Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
|nome división 1 = [[Ficheiro:Regione-Campania-Stemma.svg|20px|border|Bandeira de Campania]] [[Campania]]
|división 2 = [[Provincias de Italia|Provincia]]
|nome división 2 = [[Ficheiro:Provincia di Napoli-Stemma.svg|20px|border|Provincia de Nápoles]][[Nápoles]] (NA)
|división 3 =
|nome división 3 =
Liña 36:
|sitio web = [http://www.provincia.napoli.it www.provincia.napoli.it]
}}
'''Nápoles'''<ref>{{DRAG|napolitano}}</ref> (''Napoli'' en [[Lingua italiana|italiano]] e ''Napule'' en [[Lingua napolitana|napolitano]]) é a cidade máis poboada do [[sur de Italia]], capital da rexión de [[Campania]] e da [[provincia de Nápoles]], situada a medio camiño entre o monte [[Vesubio]] e outra área volcánica, os [[Campos Flégreos]]. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa [[Área metropolitana de Nápoles|área metropolitana]], chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o [[xentilicio]] de ''napolitanos''. É o principal [[Porto (comunicacións)|porto]] marítimo do sur [[Italia]] e esténdese por unha área de 243 &nbsp;km², cunha poboación de 984.242 ([[2005]]) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha [[densidade de poboación]] de 8.457 hab/km². <ref>[http://www.un.org/esa/population/publications/WUP2005/2005WUP_agglomchart.pdf Informe da ONU sobre aglomeracións urbanas (2005), (inglés).]</ref>
 
== Historia ==
Liña 42:
 
=== Colonias gregas en territorio romano ===
Aínda que é obxecto de controversia, puido existir un primeiro estabelecemento comercial de gregos de [[Rodas]] na pequena illa de Megaride (a poucos metros da costa, agora unida a terra, asento do Castelo do Ovo) xa no século IX a.C. O certo é que gregos de [[Eubea]], no século VIII a.C., fundaron a colonia de [[Cumas]] (20 &nbsp;km ao oeste na costa do [[mar Tirreno]]) e un século despois, estableceron no 680 a.C. unha colonia de seu fronte a illa Megaride no outeiro Echia, ou Pizzofalcone, de boa defensa natural, á que chamaron '''Parténope''', <ref> ''Recreación hipotética de Parténope sobre o Pizzofalcone; á dereita, Megaride'' [http://faculty.ed.umuc.edu/~jmatthew/naples/ancpart.jpg]</ref> polo nome dunha das tres sereas que cos seus cantos tentaron seducir a [[Ulises]] na [[Odisea]].
 
[[Ficheiro:Panoramald.JPG|miniatura|250px|A illa Megaride e o outeiro Pizzofalcone, lugar do nacemento de Nápoles (ao fondo da baía, o [[Vesuvio]]).]]
O intento dos [[etruscos]] de dominar o sur da península Italiana e o seu ataque a Cumas no 524 a.C. marcaron o final dun período de prosperidade comercial de Parténope, que mesmo foi destruída. Coa vitoria final dos gregos de [[Siracusa]], da [[Magna Grecia]], sobre os etruscos e a recuperación do dominio do golfo, fundouse unha nova cidade no 474 a.C., tamén por atenienses, sobre da chaira a carón de Parténope (esta redenominada '''Palépolis''', "cidade vella"), <ref> ''Planta de situación de Megaride, Parténope e Neápolis, cos barcos descubertos no porto grecorromano'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-22-10.jpg]</ref><ref> ''Recreación de Palépolis (Parténope) e Neápolis no golfo co Vesuvio de fondo'' [http://faculty.ed.umuc.edu/~jmatthew/naples/oldnew.jpg]</ref> que recibiu o nome de '''Neápolis''' ("cidade nova"), trazada segundo unha planta [[hipodámica]] con tres rúas principais leste-oeste, coa ágora na central e a acrópole no máis elevado do ángulo noroeste e xa fortemente amurallada, <ref>[http://www.dine.unina.it/IAHS/Web_napoli_greca.jpg ''Planta de Neápolis sobre da cidade moderna; ('''C''') a acrópole '' [http://www.dine.unina.it/IAHS/Web_napoli_greca.jpg]</ref> aínda que as murallas foron reforzadas no século seguinte.
 
