Hijra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
A meirande parte dos ''hijras'' son homes ou [[Intersexualidade|intersexuais]], pero algunhas son mulleres. A falta dun censo oficial, as estimacións oscilan entre 50.000 e 5 millóns de ''hijras'' tan só na [[India]]. A pesar de que os occidentais se refiren a eles frecuentemente como [[eunucos]], o certo é que poucos deles se someteron a algún tipo de modificación xenital.
 
A maioría dos ''hijras'' refírense a si mesmos en feminino e adoitan vestir como [[Muller|mulleresmuller]]es. Adoptan nomes de muller cando ingresan na súa comunidade e empregan entre eles apelativos familiares femininos, tales como irmá, tía ou avoa. En algunhas partes da India usan dentro do grupo unha linguaxe feminizada, con expresións e entoacións femininas. No transporte público utilizan os asentos reservados para mulleres.<ref>{{cita libro| autor =ABELOVE, H.; BARALE, M.A.; HALPERIN, D.M.| url=http://books.google.es/books?id=PaNdHqo-9wIC&pg=PA544&dq=hijra&hl=es&ei=RrAoTPrBN9D__AaIn6GxBw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=8&ved=0CEsQ6AEwBw#v=onepage&q=hijra&f=false|título=The Lesbian and gay studies reader| ano =1993| publicación =Routledge| id = ISBN 0-415-90519-2}}{{en}}</ref>
 
== Orixe e ritos ==
Os ''hijras'' adoran a deusa [[Bachuhara Mata]]. Posto que no [[hinduísmo]] non existe unha definición clara de sexos, varios dos seus [[Deus|deusesdeus]]es presentan características dun e outro sexo, o que da pé á aceptación natural da existencia dun terceiro sexo.
 
A orixe divina dos ''hijras'' provén dunha lenda de hai máis de 20.000 anos, segundo a cal [[Krishna]], ao sentir a un soldado moribundo que se lamentaba de morrer solteiro, se transformou en doncela. Por esta razón cada ano celébrase en [[Kutayan]], ao sur da India, unha peregrinación á que acoden ''hijras'' de todo o país para celebraren as súas nupcias co deus. Para esta ocasión vístense con galas de noiva e, rememorando a morte do soldado, os ''hijras'' convértense en [[Viuvez|viúvas]] cortando as súas pulseiras e os seus adornos festivos.
 
Algúns ''hijras'' cástranse voluntariamente. Antes facíano en condicións de hixiene insuficientes, o cal provocaba a morte de un de cada dez. A pesar de que a lexislación india prohibe a castración desde [[1860]], nalgunhas clínicas aínda é común que se practique. Despois de ser castrado, o ''hijra'' cumpre cun último rito: verter [[leite]] nun regato como símbolo da perda da súa fertilidade. Os hindús cren que os ''hijras'', ao renunciaren a ter [[Fillo|fillosfillo]]s propios, teñen facultades para bendicir o maldicir. Por iso cando nace un neno, os ''hijras'' acoden a festexar o nacemento con cantos, bendicións e augurios de longa vida e prosperidade, así como para libralo do [[mal de ollo]]. A cambio reciben [[arroz]], [[azucre]] e [[diñeiro]]. Se os ''hijras'' consideran que reciben pouca cantidade como esmola, o neno pode recibir maldicións como, por exemplo, a [[impotencia]].<ref>{{Cita web |url=http://www.enkidumagazine.com/art/2004/251004/E_034_251004.htm |título=Los Hijras |dataacceso=28/06/2010 |autor=''S.C.M. DOÑA JUANA LA LOCA'' |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= |mes= |formato=Htm |obra= |editor=www.enkidumagazine.com |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{es}}</ref>
 
== Papel social ==
[[Ficheiro:Hidras of Panscheel Park-New Delhi-1994-2.jpg|300px|miniatura|Hijras en [[Nova Delhi]].]]
A historia desta condición conta cunha longa tradición, tanto na cultura [[Vedas|védica]] como nas cortes dos [[imperio mogol|gobernantes islámicos]] do subcontinente. Durante o [[século XVI]] os ''hijras'' ocupaban empregos de toda condición ata postos de alto rango, como o de conselleiro de estado do emperador. Nesa época os ''hijras'' chegaban a posuír terras, pazos, [[Templo|templostemplo]]s e serventes e inspiraban fe e respecto.
 
Tras a ocupación [[Imperio Británico|británica]] da India promulgáronse leis homófobas que castigaban a [[homosexualidade]] e que marxinaron a esta poboación, que se ve obrigada a vivir da mendicidade e da [[prostitución]]. Máis recentemente relaxouse a persecución deste colectivo, chegando un ''hijra'' a ser elixido [[alcalde]] dunha vila da India. Porén, a discriminación segue sendo a constante.
Liña 24:
A meirande parte dos ''hijras'' renuncian a levar unha vida [[Sexualidade|sexual]] activa. Aqueles que se dedican á prostitución non consideran esta actividade como unha actividade [[Sexo|sexual]], senón como o seu traballo. Hai homes que deciden converterse en ''hijras'' por consideraren que "quedaron inservibles" despois de manteren relacións homosexuais mantendo un rol pasivo-penetrado.
 
Moitos ''hijras'' viven xuntos en casas que constitúen unidades de identificación física e social, e de filiación a unha liñaxe. Hai sete liñaxes ''hijra'' na India.<ref> {{cita libro| autor =REDDY, G.| url=http://books.google.es/books?id=SyqTnL9jTFoC&printsec=frontcover&dq=hijra&hl=es&ei=RrAoTPrBN9D__AaIn6GxBw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCgQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false|título= With respect to sex: negotiating hijra identity in South India| ano =2005| publicación =University of Chicago Press| id = ISBN 0-226-70756-3}}{{en}}</ref>
 
== Notas ==