Jaime Cortesão: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Jaime Zuzarte Cortesao.gif|miniatura|dereita|250px|Jaime Cortesão (c. 1910).]]
 
'''Jaime''' Zuzarte '''Cortesão''', nado en [[Ançã]], [[Cantanhede]] o [[29 de abril]] de [[1884]] e finado en [[Lisboa]] o [[14 de agosto]] de [[1960]])<ref name="Travessa">[http://cvc.instituto-camoes.pt/figuras/jcortesao.html Elisa Neves Travessa, ''Figuras da Cultura Portuguesa : Jaime Zuzarte Cortesão'' na páxina do ''Instituto Camões''].</ref>, foi un médico, político, escritor e [[historia]]dor [[Portugal|portugués]]. Fillo do [[Filoloxía|filólogo]] [[António Augusto Cortesão]], irmán do [[Historia|historiadorhistoria]]dor [[Armando Cortesão]] e pai da [[Ecoloxía|ecoloxista]] [[Maria Judith Zuzarte Cortesão]].
 
== Traxectoria ==
Jaime Cortesão Estudou no [[Porto, Portugal|Porto]], en [[Coimbra]] e en [[Lisboa]], licenciándose en [[Medicina]] en [[1909]]. Foi profesor no Porto de [[1911]] a [[1915]], cando foi elixido [[deputado]] por aquela cidade. En plena [[Primeira Guerra Mundial]] defendeu a participación do país no conflito, intervindo como voluntario do [[Corpo Expedicionário Português]], no posto de capitán médico, experiencia que relatou nas súas memorias<ref>[http://www.arqnet.pt/portal/biografias/jaime_cortesao.html Nota biográfica de Jaime Cortesão no ''Portal da História''].</ref><ref>''Enciclopédia Luso-Brasileira de Cultura'', 6.ª edição.</ref>.
 
Fundou, con [[Leonardo Coimbra]] e outros intelectuais, en [[1907]] a revista ''[[Nova Silva]]''. En [[1910]], con [[Teixeira de Pascoaes]], colaborou na fundación da revista ''[[A Águia]]'' e en [[1912]] iniciou ''[[Renascença Portuguesa]]'', que publicaba o boletín ''[[A Vida Portuguesa]]''. En [[1919]] foi nomeado director da [[Biblioteca Nacional de Portugal]]. En [[1921]] abandonou a ''Renascença Portuguesa'' e foi un dos fundadores da revista ''[[Seara Nova]]''.
 
Participou nunha tentativa de derrube da ditadura militar portuguesa, presidindo a Junta Revolucionária establecida no Porto. Por ese motivo foi destituído do seu cargo na Biblioteca Nacional de Lisboa en [[1927]]. Exiliouse en [[Francia]], de onde saíu en [[1940]], cando foi invadida polas forzas da [[Alemaña Nazi]] no contexto da [[Segunda Guerra Mundial]]. Dirixiuse ó [[Brasil]] a través de Portugal, onde foi detido por un curto período de tempo<ref name="Travessa"/>.
 
Xa no Brasil, estableceuse no [[Rio de Janeiro (cidade)|Rio de Janeiro]], dedicándose ó ensino universitario. Especializouse na historia dos [[Descubrimentos portugueses]] (da que resultou a publicación dunha obra homónima) e na formación territorial do Brasil. En [[1952]] organizou a ''Exposição Histórica de São Paulo'', para conmemorar o 4.º centenario da fundación da cidade.
Liña 64:
* [http://www.infopedia.pt/$jaime-cortesao Jaime Cortesão na ''Infopedia'']
 
{{ORDENAR:Cortesao, Jaime}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cortesao, Jaime}}
[[Categoría:Escritores de Portugal]]
[[Categoría:Poetas]]