Borussia Dortmund: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 52:
== Historia ==
=== Primeiros anos ===
En novembro de [[1901]] foi fundada unha organización xuvenil baixo a [[Parroquia eclesiástica|parroquia]] [[Catolicismo|católica]] da "Trindade" (en [[Lingua alemá|alemán]] ''Dreifaltigkeit''). O [[19 de decembro]] de [[1909]] un grupo deses mozos, descontentos coa supervisión da [[Parroquia eclesiástica|parroquia]] onde se xogaba ao fútbol baixo a mirada severa do sacerdote, fundaría o club. O Padre Dewald, enfadado, tratou de impedir a xuntanza, que se estaba a celebrar nunha sala do pub local Zum Wildschütz, pero foi bloqueado na porta. Os fundadores foron Franz e Paul Braun, Henry Cleve, Hans Debest, Paul Dziendzielle, Julius e Wilhelm Jacobi, Hans Kahn, Gustav Müller, Franz Risse, Fritz Schulte, Hans Siebold, August Tönnesmann, Heinrich and Robert Unger, Fritz Weber e Franz Wendt. O nome Borussia (en latín [[Prusia]]), podería ter sido tomado da cervexa Borussia da próxima fábrica de cervexa homónima de Dortmund.
 
O equipo comezou xogar con camisas de raias azuis e brancas, cunha franxa vermella, e pantalón negro. En [[1913]] comezaron a utilizar raias negras e amarelas, tan familiares hoxe en día. Nas seguintes décadas o club tivo un éxito moderado xogando en ligas locais. En [[1929]] rozou a bancarrota cando, nunha tentativa por impulsar o club, comezouse a pagar a futbolistas profesionais. Isto fracasou estrepitosamente deixando ao equipo afundido en débedas. Sobreviviron grazas á xenerosidade de seareiros do club que cubriron o déficit do equipo do seu propio peto.
Liña 61:
A West Oberliga, unha liga de primeira división na que xogaba o Borussia, dominou o fútbol alemán durante finais dos anos [[1950]]. O club conseguiu o seu primeiro título nacional en [[1956]] cun 4-2 contra o [[Karlsruher SC]]. Un ano máis tarde, o Borussia gañou con exactamente o mesmo equipo o seu segundo título nacional. Despois deste triunfo os tres Alfred (Alfred Preißler, Alfred Kelbassa e Alfred Niepieklo) convertéronse en lendas en Dortmund. En [[1963]] o Borussia Dortmund gañou a última final antes da creación da [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] ante o [[1. FC Köln]]. Foi o seu terceiro título nacional.
 
O Borussia gañou en [[1963]] o seu lugar entre os equipos escollidos para xogar na nova liga profesional creada pola [[Federación Alemá de Fútbol]] (DFB). O primeiro gol do Borussia no campionato foi obra de Friedhelm Konietzka apenas no minuto un dun partido que finalmente perdería ante o [[Werder Bremen]] por 2 a 3. En [[1965]], os de Dortmund conquistaron a súa primeira Copa de Alemaña.
 
Ao ano seguinte conseguirían o primeiro título internacional para un club alemán, a [[Recopa de Europa de fútbol|Recopa de Europa]]. Pese ao gran triunfo continental, cedeu o liderado da liga ao perder catro dos últimos cinco partido do campionato, terminando segundo a tres puntos do campión, o [[1860 München]]. Ironicamente gran parte do éxito dos [[Múnic|muniqueses]] chegou por mor da fichaxe a última hora dun xogador do Borussia, Konietzka. Os anos [[1970]] caracterizáronse polos problemas financeiros e o descenso á [[2. Bundesliga|segunda división]] en [[1972]], así como a apertura do seu actual estadio: o [[Signal Iduna Park]] (daquela coñecido como Westfalenstadion). O club conseguiu regresar á [[1. Bundesliga]] en [[1976]], aínda que seguiu padecendo problemas financeiros durante os anos [[1980]]. O BVB evitou descender de novo en 1986 ao gañar o decisivo terceiro partido da eliminatoria pola permanencia ante o [[SC Fortuna Köln|Fortuna Köln]], despois de terminar a tempada regular no décimo sexto posto. O Dortmund non volveu conseguiu ningún éxito significativo até o seu triunfo triunfo na Copa de Alemaña de [[1989]].
Liña 67:
En [[1993]] o Burussia chega á final da [[Copa da UEFA]], aínda que perde por 1 a 6 no global da eliminatoría ante a [[Juventus de Turín|Juventus]] de [[Turín]]. A pesar deste resultado, o Borussia conseguiu ingresar unha gran cantidade de diñeiro, polo que os de Dortmund foron capaces de asinar aos xogadores que máis tarde os levarían numerosos títulos na década de [[1990]]. O Dortmund gañou os campionatos da [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] en [[1995]] e [[1996]], nun equipo no que destacaba [[Matthias Sammer]], nomeado Futbolista Europeo do Ano nesa última tempada.
 
Ao ano seguinte, nunha memorable final da [[Liga de Campións da UEFA]] celebrada en [[Múnic]], o Borussia enfrontouse á [[Juventus de Turín|Juventus]] de [[Zinedine Zidane]]. Karl-Heinz Riedle puxo aos de Dortmund por diante no marcador tras un tiro baixo despois dun centro de Paul Lambert. Posteriormente Riedle faría outro gol, esta vez cabeceando un saque de esquina. Na segunda metade, [[Alessandro Del Piero]] achegou no marcador aos de [[Turín]] cun taconazo cara atrás. Posteriormente un mozo de vinte anos nado en [[Dortmund]], Lars Ricken, poría o definitivo 3 a 1 no marcador tras un pase de [[Andreas Möller]] tan só dezaseis segundos despois de entrar ao terreo de xogo. Posteriormente o Borussia gañaría aos [[Brasil|brasileirosbrasil]]eiros do [[Cruzeiro Esporte Clube|Cruzeiro]] de [[Belo Horizonte]] na final da [[Copa Intercontinental]] de [[1997]].
 
== Uniforme ==
Liña 97:
[[Ficheiro: Westfalenstadion.jpg|miniatura|[[Signal Iduna Park]] en Dortmund.]]
 
O Estadio do Borussia Dortmund é o [[Signal Iduna Park]] (antes chamado ''Westfalenstadion'') que ten capacidade para 81.264 espectadores, sendo o estadio máis grande e de maior aforamento en Alemaña e un dos máis grandes de Europa. É considerado como un templo do Fútbol pola súa beleza arquitectónica e por ser un estadio histórico onde se viviron partidos memorables. É un estadio catalogado co nivel "cinco estrelas" que a [[UEFA]] outorga aos estadios máis modernos do vello continente.
 
== Xogadores ==