Lingua congo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 29:
}}
 
O '''kikongo''' ou '''kongo''' é a [[Linguas bantú|lingua bantú]] falada polos habitantes dos bosques tropicais da [[República Democrática do Congo]], do [[República do Congo]] e de [[Angola]].
 
== Historia e características ==
Foi utilizada como [[lingua franca]] nos [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] en boa parte de [[África occidental]], especificamente onde os europeos tomaban [[escravo]]s para levalos para [[América]].
 
Por esta razón, a lingua kikongo sobrevive aínda, nun grao limitado, no [[Caribe (rexión)|Caribe]], mais a maioría dos seus falantes viven en [[África]].
 
Hai sete millóns de falantes nativos de kikongo, e dous millóns úsana como segunda lingua. É base tamén de varios dialectos para usos comerciais e de intercambio interetnico.