Ieti: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
m Arranxos varios using AWB |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:B5bugerbear.jpg|miniatura|250px|Recreación dun Ieti.]]
{{Contén texto tibetano}}
O '''Ieti''', '''Yeti''' (do [[lingua tibetana|tibetano]] གཡའ་དྲེད, ''yeh-teh'') ou '''Abominábel Home das Neves''' ou segundo os [[Lama (budismo)|lamas]] do [[Himalaia]] '''Migu''', é o nome que se dá a unha criatura mítica (un [[Criptozooloxía|críptido]]) que supostamente vive nas zonas boscosas da rexión do Himalaia, e que se interpreta como un [[simio]] xigante bípede emparentado co [[Pé Grande]] norteamericano (''bigfoot'' ou ''[[sasquatch]]'', outra criatura misteriosa, que viviría nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ou no [[Canadá]]).
Segundo a [[lenda]] os ietis serían descendentes dun rei [[Mono (animal)|mono]] que casou cunha [[ogro|ogra]]. Pero até hoxe, ninguén conseguiu unha proba da súa existencia, contándose só con moitos relatos que o describen. O rexistro visual máis famoso ocorreu co explorador [[Anthony Wooldridge]] en [[1986]]. El estaba acampado nas [[montaña]]s do [[norte]] da [[India]], e vería o ieti a algúns metros do campamento. Segundo el, o ieti permanecería inmóbil durante 45 minutos. Despois de que o lugar fora examinado, descubriuse que o ieti avistado non era máis que unha pedra coberta de [[neve]]. Anthony Wooldridge admitiu que se enganara.
O goberno de [[Nepal]] declarou oficialmente, en [[1961]], que o ieti existe.
Segundo se di, mide 2 metros de altura, como o seu parente o ''bigfoot'', e tamén se relatou que posúe o mesmo cheiro fétido, característicos das criaturas citadas en varias civilizacións, como o [[mapinguari]], na Amazonia, o [[sasquach]], no Canadá, o ''bigfoot'' nos Estados Unidos, ''Skunk Ape'' en Florida e o ''rang Pendek'', en Indonesia; todos eles teñen existencia non confirmada.
Liña 12:
Os que cren na súa existencia considérano un parente distante do [[Pongo|orangután]] e descendente do ''[[Ramapithecus]]'' que habitou na cordilleira do Himalaia hai millóns de anos; e que polas características que presentaría, posibelmente estea emparentado co [[Pé Grande]] e o [[Wendigo]]. Porén, non existen probas concluíntes da existencia deste [[primate]]. Incluso outras investigacións relacionan ao ieti cos [[oso]]s.
Segundo outros autores, como o paleontólogo [[Juan Luis Arsuaga]], os [[primate]]s en xeral e os [[simio]]s en particular só viven en lugares onde existen froitas todo o ano, é dicir, nas zonas tropicais. Ademais, tampouco hai primates nas estepas, nin nos piñeirais mediterráneos, nin nos bosques de coníferas.<ref name="odisea">[[Jacques Malaterre]], La odisea de la especie - serie documental, [[France 3, RTBF]], [[París]], [[2002]], Depósito legal en España M-40886-2003</ref>
En [[1936]], o xeólogo [[Suíza|suízo]] [[Augusto Gansser]] efectuou unha viaxe de exploración durante 8 meses ao [[Garhwal]], entre o [[Nanga Parbat]] e o [[Everest]], no corazón do Himalaia. Tivo entón noticia deste ser, mítico ou real: o ieti.
En abril de [[1942]], [[Slavomir Rawicz]], polaco prisioneiro dos rusos que fixo o camiño cara á India setentrional despois de evadirse do gulag siberiano, dezaoito meses máis tarde, cando cruzaba algunha parte da fronteira do Tíbet e o Sikkim viu dúas criaturas cuxa silueta recordaba "''a un oso ou a un deses grandes simios do tipo do orangutan''". Esta información apareceu nun relato controvertido (que serviu, en parte, para escribir o guión da película de Peter Weir (2010) ''The way back'') e cuxa versión francesa foi publicada en 1957.
Se o ieti xa foi mencionado en [[Europa]] desde o [[século XIX]], foron as fotos de supostas pegadas traídas pola expedición Shipton ao [[Everest]], en [[1951]] as que o revelaron ao público xeral occidental.
