Split: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 32:
 
== Historia ==
A cidade medrou ao redor da casa de descanso do emperador romano [[Diocleciano]], quen naceu preto de alí no ano [[245|245 d. C]]. Retirouse no ano [[305]] ao palacio que construíra preto de Salona e foi sepultado alí no [[313]]. O palacio fortificado converteuse despois nunha fábrica de uniformes romanos e no núcleo da cidade. A principios do [[século VII|século VII]], despois de que a próxima cidade romana de [[Salona]] fose saqueada polos avaros (nómades de Asia centra]), os refuxiados converteron o palacio nunha cidade fortificada e o mausoleo de Diocleciano na catedral da cidade. A cidade era completamente neolatina a finais do século VII.
 
{{Patrimonio Mundial
Liña 49:
No [[século XV]], os [[Imperio otomán|turcos otománs]] chegaron a Dalmacia, e aínda que tomaron o control do corazón da rexión, non entraron a Spalato, que permaneceu baixo o control de Venecia. Para [[1718]], as guerras turco-venecianas acabaron coa presenza dos turcos na Dalmacia, e Spalato continuou oficialmente baixo a soberanía de Venecia até [[1797]], cando [[Napoleón Bonaparte]] disolveu a [[República de Venecia]], e a Dalmacia quedou baixo o control de [[Austria]] (véxase [[Tratado de Campo Formio]]). Con todo, tras a [[Batalla de Wagram]] en [[1809]], Austria perdeu Spalato, que quedou baixo control francés, integrada primeiro no "Reino napoleónico de Italia" e logo nas [[Provincias Ilirias]]. Para [[1813]], a cidade atopábase de novo baixo control [[Imperio austríaco|austríaco]], e iniciouse un período de estancamento político e social.
[[Ficheiro:SPLIT-City plan 1912.jpg|miniatura|300px|Mapa de Spalato en 1912, cos barrios "italianos" de Borgo Grande, Borgo Pozzobon, Borgo Luca, Botticelle e do palacio de Diocleciano]]
Neses anos empezou a inurbarse en masa a poboación croata do interior de Dalmacia, diminuíndo así a porcentaxe italiana da poboación de Spalato (até entón maioritario na área urbana), e en 1880 o último alcalde de etnia italiana, Bajamonti, foi substituido por un croata. Aínda no censo austríaco de [[1910]] quedaban 2082 italianos dun total de 21.670 habitantes de Spalato e a topografia da cidade era completamente italiana nos nomes dos barrios. Trala [[Primeira Guerra Mundial]] e a disolución do [[Imperio austrohúngaro]], a provincia de [[Dalmacia]], incluída Spalato, pasou a formar parte do [[Reino de Iugoslavia|Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]] ([[Reino de Iugoslavia]]).
 
Tras a anexión de Fiume ([[Rijeka]]) e Zara ([[Zadar]]), (os outras dúas cidades importantes da rexión xunto con Spalato), por [[Italia]], Spalato en [[1919]] foi renombrada oficialmente "Split" (en croata) e converteuse no principal porto de Iugoslavia e na capital de Banovina Litoral. A liña de ferrocarril de Lika que conectou a cidade co resto do país foi inaugurada en [[1925]]. Co acordo Cvetković-Maček, Split converteuse en parte dunha nova unidade administrativa, Banovina de Croacia, froito da unión de Banovina Litoral, [[Sava]] e algunhas zonas contiguas poboadas por croatas. Case a metade dos Italianos de Spalato fuxiron ao Reino de Italia, a consecuencia do nacionalismo croato neses anos, e favoreceron o [[irredentismo italiano]] cara a Spalato.
 
Coa invasión de [[Iugoslavia]] por parte dos exércitos do [[Eixo]], os italianos ocuparon a cidade en abril de [[1941]], e un mes máis tarde anexárona formalmente ao Gobernatorado de Dalmacia do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]]. A chegada das tropas italianas foi recibida con entusiasmo pola minoría autóctona de [[lingua italiana]] de Spalato. Pero o exército italiano atopou unha moderada resistencia entre os habitantes de Split de etnia croata, uníndose unha parte deles aos [[Partisano|partisanospartisano]]s de [[Josip Broz Tito]]: até os equipos de fútbol locais croatas, o HNK Hajduk Split, e o RNK Split, refusaron participar na liga italiana, suspendendo as súas actividades, para máis tarde unirse tamén aos partisanos (posteriormente o Hajduk converteuse no equipo oficial do movemento dos partisanos).
 
En setembro de [[1943]] Italia capitulou e a cidade foi ocupada polas brigadas do [[Comunismo|comunista]] [[Josip Broz Tito|Tito]] rexistrándose un pequeno masacre de 300 italianos autóctonos, pero unha semana máis tarde o pro fascista [[Estado Independente de Croacia]], ocupou a rexión. Algunhas zonas da cidade antiga e do porto, foron danadas durante está ocupación polos bombardeos alemáns e aliados, causando centos de mortos. Os partisanos "titinos" entraron finalmente á cidade o [[26 de outubro]] de [[1944]]. O [[12 de febreiro]] de [[1945]] unha incursión da [[Kriegsmarine]] atacou o porto de Split danando o cruceiro británico [[HMS Delhi|Delhi]]. Até o fin da guerra Split foi a capital provisional de Croacia.
 
Entre [[1945]] e [[1990]], Split foi o centro administrativo da [[Dalmacia]]. En [[1979]] Split albergou os [[Xogos Mediterráneos de 1979|VIII Xogos Mediterráneos]].<ref>[http://www.medgames.org/index.php?option=com_content&task=view&ide=49&Itemid=63 The Mediterranean Games]</ref> Nese mesmo ano, o ''núcleo histórico de Split co Palacio de Diocleciano'' foi declarado [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]]. Split ten varias igrexas antigas como SV Nikola e Gospa od Zvonika, museos e unha galería dedicada ao escultor iugoslavo [[Ivan Meštrović]], que se atopa na vila que era propiedade do escultor, e varias das súas obras adornan a cidade. A cidade de [[Klis]], próxima a Salona, ten as ruínas dun forte romano do [[século V|século&nbsp;V]]. A antiga cidade téxtil de [[Sinj]], situada 30&nbsp;km ao nordés de Split, é famosa pola súa Sonjska Alka, un torneo medieval que se efectúa anualmente, o [[15 de agosto]], para conmemorar a vitoria na batalla de [[1815]] sobre a administración [[Imperio otomán|otomá]].
Liña 66:
 
== Economía ==
A economía de Split comezou a recuperarse lentamente da recesión xerada pola transformación nunha economía de mercado e a privatización das súas empresas. Durante a época iugoslava fora un centro económico de importancia cunha moderna e diversa produción industrial que incluía [[estaleiro]]s, [[alimentación|alimentos]], [[Industria química|química]], [[plástico]]s, [[téxtil]] e [[Papel|papeleirapapel]]eira. Actualmente a maioría das fábricas están pechadas ou con escasa produción debido á antigüidade das mesmas ou a falta de mantemento, polo que a cidade estivo concentrándose no comercio e os servizos, deixando a moitos traballadores industriais desocupados.
 
A nova autoestrada A1 que integra Split co resto da rede croata de autoestradas axudou a estimular a produción e o investimento, con novos negocios construíndose no centro da cidade e os seus suburbios expandíndose intensamente. A produción vitivinícola, o oliveiral, a pesca e o turismo víronse beneficiados pola súa construción.