O florecemento comercial baixo a hexemonía marítima ateniense, cun incremento de poboación ata os 30.000 habitantes, viuse ameazado polos pobos [[samnitas]] da rexión. Unha alianza coa potencia emerxente, os [[Roma Antiga|romanos]], rematou coa incorporación das cidades xemelgas ao seu dominio no 327 a.C., inda que mantendo a súa idiosincrasia.
 
A bonanza da base naval continuou ata o século I a.C., pero xusto despois de lle ser concedida a cidadanía romana caeu en desgracia sucesivamente con [[Sila]] e [[Xulio César]]. A cidade entrou nun período de decadencia comercial agravada pola erupción do [[Vesuvio]] no 79 d.C. cuxos sismos a danaron, pero mantivo o prestixio da cultura grega que a convertía en atractiva para as elites do [[Imperio Romano|Imperio]] e alí tivo a súa residencia [[Virxilio]] <ref> ''Planta de Neápolis en época romana; B.Capasso'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_7a.jpg ''Planta de Neápolis en época romana; B.Capasso'']</ref>.
 
O trazado urbano mantívose nas súas liñas principais, que serían a base da vila medieval, coa caracterización propia dunha cidade romana, con [[Senado romano|foro]] no canto da ágora, o templo dos Dióscuros, <ref>[http://www.scudit.net/mdpizza_napoli.htm ''Páxina sobre da Neápolis grecorromana; Giulia Grassi'' [http://www.scudit.net/mdpizza_napoli.htm]</ref> termas, dous teatros (un deles cuberto ou odeón), acueduto, fontes e cloacas. Produciuse unha expansión progresiva cara ao porto dende o suroeste, <ref>[http://www.francescocorni.com/disegni/miniature/Napoli_greco_romana_Citta_Napoli_Campania_Italia_A_Ur_CAM_Napoli2.jpg ''Recreación a vista de paxaro da cidade grecorromana'' [http://www.francescocorni.com/disegni/miniature/Napoli_greco_romana_Citta_Napoli_Campania_Italia_A_Ur_CAM_Napoli2.jpg]</ref> mesmo cunha ampliación das murallas en 556 d.C. polo xeneral bizantino [[Narsés (xeneral bizantino)|Narsés]].
 
Co final do Imperio e o ascenso do [[cristianismo]] apareceron os primeiros templos paleocristiáns coma o baptisterio de San Giovanni e a basílica de Santa Restituta, fundada polo emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]], que foron o xermolo ambos da primeira catedral de Neápolis.
 
=== Época medieval ===
Despois do breve período baixo o poder dos [[ostrogodos]], que confinaron no 476 ao último emperador [[Rómulo Augústulo]] no que fora a suntuosa vila de Lucullus, xa fortificada, na illa de Megaride, Nápoles pasou a órbita do [[Imperio Bizantino]] recuperando así a súa identidade grega, cuxa lingua volveu ser equiparada oficialmente co latín. Dende o [[século VII]] foi capital do [[Ducado de Nápoles]] que, co debilitamento do poder bizantino, rematou sendo independente no [[século IX]]. O pazo ducal sobre do antigo pretorio bizantino achábase no que sería o soar da futura [[Universidade de Nápoles Federico II|universidade federicana]]. A cidade encheuse das moitas igrexas e mosteiros fundados neste tempo <ref> ''Mapa interactivo de Nápoles con información pormenorizada da época medieval'' [http://maps.google.com/maps/ms?hl=en&ie=UTF8&msa=0&msid=202713283966559584978.00044815837450190c814&source=embed&ll=40.848813,14.257936&spn=0.015972,0.027509&z=15]</ref>.
 
En 1139 foi conquistada polos [[normandos]], que contaban co apoio papal, pasando a formar parte do seu [[Reino de Sicilia]] con capital en [[Palermo]]. Estes, ademais de iniciaren a fortificación definitiva do [[Castelo do Ovo]] na illa de Megaride, construíron o Castelo Capuano sobre dun anterior ''castrum'' bizantino no extremo leste da muralla e ampliaron esta inda máis ao suroeste, <ref> ''Mapa de Nápoles no século XI; B.Capasso'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_8a.jpg ''Mapa de Nápoles no século XI; B.Capasso'']</ref> a carón do porto, que adquiriu gran relevancia mesmo chegando a pertencer a [[Liga Hanseática]] no 1164.
 
