Movemento Galego ao Socialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
 
== Historia ==
O Movemento Galego ao Socialismo constituíuse formalmente o [[20 de marzo]] de [[2009]] como agrupamento de militantes do BNG que aspiran a realizar un traballo de recuperación dos principios fundamentais do Bloque no seo do BNG, obrigando así a fronte a reconducir as políticas que consideraban afastadas do soberanismo e da esquerda política.
 
A orixe do MGS sitúase nun espazo político, o [[independentismo galego|independentismo]] de esquerdas crítico coa praxe do BNG, no que previamente xa existían diversas experiencias, como a organización xuvenil [[Isca (política)|Isca!]] — que naceu de forma autónoma en 2006 mais acabouse conformando como mocidades do MGS — e o [[Movemento pola Base]] (MpB) até a súa marcha da fronte e posterior desaparición.
 
O MpB, que se definía como organización independentista, socialista e de clase, nacera en [[2006]] dentro do BNG, e expresaba a oposición ao que consideraba un afastamento no que tocaba a algúns dos piares básicos da Fronte, especialmente o [[independentismo galego|soberanismo]] e a [[Esquerda política|esquerda]], e á súa vez integraba tamén antigos militantes da [[Unión do Povo Galego|UPG]] (partido integrante do BNG). Finalmente, unha facción do MpB abandonou definitivamente o BNG o 14 de marzo de [[2009]] e, tras unha breve controversia polas siglas, o sector maioritario do Movemento pola Base, que permaneceu no BNG, decidiu renunciar ao nome para evitar maior confrontamento e creou unha nova organización denominada Movemento Galego ao Socialismo<ref>{{Cita web|url = http://www.galiciahoxe.com/politica-galicia/gh/nace-movemento-galego-ao-socialismo-novo-grupo-no-bng/idEdicion-2009-03-21/idNoticia-408263/|autor = |título = Nace o Movemento Galego ao Socialismo, novo grupo no BNG (Galicia Hoxe)|dataacceso = }}</ref>, na que se incoporaron novos militantes.
 
*
 
=== Primeiro período ===
Xa como Movemento Galego ao Socialismo, en maio de 2009, participa na XII Asemblea Nacional do BNG, onde presenta unha candidatura denominada Máis Alá, encabezada por [[Rafa Villar|Rafa Vilar]], que tivo 76 votos (3,13% dos emitidos) e obtivo 2 representantes no Consello Nacional da fronte. Na elección da Executiva, integrou o seu cabeza de lista na candidatura de Alternativa pola Unidade, enfrentada coa de Máis BNG, ao entender que se achegaba máis aos seus postulados, ao se situar máis á esquerda.
 
Ademais, neste período, o MGS mantén unha importante presenza na [[Confederación Intersindical Galega]], onde participa da maioría sindical; así como no movemento xuvenil a través da organización [[Isca (política)|Isca!]] e en diversos movementos sociais.
 
En febrero de [[2010]] o MGS realiza a súa presentación formal durante o seu I Encontro Nacional, que se celebra no concello de Teo<ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = Movemento Galego ao Socialismo se establecerá como partido en el BNG para ser referente "marxista e independentista"|url = http://www.20minutos.es/noticia/620637/0/|dataacceso = |xornal = 20 Minutos|lingua = español}}</ref>. Nese encontró, a militancia fixou oficialmente a posición do MGS ao avogar polo carácter [[asemblearismo|asembleario]], por unha estratexia de nacionalismo emancipador e polos postulados da esquerda transformadora. Ademais, escolleu unha Coordenadora Nacional encargada de dirixir a organización de xeito provisional até a celebración dunha asemblea.
 