En [[1973]] o montañeiro, xornalista e avogado español [[César Pérez de Tudela]] afirmou ter avistado, na baixada do [[Annapurna]], o ieti.<ref name="Yo vi al yeti">{{cita web | url = http://blog.cesarperezdetudela.com/index.php/2008/03/el-yeti-sigue-existiendo | título = ¿El Yeti sigue existiendo? | páxina-web=Blog oficial de Cesar Pérez de Tudela |lingua=es}}</ref>
Liña 26:
En xullo de [[1986]], nun val perdido do Himalaia, [[Reinhold Messner]] ve por premeira vez unha criatura impactante que lle recorda os relatos dos [[sherpa]]s sobre o ieti <ref>Reinhold Messner : ''Yeti – Legende und Wirklichkeit''. Frankfurt, S. Fischer, 1998, ISBN [[3-596-14737-9]].</ref>.
[[Ficheiro:DhaulagiriMountain.jos.500pix.jpg|miniatura|250px|dereita|O [[Dhaulagiri]], onde explorou o grupo xaponés de Yoshiteru Takashi.]]
En [[1997]], como outros occidentais antes deles, dous aventureiros franceses, Alexandre Poussin e [[Sylvain Tesson]], descubriron, franqueando o ''[[Bobang pass]]'' na [[Caxemira]] india, misteriosas pegadas na neve que non serían, segundo eles, nin as dun home, nin as dun oso.
En [[2008]] un grupo de investigación xaponés encabezado polo científico Yoshiteru Takashi, líder do proxecto ieti nipón, percorreu durante 42 días a rexión da alta montaña Dhaulagiri IV, deixando constancia de que fotografaron presuntas pegadas duns 45
Takashi asegura que volverá a Nepal e ao Tíbet durante os próximos anos e non deixará o proxecto até que o seu grupo obteña probas fidedignas da existencia do ser lendario máis buscado do planeta.
<ref>[http://web.archive.org/web/20081028202623/http://afp.google.com/article/ALeqM5g3sxfZeA05KmyOueqZY-Ewkp5QVw Des Japonais affirment avoir trouvé des empreintes du yéti dans l'Himalaya]</ref>.
En [[2013]], un grupo de científicos das universidades de [[Universidade de Oxford|Oxford]] e de [[Lausana]] fixeron un chamamento a aquelas persoas que dicían ter restos destas criaturas. Fíxose unha análise do [[ADN mitocondrial]] do xene 12S RNA en mostras de pelo dun animal descoñecido procedentes de [[Ladakh]] no norte da [[India]] ao oeste do [[Himalaia]] e doutras procedentes de [[Bután]]. Estas mostras foron comparadas coas que hai no GenBank, a base de datos de secuencias xenéticas do NIH (Instituto Nacional de Saúde) dos [[EUA]], e coincidiron cunha mostra dunha mandíbula dun antigo [[oso polar]] atopado en [[Svalbard]], [[Noruega]], que tiña unha antigüidade de entre 40.000 a 120.000 anos.<ref name=bbc>{{cite web|título=British scientist 'solves' mystery of Himalayan yetis|url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-24564487|publisher=[[BBC]]|accessdate=17 de outubro de 2013}}</ref> O resultado suxire que, desbotando falsificacións de mostras ou contaminación das mesmas, os osos desas rexións poden ser o chamado ieti.
{{Cita|Creo que este oso, que ninguén viu vivo, pode seguir estando alí e pode ter bastante de oso polar. Pode ser algún tipo de híbrido e o seu comportamento é diferente do dos osos normais, que é o que as testemuñas contan, penso que esta pode ser a fonte do misterio e da lenda.|author=[[Bryan Sykes|Dr. Bryan Sykes]]|source=[http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-24564487 ''BBC News'' (17 October 2013)]<ref name="BBC-20131017">{{cite web|url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-24564487|title=British scientist 'solves' mystery of Himalayan yetis|author=Staff|date=17 October 2013 |work=[[BBC News]]|accessdate=22 October 2013}}</ref><ref name="AP-20131017">{{cite web |last=Lawless |first=Jill |title=DNA Links Mysterious Yeti To Ancient Polar Bear |url=http://apnews.excite.com/article/20131017/DA9G5VB01.html |date=17 October 2013 |work=[[AP News]] |accessdate=22 de outubro de 2013 }}</ref>}}
== Características e variantes rexionais ==
O ieti sería un [[primate]] veludo, cunha cara que recordaría á dun [[home]]. A súa estatura sería de entre 1,50 a 3,75 metros. A súa marcha bipede asemellaríase más á dun [[úrsido]] que á dun [[primate]]. Isto está en contradición co feito de que as pegadas supostas puideron seguirse ao longo de grandes distancias; un [[oso]] non pode, en efecto, marchar de pé máis que algúns metros.