En 1194, non habendo herdeiro normando, apoderouse do trono do reino o emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] Henrique VI Hohenstaufen. O seu sucesor [[Federico II]] converteu o Castelo Capuano en residencia real e fundou en 1224 os ''Studi Generali'', a Universidade de Nápoles, que é a universidade laica e estatal máis antiga do mundo. <ref>[http://www.unina.it/ Università degli Studi di Napoli - Federico II]</ref>
 
=== A capital do Reino de Nápoles ===
Liña 67:
Os anxevinos emprenderon deseguida unha labor de ampliación e embelecemento da nova sede real. Como residencia da corte erixiron fóra das murallas e xunto ao porto (que tamén ampliaron cun gran peirao, o ''Molo Grande'') unha nova fortaleza, o ''Maschio Angioino'' ou [[Castel Nuovo]] no 1282, onde serán invitados [[Giovanni Boccaccio|Boccaccio]], [[Petrarca]] e [[Giotto]]. Entre o castelo e a muralla, coa nova Porta Petruccia, aparece o ''Largo delle Corregge'', a actual Vía Medina, con pazos nobiliarios e edificios administrativos ademais de hospitais e o arsenal.
 
Outro castelo, o de Sant’ Elmo, sobre o outeiro do Vomero que domina a cidade, foi erixido no século seguinte. Ao seu carón áchase a Cartuxa de San Martiño.
 
As murallas foron refeitas na súa metade sur cunha ampliación ao sueste arredor da nova Praza do Mercado, trasladado dende o antigo foro e situado onde se erixe San Lorenzo Maggiore. Tamén dentro dos muros constrúense outras grandes igrexas: San Domenico Maggiore, Santa Chiara, con frescos de Giotto, e principalmente o Duomo, a nova catedral xunto a Santa Restituta e o baptisterio paleocristián ao leste da área do foro. <ref> ''Conxunto do Duomo coa catedral gótica a carón dos templos paleocristiáns, á esquerda'' [http://www.treccani.it/export/sites/default/Portale/resources/images/sito/scuola/dossier/archeologia/8_clip_image016.jpg]</ref>
 
[[Ficheiro:Tavola Strozzi - Napoli.jpg|700px|centro|miniatura|Nápoles no fin do medievo (''Tavola Strozzi'', 1473): Castel Nuovo e o Molo (peirao) Grande a carón da vella cidade amurallada.]]
Liña 75:
=== Desenvolvemento baixo o dominio español ===
[[Ficheiro:Napoli BW 2013-05-16 14-05-42 DxO.jpg|miniatura|esquerda|200px|Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.]]
En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da [[Coroa de Aragón]]. O [[humanismo]] renacentista vai ter un foco na corte de [[Afonso V de Aragón|Afonso I]] quen refai o Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso. <ref> ''Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal'' [http://farm4.static.flickr.com/3245/2902147627_7e2c44a503.jpg]</ref> Un novo recinto de murallas esténdese ata o castelo abarcando xa a área do ''Largo delle Corregge''. <ref> ''Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito'' [http://i50.tinypic.com/a0e16d.jpg]</ref> A poboación comeza a medrar por mor dunha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara a finais do século.
 
Nos dous séculos seguintes, baixo o goberno dos vicerreis do [[Imperio Español]], Nápoles mantivo a tendencia de forte crecemento económico e poboacional que a levaron a se converter nunha das maiores cidades de [[Europa]], con 300.000 habitantes, só por detrás de [[París]] e [[Londres]]. Tamén no cultural continuou a súa ascensión, con nomes coma os de [[Caravaggio]] e [[José de Ribera|Ribera]] o "''Spagnoletto''", [[Giordano Bruno]], T.Campanella ou [[Giambattista Vico]] asociados á Nápoles deste tempo.
Liña 81:
[[Ficheiro:Braun Napoli UBHD.jpg|miniatura|300px|Nápoles no século XVI.]]
 