En xaneiro de [[2012]] o BNG celebra a súa XIII Asamblea Nacional, onde o MGS presenta unha lista, encabezada de novo por Vilar<ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = Movemento Galego ao Socialismo presentará unha terceira candidatura no BNG|url = http://elprogreso.galiciae.com/gl/noticia/125132/movemento-galego-ao-socialismo-presentara-una-tercera-candidatura-en-el-bng|dataacceso = |xornal = El Progreso}}</ref>. A votación do Consello Nacional deparou 248 votos para o MGS (5 %), frente os 2.164 (48 %) que obtivo a [[Alternativa pola Unidade]], iniciativa da [[Unión do Povo Galego|UPG]], e os 2.026 (45 %) que obtiveron [[Máis Galiza]] e o [[Encontro Irmandiño]] <ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = Jorquera será el próximo candidato a la Xunta del BNG|url = http://www.farodevigo.es/galicia/2012/01/29/jorquera-sera-proximo-candidato-xunta-bng/619154.html|dataacceso = |xornal = Faro de Vigo|idioma = español}}</ref>. Na Asemblea reelíxese a [[Guillerme Vázquez]] como Portavoz Nacional e escóllese a [[Francisco Jorquera]] como candidato á presidencia da [[Xunta de Galicia|Xunta]], que contou co voto favorábel do MGS, que mantivo o seu posto na Executiva. Ademais, o MGS presentou unha emenda para o retorno do BNG ao [[asemblearismo]] <ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = El edil en Santiago Rafael Vilar encabezará una tercera lista para la asamblea del BNG|url = http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/22/galicia/1327229282.html|dataacceso = |xornal = El Mundo|lingua = español}}</ref>, que foi aprobada, co que se modificou o funcionamento do máximo organismo de decisión da fronte, e un voto particular con propostas programáticas alternativas, que foi transaccionado<ref>{{Cita web|url = http://bng.gal/blog/2013/03/17/luz-verde-ao-informe-de-xestion-do-bng/|autor = |título = Luz verde ao informe de xestión do BNG|dataacceso = }}</ref>.
 
Tras esta Asemblea abandonaron o BNG o Encontro Irmandiño e Máis Galiza, que fundarían outras forzas políticas. Fican no BNG a UPG, o MGS e un grupo de militantes de Máis Galiza que non aceptan o abandono e forman o colectivo [[Abrente-Esquerda Democrática Galega]].
 
=== I Asemblea Nacional ===
En maio de [[2012]], o MGS convoca a súa I Asemblea Nacional <ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/o-mgs-anuncia-a-convocatoria-da-sua-i-asemblea-nacional-para-o-vindeiro-12-de-maio-en-compostela/|autor = |título = O MGS anuncia a convocatoria da súa I Asemblea Nacional para o vindeiro 12 de maio en Compostela|dataacceso = }}</ref>, facendo un chamamento á incorporación de máis militantes nacionalistas e independentistas do interior e do exterior do BNG, e realizando unha valoración positiva da evolución da liña política desta fronte <ref>{{Cita web|url = http://2014.kaosenlared.net/component/k2/15395-o-movemento-galego-ao-socialismo-anuncia-a-convocatoria-da-s%C3%BAa-i-asemblea-nacional-para-o-vindeiro-12-de-maio-en-compostela|autor = |título = O Movemento Galego ao Socialismo anuncia a convocatoria da súa I Asemblea Nacional para o vindeiro 12 de maio en Compostela|dataacceso = |lingua = español}}</ref>. A Asemblea aproba un documento político, outro organizativo e os Estatutos, e escolle unha Mesa Nacional<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/o-mgs-celebrou-a-sua-primeira-asemblea-nacional/|autor = MGS|título = O MGS celebrou a súa primeira Asemblea Nacional|dataacceso = }}</ref>. Acórdase tamén solicitar o recoñecemento oficial como colectivo integrado no BNG, o que conseguen en xullo<ref>{{Cita web|url = http://bng.gal/blog/2012/07/01/guillerme-no-consello-nacional-o-goberno-feijoo-ten-que-ser-substituido-e-canto-antes-mellor/|autor = BNG|título = O Consello aprobou o recoñecuimento como colectivos do Movemento Galego ao Socialismo e de Abrente - Esquerda Democrática Galega|dataacceso = }}</ref>.
 
