Massó Hermanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 5:
En [[1816]] o catalán [[Salvador Massó Palau]] trouxo a [[Bueu]] a sete franceses expertos para pór en marcha unha industria de salgadura. Un deles era [[Pascual Dargenton Lafont]], co que creou La Perfección, a primeira fábrica de conservas, disolta en 1898. Os fillos do fundador, [[Gaspar Massó Ferrer|Gaspar]] e [[Salvador Massó Ferrer]], crearon Massó Hermanos S. A., dedicada á produción de conservas, salgadura de pescado, compra e venda de fariña, redes e fabricación de artefactos de pesca. Construíron unha segunda fábrica en [[1926]] en Bueu.
 
[[Gaspar Massó García|Gaspar]], [[José María Massó García|José María]] e [[Antonio Massó García]], a terceira xeración da saga, propiciaron o gran pulo da empresa, coa colaboración dos irmáns lucenses Fernández López (os [[fillos de Antón de Marcos]], entre eles [[Antonio Fernández López|Antonio]] e [[Xosé Fernández López|Xosé]]), que comercializaron carne en lata a través dos matadoiros do [[Porriño]] e [[Mérida, España|Mérida]] durante a [[guerra civil española]], aproveitando a tecnoloxía das súas fábricas de conservas.
 
En 1941 inaugurouse a complexo de [[Cangas]], deseñada polo arquitecto [[Tomás Bolívar]] sobre 20 hectáreas de terreo, con dúas dársenas, un quilómetro de litoral, varadoiros, obradoiro de reparación, sección de envases metálicos, unha central eléctrica de emerxencia, unha factoría baleeira, unha fábrica de xeo e outra de fariñas de peixe. Nesa mesma época construíronse factorías en [[Barbate]] ([[provincia de Cádiz|Cádiz]]) e [[Avilés]], e dúas factorías baleeiras en [[Caneliñas, A Ameixenda, Cee|Caneliñas]] ([[Cee]]) e [[Muras]].