O vicerrei [[Pedro Álvarez de Toledo]] (1532-1553) foi o artífice da cidade na nova época. Abriu a área urbana cunha nova expansión ao oeste da muralla, con bastións renacentistas, incrementando nun terzo a superficie arrodeada, ata o Castelo Sant’ Elmo, tamén refeito, e o Castelo do Ovo. Coma espiña dorsal da ampliación edificouse unha rúa rectilínea, chamada Vía Toledo na honra do vicerrei, que co tempo foi flanqueada por pazos, que, tanxente á vila medieval (de feito sobre o muro aragonés), serviu de base para a densa extensión reticular coñecida coma os ''Quartieri Spagnoli'' ("barrios españois"), en principio para aloxar ás tropas. <ref>. ''Traza dos Quartieri Spagnoli'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_10b.jpg . ''Traza dos Quartieri Spagnoli'']</ref><ref> ''Vista de Nápoles cos Quartieri Spagnoli apoiados na Vía Toledo, entre a zona do Largo delle Corregge e o Castelo Sant’ Elmo xunto a Cartuxa de S.Martiño no Vomero''[http://www.blunapoli.it/citta/cartografia/25505.jpg]</ref><ref> ''Idem detalle'' [http://www.palazzozevallos.com/images/foto_cartografia.jpg ''Idem detalle'']</ref> Ademais da pavimentación de rúas e a ampliación considerable dos arsenais erixiuse, no comezo da Vía Toledo preto do Castel Nuovo, o pazo do vicerrei onde no século seguinte se erixiría o futuro Pazo Real. <ref> ''O Pazo Vicerreinal ao comezo da Vía Toledo; Lafrey 1566, detalle'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-2.jpg ''O Pazo Vicerreinal ao comezo da Vía Toledo; Lafrey 1566, detalle'']</ref>
 
En efecto, no 1600 por encargo do entón vicerrei [[Fernando Ruiz de Castro Andrade]], [[Conde de Lemos]], e con proxecto de Domenico Fontana comezou a obra que vai configurar un dos puntos focais da cidade moderna. Entre a Vía Toledo e o mar, enfrontando o outeiro Pizzofalcone, a fachada porticada do pazo real abriuse a occidente nun novo espazo público nomeado daquela ''Largo di Palazzo''. <ref> ''Traza do século XVII coa área do Largo di Palazzo e o aínda novo Pazo Vicerreinal; nótese o desenvolvemento en ámbolos dous flancos de Vía Toledo'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante-94-05-3b.jpg]</ref><ref>''Vista do Largo di Palazzo cara á Vía Toledo'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-9.jpg]</ref><ref> ''IdemVista noutrado vista,Largo L.Coccorantedi Palazzo cara á Vía 1739Toledo'' ]</ref><ref>[http://www.robilantvoena.com/images/content/inventory/58/COCCORANTE-naples-65.5x156.jpg ''Idem noutra vista, L.Coccorante 1739'']</ref> No canto dun proxecto tamén de Fontana para ampliar o porto cun segundo gran peirao, que non foi posto en funcionamento ata o século XIX, o fronte costeiro por baixo do pazo foi acondicionado coma porto militar co arsenal do vicerrei no 1578 e unha dársena no 1666.
 
=== Capital borbónica ===
No [[século XVIII]] a cidade vai seguir crecendo cara ao oeste, pola vía Chiaia que parte do ''Largo di Palazzo'' rodeando Pizzofalcone, ata o barrio burgués de Chiaia na ribeira; e tamén cara ao norte, co barrio popular ao pé do outeiro de Capodimonte. <ref> ''Mapa de Nápoles co desenvolvemento do s.XVIII'' [http://historic-cities.huji.ac.il/italy/napoli/maps/stockdale_1800_napoli_m.jpg ''Mapa de Nápoles co desenvolvemento do s.XVIII'']</ref>
 
Antes de acceder ao trono español, [[Carlos III de España|Carlos III]] de Borbón era monarca dun Reino de Nápoles novamente independente trala [[Guerra de Sucesión Española]] e un breve período de goberno austríaco. Coma despois en [[Madrid]], tamén foi un bo "alcalde" para Nápoles. Baixo o seu goberno a cidade acadou o seu cénit como capital europea.<ref name=ref_duplicada_1>[http://www.realcasadiborbone.it/ita/archiviostorico/primati.htm Real Casa de Borbón de las Dos Sicilias]</ref>
 
