José Luis Oltra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 87:
Ao comezo da tempada 2005–06, o Levante UD confiou en José Luis Oltra para construír o seu novo equipo, co que regresar a [[Primeira División Española|Primeira División]], pero, tras dez xornadas, foi destituído, estando o equipo na metade da táboa. A seguinte tempada, o [[Ciudad de Murcia]], que loitaba por ascender a Primeira División, contratou ao técnico valenciano, o cal deixou ao equipo en cuarta posición. O modesto equipo murciano non conseguiu o seu obxectivo, aínda que logrou a mellor clasificación da súa historia.
 
O éxito do seu traballo á fronte do Ciudad de Murcia levou a grandes equipos da categoría a interesarse pola súa situación. Ao final, o [[CD Tenerife]] conseguiu a súa contratación en [[2007]], ofrecéndolle un contrato por un ano. Na súa primeira tempada consumou unha traxectoria irregular, con moita solidez como local e resultados pobres nos desplazamentos, acabando undécimo. A pesar deste resultado, obtivo a renovación por outra campaña. José Luis Oltra logrou consolidarse como adestrador e ser na tempada 2008–09 un dos mellores adestradores que tivera o equipo insular, conseguindo o ascenso do CD Tenerife á Primeira División de España cunha vitoria ante o [[Girona FC]] (0–1), e gañándose o afecto da afección ''chicharrera''. O equipo canario acabou terceiro con 81 puntos.
 
O [[29 de agosto]] de [[2009]], o adestrador regresou á Primeira División española. No seu primeiro encontro, fronte ao [[Real Zaragoza]], o conxunto do técnico valenciano cae derrotado (1–0) nun partido claramente dominado polo conxunto ''chicharrero''. A súa primeira vitoria chegou no coliseo insular contra [[CA Osasuna|Osasuna]], unha xornada despois, o [[12 de setembro]] de 2009, que coincidiu co debut como local na tempada do CD Tenerife en Primeira División (2–1). Finalmente, o equipo descendeu á Segunda División e o club non renovou o seu contrato, o que supuxo un duro golpe para a afección ''chicharrera'', quen confiaba para a seguinte tempada cos servizos do técnico ao que se substituíu sen un candidato aparente. Máis tarde despediuse nunha emotiva rolda de prensa na que quedou patente a profesionalidade e bo facer do técnico así como o cariño que sentía cara [[Tenerife]], lugar ao que chegou coa súa muller e os seus dous fillos, un deles recén nado, Miguel. O [[18 de setembro]] de [[2010]], máis de 14.000 afeccionados no [[Estadio Heliodoro Rodríguez López|Heliodoro Rodríguez López]] corearon o seu nome ante a directiva para pedir a súa volta á illa. O CD Tenerife perdera os primeiros partidos do ano.
Liña 117:
{{Deportivo da Coruña na tempada 2011/12}}
 
{{ORDENAR:Oltra, Jose Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Oltra, Jose Luis}}
[[Categoría:Nados en 1969]]
[[Categoría:Nados en Valencia]]