Estadio Anxo Carro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 21:
 
== Historia ==
O [[estadio Anxo Carro|Anxo Carro]] está situado á beira do [[Río Miño]]. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de [[tenis]]. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de [[Anxo Carro Crespo]], o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benfeitor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en [[1934]].
 
Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en [[Terceira división española|Terceira División]], con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o [[31 de agosto]] de [[1974]]. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o [[Club Lemos]] e o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]]. O CD Lugo venceu aos de [[Monforte de Lemos|Monforte]] na quenda de [[penalti]]s e perdeu a final cos [[A Coruña|herculinos]] por 1-0.