Reva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{sen referencias}}
'''Reva''', tamén chamada ás veces Reve, é un deus supremo do panteón galaico prerromano asociado á xerarquía, á xustiza e máis á morte. É a divindade máis difundida na [[Gallaecia]] interior, con dez dedicacións galaico-romanas<ref>Juan Carlos Olivares Edreño "Los Dioses de la Hispania céltica"[http://books.google.es/books?id=PAHgxlrL6FIC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Juan Carlos Olivares Edreño "Los Dioses de la Hispania céltica"]</ref>. Un dos seus maiores santuarios é o balneario galaico-romano atopado nas [[As Burgas|Burgas de Ourense]] do século I D. de C., onde se atoparon ata o de agora cinco aras adicadas ao deus (asimilado polos [[Imperio romano|romanos]]) polo que este deus se atopa relacionado con ríos, lagoas, fontes termais etc... Aínda así aparece por veces vencellado a divindades asociadas a montañas baixo o [[epíteto]] ''Larouco''.
 
== Inscricións ==
Foron atopadas varias inscricións a esta divindade, principalmente ligadas a correntes fluviais, especialmente nas zonas de [[Ourense]] e [[Beira, Portugal|Beira]]. Figura frecuentemente baixo o epíteto ''Langanidaeco'': ''REVE LANGANID(AECO) V(OTUM) S(OLVIT) L(IBENS)''. Segundo [[Fidel Fita Colomer]] é posible que esta divindade dese orixe ao nome do [[río Areva]], que é a orixe do nome dos [[arévacos]].
 
Existe unha inscrición de ofrecemento de sacrificio a ''Reue'' nunha rocha nunha montaña na contorna de Cabeço das Fraguas, [[Portugal]]. En Cabeço Pelado, a uns 3 &nbsp;km ao norte de Alcains (Portugal) foi atopada unha inscrición que di: ''REVE LANGANID(AECO) V(OTUM) S(OLVIT) L(IBENS)''.
 
O 15 de outubro de 2001 [[André Pena Graña]] atopou no [[castro de Santa Comba]] ([[Ferrol]]) unha lousiña circular datada no [[século I]] do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a [[Reva]]: REBE TRASANCI AVG[VST]E<ref>[http://www.riograndedexuvia.com/Un_excepcional_achado_epigrafico.htm "Un excepcional achado epigráfico"], artigo de André Peña Graña, 2001.</ref> ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á [[Terra de Trasancos]], organización territorial nacida durante a [[Cultura castrexa]].
 
== Notas ==