Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Fillo de [[Fiz de Guzmán]], considerado venerable pola [[Igrexa Católica]] e de [[Xoana de Aza]], proclamada Beata pola mesma Igrexa. Tivo dous imáns: Antonio, tamén venerable, e [[Manés de Guzmán]] que se lle uniría á orde dominica e foi declarado beato.
 
Cara os seis anos, foi confiado a un tío seu, que era arcipreste en [[Gumiel de Izan]], para que o educase. A os catorce ingresou no [[Estudo Xeneral de Palencia]], un dos máis importantes dos reinos cristiáns peninsulares. Alí estudou artes liberais e teoloxía.
 
Vivía só, con escaso mobiliario e os seus moitos libros. Sendo aínda novo, declarouse unha gran fame nesas terras castelás e Domingos converteu o seu cuarto nunha ''Esmola'' ao que acudían os necesitados en busca de axuda material. Tendo Domingos vendido todo canto tiña, acordou desprenderse tamén dos seus prezados libros. Ante a oposición dos seus achegados, declarou que non podía quedarse con esas peles secas mentres os seus irmáns en carne viva morrían á fame.
 
Por aquel entón, estando en guerra Castela contra os reinos islámicos, acudiu a el unha muller desconsolada porque o seu irmán fora apreixado polos mouros. Domingos entón decidiu venderse como escravo para rescatar ao prisioneiro. Isto causou fonda impresión nos cidadáns de Palencia e suscitouse un movemento espontáneo e colectivo de solidariedade que aliviou as necesidades dos desfavorecidos e conseguiu o rescate do refén.
Liña 18:
[[Ficheiro:Inkvisisjonen.jpg|esquerda|miniatura|200px|San Domingos e os albixenses, por [[Pedro Berruguete]].]]
 
O rei [[Afonso IX|Afonso VIII]] encargou ao bispo de Osma [[Diego de Acebes]] desprazarse a [[Dinamarca]] para concertar o matrimonio do seu fillo [[Fernando III de Castela|Fernando]] cunha dama daquel país. O bispo fíxose acompañar de Domingos. Nese periplo comprobaron como especialmente [[Occitania]] pero tamén [[Francia]], [[Renania]], [[Flandres]] e [[Lombardía]] estaban influídas por doutrinas que se afastaban do cristianismo católico e que estaban favorecidas por condes e outros señores e poderes civís. Particularmente espallados estaban os [[cátaros]] e a doutrina [[albixense]]. Esta sostiña que o Deus creador non era o Deus Bo senón un malévolo demiúrgo de onde saen a corrupción e a morte. Sendo o corpo e a materia algo malo e perverso, [[Xesús de Nazaret]] non se tiña [[encarnación|encarnado]], nin tiña morto realmente na [[cruz]], e sendo os [[sacramento (relixión)|sacramentos]] referentes a obxectos materiais, estes eran falsos e perniciosos agás a confesión. Vivían nunha rigorosa austeridade, rexeitaban a sexualidade e toleraban o matrimonio para aqueles que non tivesen aínda a condición de ''perfectos''.
 
Na súa primeira estadía en [[Tolosa, Francia|Tolosa]], Domingos puido coñecer como o seu hospedeiro, profesando o que el consideraba herexías, facía gala dun importante bagaxe de argumentacións e coñecementos contra a fe católica. Toda a noite estivo parolando con el ata que o converteu, pero ficou impresionado da formación dos herexes máis comúns e da súa coherencia de vida. En chegando a Dinamarca, comprobou que no norte de Europa non só non había herexes senón pagáns que aínda non coñecían o cristianismo. Caso dos [[cumanos]], un pobo con sona de fero procedente do Leste.
 
Nunha viaxe de volta, Domingos determinou quedarse en Occitania onde predicadores albixenses eran secundados pola poboación mentres os monxes católicos, máis centrados na vida ascética e monacal, non se mesturaban co pobo coa intimidade e proximidade dos divulgadores cátaros. Por outra banda, o catolicismo aparecía anquilosado nas estruturas xerárquicas que impedían a predicación espontánea do catolicismo.
 
Pero o que foi determinante para a súa vocación futura foi o escándalo que lle produciu ver como os legados do [[Papa]] e predicadores enviados por [[Roma]] para combater a herexía viñan ateigados de boato e pomba en fastuosos carruaxes completamente alleos ás arelas da autenticidade evanxélica que as xentes do común vían moito mellor cumpridas entre aos austeros e rigorosos cátaros. En [[1207]], nun encontro en [[Montpellier]] cos legados cistercienses do Papa, Domingos defendeu que había que volver a coherencia evanxélica predicando dende unha vida coherente de amor polos necesitados, pobreza e desprendemento. Así o bispo de Osma renunciou a todo boato episcopal e el e Domingos renunciaron a toda comodidade, empezaron a camiñar descalzos, sen casa nin acubillo propios, con roupaxes humildes e non consentido que se lles chamase máis que irmáns ou freires. Tratábase de vivir como os primeiros [[apóstolo]]s e discípulos de Cristo.