Prórroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q186982
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
A '''prórroga''' ou '''tempo suplementario''' é un método de desempate que se utiliza en partidos de diferentes [[deporte]]s cando existe igualdade ao terminar o tempo regulamentario do partido orixinal. É usual no [[baloncesto]], onde non se considera o empate. Noutros deportes adóitase utilizar en partidos eliminatorios, onde debe haber, necesariamente, un equipo gañador.
 
Consiste en xogar, a continuación do partido, un tempo que varía segundo as respectivas regulamentacións.
 
== Baloncesto ==
Liña 7:
 
== Fútbol ==
No caso do [[fútbol]], o Regulamento do International Board, cuxa versión en español denomínao oficialmente '''tempo suplementario''',<ref>[http://www.arbitrosdefutbol.com.ar/ReglasdeJuego200809.pdf Procedementos para determinar o gañador dun partido ou eliminatoria]</ref> establece que o mesmo debe durar non máis de dous tempos de 15 minutos cada un. Gaña o equipo que durante estes minutos agregados logre crebar o empate, polo que, durante o tempo extra pode suceder que se anote máis dun [[gol]]. No caso de que non rompa o empate, en xeral, recórrese ao método de [[Penalti|tiros desde o punto penal]].
 
Outros métodos que xa non son utilizados foron o [[gol de ouro]] e o [[gol de prata]].