edu/~inbios/news/evolution.htm Department Position on Evolution and "Intelligent Design"], Lehigh Department of Biological Sciences</ref>:
 
{{cita| ''A nosa posición colectiva é que o deseño intelixente non ten a súa base na ciencia, non foi comprobado experimentalmente, e non debe ser considerado como científico''.}}
Liña 13:
Inicialmente o profesor Behe aceptaba os conceptos da [[teoría da evolución|teoría xeral da evolución]], pero despois da lectura do libro de [[Michael Denton]], ''Evolución, unha teoría en crise'', pasou a cuestionar a teoría darwinista. Máis tarde, Behe chegou a crer que había evidencias, no nivel molecular, de que os sistemas biolóxicos son "irredutibelmente complexos". Estes sistemas non poderían evolucionar pola [[selección natural]], e si proxectados por un "deseñador intelixente", que o levaron a entender que a única explicación posíbel e alternativa á teoria xeral da evolución para a existencia de tales estruturas era a actuación dun proxectista con propósitos racionais e finalísticos.
 
A partir da publicación do seu libro ''[[A caixa negra de Darwin]]'' gañou fama entre os partidarios da teoría do deseño intelixente, xa que a obra daba voz pública a estudosos creacionistas que poñían dúbidas aos fundamentos da teoría de [[Charles Darwin]], especialmente contra o éxito entre o público leigo alcanzado pola obra de Darwin.
 
No obstante a contundencia das manifestacións da comunidade científica, maioritariamente ao lado da teoria darwinista, o bioquímico mantívose firme, sempre tratando de dar carácter científico ao tema (non trata en termos académicos sobre a identidade do proxectista intelixente e non descarta o concepto do [[antepasado]] común). Para demostrar a súa firme convicción sobre o asunto publicou recentemente a edición que conmemora os dez anos da súa tese: ''Darwin's Black Box, 10th Anniversary Edition''.
Liña 61:
* [http://www.webcitation.org/query?id=1256578089759994&url=www.geocities.com/Athens/Acropolis/6634/mbehe.htm Entrevista co Dr. Michael Behe] (en inglés)
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Behe, Michael}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da bioloxía dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América]]