O rei freou a extensión dos bens eclesiásticos e desconxestionou a cidade abatendo parte das murallas. Construíu o xigantesco Albergue de Pobres e a Vila Real de Capodimonte na expansión da cidade cara ao norte. <ref> ''Planta de Nápoles de 1790; no extremo norte o gran edificio do Albergo dei Poveri e o Pazo de Capodimonte'' [http://sit.regione.campania.it/cavitapianura/cartografia/06190.jpg]</ref><ref> ''Vista de Nápoles dende o leste: o Pazo di Capodimonte no centro arriba, a longa fachada do Albergue (354m) a media ladeira á dereita; Tavola Duca di Noja 1775 [http://quinapoli.altervista.org/Siti_dArte/1775-DucaDiNoja-B.jpg]</ref> mentres no conxunto do xa Pazo Real acaroou o Teatro de San Carlo <ref>. ''Planta da área do Pazo Real no século XVIII xa co Teatro de San Carlo; nótese o arsenal vicerreinal e a dársena militar do XVII'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-4.jpg]</ref>. Asemade impulsou as escavacións arqueolóxicas de [[Herculano]] e [[Pompeia]] que deron nacemento ao [[Neoclasicismo]] e á fundación polo seu sucesor do Museo Arqueolóxico.
[[Ficheiro:Napoli-piazzaplebiscito01.jpg|miniatura|195px|esquerda|Praza do Plebiscito cara ao outeiro Pizzofalcone; de diante S.Francisco de Paula e a columnata en [[exedra]].]]
[[Ficheiro:Sant elmo da pleb.JPG|miniatura|195px|Praza do Plebiscito cara a V. Toledo o Pazo Real á dereita, Pazo da Prefectura en fronte e Castelo Sant’ Elmo no Vomero.]]
Foi no breve período de ocupación napoleónica, de 1805 a 1815, cando o ''Largo di Palazzo'' foi reorganizado coma unha verdadeira gran praza e centro representativo da capital, o Foro Murat, actual Praza do Plebiscito: un monumental hemiciclo columnado coa posterior igrexa de San Francisco de Paula, de estilo neoclásico segundo o [[Panteón de Roma]], coma centro fronte á fachada do Pazo Real. <ref> ''Planta do conxunto da Praza do Plebiscito: pechando os laterais foron erixidos dous pazos de fachadas simétricas entre finais do XVIII e 1825'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-21.jpg]</ref><ref>[http://farm3.static.flickr.com/2402/2505798232_7c3879b9fa.jpg ''Vista aérea do conxunto da Praza do Plebiscito'' [http://farm3.static.flickr.com/2402/2505798232_7c3879b9fa.jpg]</ref> Noutro extremo da vila, o amplo baleiro da Praza do Mercado medieval fora reordenado xa a finais do século XVIII cunha proposta semellante inda que a escala moi modesta. Tamén de época napoleónica foi a continuación do eixo de Vía Toledo cara ao norte dende o Museo Arqueolóxico ata Capodimonte, chamada ''Corso Bonaparte''.
 
=== O saneamento de Nápoles: os ''sventramenti'' ===
Liña 99:
[[Ficheiro:Brogi, Carlo (1850-1925) - n. 10209 - Napoli - Interno della Galleria Umberto I - Architetto Ernesto de Mauro.jpg|miniatura|150px|esquerda|Galería Umberto I.]]
[[Ficheiro:Sancarlo05.jpg|miniatura|128px|O Teatro S.Carlo e a entrada da galería dende a Praza Trieste e Trento.]]
Así no trazado consolidado abríronse novas estradas para desconxestionar o vello tecido: a Vía Duomo, no trazado grecorromano, e o ''Corso Umberto I'', dende a ''Praza Garibaldi'' diante da estación ao leste ata a zona do Castel Nuovo. <ref> ''Planta de detalle do trazado do Corso Umberto I 8coñecido coma Rettifilo)'' [http://www.bancaditalia.it/media/fotogallery/altro/arch_sto_doc/doc13/13_650.jpg]</ref>. Outras arterias permitiron a expansión de novos barrios: o ''Corso Vittorio Emanuele'', rodeando a cidade polo oeste ao pé dos outeiros, facilitou o desenvolvemento dos burgueses barrios de Vomero e Chiaia, coa ribeira entre Pizzofalcone e Mergellina. <ref> ''Planta de Nápoles coas actuacións na ribeira (tamén trazado do Corso Umberto I e pódese apreciar a perpendicular da Vía do Duomo)'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_12b.jpg]</ref>. No leste, arredor da estación, nunha zona de sempre pantanosa, foron implementados os novos barrios obreiros, Vicaria, Arenaccia e Zona Industriale. <ref>[http://i41.tinypic.com/210c6s3.jpg ''Mapa do Plan de Risanamento de Nápoles cos novos barrios'' [http://i41.tinypic.com/210c6s3.jpg]</ref>
 