A existencia de seres simiescos lendarios está referenciada en numerosas rexións do mundo:
Liña 58 ⟶ 57:
* imposibilidade de que unha poboación vivente se manteña no curso do tempo con menos de 200 ou 500 individuos (e en consecuencia pasar case sen percibir, incluso polas expedicións que se fixeron na súa busca),
* lixeireza da maior parte das testemuñas e das observacións, ao tempo que a autenticidade de certas probas foi contestada <ref>[http://www.sceptiques.qc.ca/dictionnaire/bigfoot.html Sasquatch (et autres géants velus mythiques)]</ref>,
* coherencia entre as descricións e os mitos ligados aos homes salvaxes que parecen constituír un tema universal entre as sociedades humanas das montañas (cf. ''[[Almasty]]'', ''[[Basajaun]]'' etc.)<ref>
As hipóteses concernentes á orixe e a natureza do ieti son numerosas. Unha delas faino descender dun gran [[simio]] que se achou na [[República popular de China|China]] do sur no [[Plistoceno]], o [[xigantopiteco]]. Outros relaciónano con primates fósiles da [[India]] ou co [[orangután]], e algúns co [[home de Neandertal]].
Liña 64 ⟶ 63:
Segundo [[Bernard Heuvelmans]], doutor en zooloxía da Universidade libre de [[Bruxelas]], as tradicións que xiran o redor do home das neves poderían levar a tres tipos de primates cuxas áreas de distribución superpóñense ás veces.
Fóra das numerosas testemuñas, os principais indicios que parecen acreditar a tese da existencia do ieti son as pegadas de pasos característicos na neve, [[excremento]]s nos que o estudo parasitolóxico revelaría a presenza de especies de [[Parasito]]s intestinais aída descoñecidos e pelos dos que o estudo por un científico do Museo nacional de historia natural de Francia parecen indicar que proveñen dun primate próximo ao orangután.
Certos [[Criptozooloxía|criptozoólogos]] como [[Richard D. Nolane]] pensan que o xigantopiteco sería verosibelmente o ancestro probábel do ieti e do ''[[Bigfoot]]'', o equivalente norteamericano do ieti: o xigantopiteco atravesaría o [[estreito de Bering]] para alcanzar o continente americano <ref>Richard D. Nolane, ''Sur les traces du yéti et autres créatures clandestines'', Collection Plein Sud, 1998.</ref> .
Liña 72 ⟶ 71:
== Supostas reliquias do ieti nos mosteiros budistas ==
[[Ficheiro:Yetiscalp.JPG|miniatura|250px|Suposto [[coiro cabeludo]] dun ieti, no mosteiro de [[Khumjung]], en [[Nepal]].]]
Nalgúns mosteiros de [[Nepal]] consérvanse restos supostamente pertencentes ao ieti, pero que posteriormente se demostrou que son dun tipo de cabra local. Por outra banda é moi dubidosa a existencia de simios de semellante tamaño.
Nos mosteiros budistas de [[Khumjung]], [[Pangboche]] e [[Namché Bazam]], en Nepal, dise que conservan como reliquias os coiros cabeludos ou escalpos de ietis (ademais dunha suposta man incorrupta no de Pangboche). En [[1961]], tras un estudo efectuado da cabeleira de Khumjung, deuse a coñecer que pertencía a outra especie de animal, un parente do [[rebezo]], o [[serau]] do Himalaia, ''Capricornis thar'', e non a un primate descoñecido. O obxecto en cuestión, é un tipo de carapucha que adoitan utilizar os monxes nas súa danzas rituais. A dos outros mosteiros estaban confeccionadas do mesmo xeito. Estes artiluxios venéranse e son considerados como auténticas reliquias polos monxes do mosteiro porque son antigos (teñen máis de trescentos anos).
|