Álvaro Bautista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 40:
| '''13º''' en MotoGP
|}
'''Álvaro Bautista Arce''', nado en [[Talavera de la Reina]] ([[Provincia de Toledo|Toledo]]) o [[21 de novembro]] de [[1984]], é un piloto profesional de [[motociclismo]]. Poderíase considerar como un dos mellores saídos da canteira motociclistica española, xunto a pilotos do rango de [[Dani Pedrosa]] e [[Jorge Lorenzo]]. O seu maior logro foi converterse en [[Campionato do Mundo de Motociclismo de 125 cc|campión do mundo de 125cc]] en [[2006]]. Tamén foi campión de España de 125cc en [[2003]].
 
== Carreira Deportiva ==
Liña 46:
=== Inicios ===
 
Comezou a montar en moto aos 3 anos e medio e realizou a súa primeira carreira en [[1993]] na modalidade de minimotos. En [[1994]] é subcampión de [[Madrid]] de minimotos na súa categoría, competindo con pilotos de maior idade, xa que Álvaro era alevín e corría xunto a xuvenís e cadetes.
 
Na tempada [[1995]]-[[1996]] proclámase campión de Madrid de minimotos. No ano [[1997]] volve gañar o campionato de Madrid de minimotos e dá o salto á Copa [[Aprilia]] de 50cc co campionato moi avanzado e alcanza, no entanto, un magnífico sexto posto na clasificación final e conseguindo o seu primeiro podium nesta categoría.
 
Para [[1998]], volve competir na Copa Aprilia, finalizando nun brillante terceiro posto xunto a [[Jorge Lorenzo]] (1º) e [[Joan Olivé]] (2º).
 
En [[1999]] é seleccionado de entre 400 pilotos por [[Alberto Puig]] para correr na Copa de promoción [[Movistar]] Activa, finalizando en quinta posición.
 
Para o ano [[2000]] volve correr na Copa Movistar, estando como reserva para o equipo Movistar Junior Team do campionato de España de 125cc.
 
=== 125cc ===
 
Debuta no mundial en [[2001]] na categoría de 125cc comeza a tempada co Team Belart, cunha [[Yamaha Motor Company Limited|Yamaha]] 125cc de serie, ata mediados de tempada, cando o equipo Belart, retírase e a punto estivo o tamén de retirarse por falta de recursos, pero chegou Manuel Morente para fichalo e terminar o campionato de España.
 
No [[2002]], baixo a tutela de Manuel Morente corre o Campionato de España de Velocidade, o Campionato de Europa e catro carreiras do Mundial como pilotos invitado, en 125 cc coas cores do Team Atlético de Madrid. No campionato de España queda como subcampión e no campionato de Europa consegue varios podios.
 
En [[2003]], firma polo equipo Seedorf Racing pilotando unha Aprilia, competindo no mundial de 125cc e no campionato de España de 125cc. Consegue o campionato de España de 125 cc
No primeiro ano de Álvaro en Seedorf Racing compartiu box con [[Héctor Barberá]]. Tras acabar a tempada, Barberá subiu a 250cc e Álvaro quedou como primeiro piloto da escuadra. Con todo, o equipo cambiou de Aprilia a [[Honda]] e o rendemento da nova moto deixou moito que desexar e os tempos empeoraron con respecto ao ano anterior polo que, ao finalizar o ano, cambiou de equipo.
 
Para o ano [[2006]] firma co Aprilia Aspar Team que dirixe [[Jorge Martínez Aspar]] e pasa a pilotar unha das Aprilias RS125 oficiais, conseguindo o seu maior título ata a data ao quedar como campión do mundo de 125cc a falta tan só de 3 carreiras, no circuíto Philip Island de [[Australia]]. Esa tempada consegue 8 vitorias no mundial.
 
=== 250cc ===
 
Tras conseguir o título de 125cc ascende de categoría en [[2007]] como piloto do Aprilia Aspar Team en 250cc e ten como compañeiro a [[Alex De Angelis]]. Consegue na súa tempada de debut na categoría dúas vitorias e termina en cuarta posición o mundial postulándose como un dos favoritos ao título para a seguinte tempada.
 
En [[2008]] segue no Aspar Team, sobre unha Aprilia 250 RSA oficial, sendo o piloto número 1 da marca de Noale. Ten como compañeiro a [[Héctor Faubel]]. Ao final debido a numerosas caidas ao longo da tempada non puido conquistar o título que foi a parar a [[Marco Simoncelli]] terminando Bautista como subcampion con 4 vitorias e 11 podios.
 
En [[2009]], Álvaro era unha das apostas do Aspar Team, pero nas últimas carreiras a sorte non estivo ao lado do piloto talaverano, que viu como se lle escapaba o mundial, en beneficio de Aoyama, por tres caidas de forma consecutiva.
 
=== [[MotoGP]] ===
Liña 205:
|
|}
<br {{clear="all">}}
 
== Notas ==