Finalmente, na área nobre da urbe, foi reordenada a Praza Municipio, a carón do Castel Nuovo e o concello <ref> ''Vista de época da Praza Municipio'' [http://www.fotonapoli.it/urbane/slides/Municipio%20(Piazza%20del).%20Veduta%20dal%20faro..jpg ''Vista de época da Praza Municipio'']</ref> e construída a monumental Galería Umberto I fronte ao Teatro San Carlo <ref> ''Fotografía dende a Praza Trieste e Trento das fachadas enfrontadas da Galería Umberto I (esquerda) e do Teatro San Carlo; ao fondo Castel Nuovo'' [https://archive.is/20120712074358/i56.tinypic.com/2u4jwic.jpg]</ref>. Na ribeira leste do Pizzofalcone, xunto ao Castelo do Ovo, en terreos gañados ao mar foi edificado o pequeno Borgo de Santa Lucía. <ref>[http://digilander.libero.it/SuperTim/immagini/SantaLucia2004.jpg ''Planta da zona de Pizzofalcone co novo Borgo de Santa Lucía'' [http://digilander.libero.it/SuperTim/immagini/SantaLucia2004.jpg]</ref><ref> ''Mapa detallado do centro de Nápoles, 1893'' [http://freepages.genealogy.rootsweb.ancestry.com/~itasicily/maps/1893_napoli-2.jpg ''Mapa detallado do centro de Nápoles, 1893'']</ref>
 
=== Século XX ===
No [[século XX]] Nápoles vai quedar relegada ao papel de capital do sur de Italia, o ''Mezzogiorno'', converténdose con diferencia na zona máis atrasada do país, cunha emigración endémica e arraigados problemas de crime organizado que infiltran a vida civil e política.
 
O desenvolvemento da cidade continuou da man da importancia do seu porto, que experimentou unha constante expansión cara ao leste. <ref> ''Planta do Porto de Nápoles'' [http://www.porto.napoli.it/img/PlanimetriaConLegenda.jpg ''Planta do Porto de Nápoles'']</ref> Durante o período fascista, precisamente co gallo das ambicións imperialistas do ditador, a cidade foi elixida para a construción da Mostra d’Oltramare (1937), un parque feiral permanente na periferia oeste, en Fuorigrotta, nos Campos Flégreos.
 
Nápoles resultou moi danada na [[Segunda Guerra Mundial]] e a recuperación posterior foi lenta e chea de ilegalidades que incrementaron a conxestión. Dende os anos sesenta o plan de [[Kenzo Tange]] para un centro de negocios ao leste da estación que revitalizase a zona e tamén toda a cidade non foi posto en funcionamento ata os anos noventa (Centro Direzionale <ref>[http://architettura.unipa.it/lopiccolo/2/5-PRG1939TentatividiVarianti.jpg ''Variantes do Plano Xeral de 1939 (base do de 1958) ''[http://architettura.unipa.it/lopiccolo/2/5-PRG1939TentatividiVarianti.jpg]</ref>), e simboliza a esperanza de futuro da vella Neápolis <ref> ''Vista aérea do porto de Nápoles cos rañaceos do Centro Direzionale enriba das vías no centro da imaxe'' [http://www.paestum.de/jpg/napoli/napol5a309_75.jpg]</ref>.
 
== Notas ==