Troita arco da vella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
 
== Anatomía ==
A lonxitude máxima descrita foi dun exemplar que medía 120 [[centímetro|cm]], aínda que o normal é unha lonxitude máxima de 60 &nbsp;cm.<ref>Bristow, P., 1992. "The illustrated encyclopedia of fishes". Chancellor Press, Londres.</ref> Ten de 3 a 4 espiñas na aleta dorsal, do mesmo xeito que na anal, co corpo alongado, cilíndrico nos individuos novos e comprimido lateralmente nos de moita idade.<ref name='FishBase'/> Os machos reprodutores non presentan cambios na morfoloxía da cabeza nin resto do corpo tan rechamantes como os doutras especies do mesmo xénero; variando moito a coloración da pel co [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] e o tamaño; os que residen en ríos de forma permanente son máis escuros, semellantes aos anádromos en idade reprodutiva, mentres que os que residen en lagos son de coloración máis clara.<ref name='FishBase'/>
 
== Hábitat e bioloxía ==
É un peixe de augas subtropicais a frías e [[anádromo]],<ref>Riede, K.,2004. "Global register of migratory species - from global to rexional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081". Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña. 329 p.</ref> que vive no mar preto do fondo nun rango de profundidades entre 0 e 200 metros, remontando os ríos para [[Desova|desovardesova]]r.<ref>Fedorov, V.V., I.A. Chereshnev, M.V. Nazarkin, A.V. Shestakov e V.V. Volobuev, 2003. "Catalog of marine and freswater fishes of the northern part of the Sexa of Okhotsk". Vladivostok: Dalnauka, 2003. 204 p.</ref>
 
Os alevíns máis pequenos son [[Bentos|bentopeláxicos]], mentres que os xuvenís de máis idade vólvense totalmente [[Piélago|peláxicos]].<ref>Mundy, B.C., 2005. "Checklist of the fishes of the Hawaiian Archipelago". Bishop Museum Bulletins in Zoology. ''Bishop Mus. Bull. Zool.'' ('''6'''):1-704.</ref> O hábitat natural das especies é a auga doce duns 12&nbsp;°C no verán, posiblemente orixinaria de [[Kamchatka]], non estando claro se a aparición da anadromía é unha adaptación xenética ou simplemente un comportamento oportunista, o que se parece claro é que calquera poboación desta especie é quen de emigrar ao mar en calquera intre que o necesiten, sendo capaces de adaptarse a todo tipo de augas.<ref>Kailola, P.J., M.J. Williams, P.C. Stewart, R.E. Reichelt, A. McNee e C. Grieve, 1993. "Australian fisheries resources". Bureau of Resource Sciences, Canberra, Australia. 422 p.</ref> Sobrevive mellor en lagos cá nas correntes de ríos.<ref>McDowall, R.M. e R.D.J. Tilzey, 1980. "Family Salmonidae, salmons, trouts and chars". p. 72-78. En R.M. McDowall (ed.) ''Freshwater fishes of south-eastern Australia''. A.H. & A.W. Reed Pty. Ltd. Sydney, Australia.</ref>