Na XIV Asemblea Nacional do BNG, celebrada en marzo de 2013, preséntase unha única lista, encabezada por [[Xavier Vence]], quen se converte no Portavoz Nacional. A candidatura obtén 95% dos apoios e por primeira vez o MGS non presenta lista propia. [[Ximena González]] incorpórase á executiva, onde se mantén [[Rafa Villar|Rafa Vilar]].
 
=== II Asemblea Nacional ===
En decembro de 2014, o MGS celebra a súa II Asemblea Nacional co lema "Construír e Avanzar. Galiza independente e futuro socialista" <ref>{{Cita novas|autor = Xesús Manuel Piñeiro|data = |título = Entrevista a Rafa Vilar: "Traballamos para que o nacionalismo sexa a referencia para a xente que quer mudar as cousas"|url = http://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/traballamos-nacionalismo-sexa-referente-xente-quer-mudar-cousas/20141211185325033204.html|dataacceso = |xornal = Sermos Galiza}}</ref>. Na Asemblea aprobouse a orientación política a seguir durante os seguintes anos, definiuse un programa político estratéxico, integrouse [[Isca (política)|Isca!]] como organización xuvenil e adoptouse o modelo organizativo típico dos partidos comunistas<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/construir-e-avanzar-cronica-da-2a-asemblea-nacional-do-mgs/|autor = MGS|título = Construír e Avanzar. Crónica da 2ª Asemblea Nacional do MGS|dataacceso = }}</ref>.
 
== Posicionamentos políticos ==
O Movemento Galego ao Socialismo defende a independencia de Galiza e o socialismo. O partido rexeita o modelo autónomico<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/xeografia-da-revolucion-analises-e-propostas-da-ii-an-do-mgs/|autor = MGS|título = Xeografía da revolución. Análises e propostas da II AN do MGS|dataacceso = }}</ref> que considera esgotado<ref name=":0">{{Cita web|url = http://mgs.gal/o-mgs-celebrou-a-sua-primeira-asemblea-nacional/|autor = MGS|título = O MGS celebrou a súá I Asemblea Nacional|dataacceso = }}</ref> e reclama unha [[República Galega]] na que o poder estea en mans da [[Proletariado|clase traballadora]], ao sinalar "a estreita ligazón entre a alternativa anticapitalista e a loita pola soberanía política"<ref name=":0" />; promove a autoorganización do pobo galego en todos os ámbitos<ref name=":0" />; e defende unha alianza permanente cos "movementos de esquerda rupturista das nacións sen Estado" <ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/analise-do-mgs-das-eleccions-ao-parlamento-europeo/|autor = MGS|título = Análise do MGS das eleccións ao parlamento europeo|dataacceso = }}</ref>. Tamén promove a profundización de relacións coa lusofonía<ref>{{Cita web|url = http://www.pglingua.org/agal/info-agal/5091-movimento-galego-ao-socialismo-aposta-por-afortalar-as-relacons-com-a-lusofonia|autor = Portal Galego da Língua|título = Movimento Galego ao Socialismo aposta por afortalar as relaçons com a lusofonia|dataacceso = }}</ref>.
 
Desde o punto de vista do MGS, o BNG recuperou progresivamente o seu carácter de "alternativa real ao sistema" ao recuperar o seu discurso histórico<ref>{{Cita web|url = http://pt.calameo.com/read/00007226944e1a2d580b4|autor = |título = Revista Arredista|dataacceso = }}</ref>, o que permitiu superar o "lastre" dun proceso previo de "desnaturalización ideolóxica e política" <ref name=":1">{{Cita web|url = http://mgs.gal/sobre-o-mgs/|autor = MGS|título = Sobre o MGS|dataacceso = }}</ref> . Para este partido, a forma de acadar os seus obxectivos é a implicación de todo o pobo nun proceso de "constitución dun Estado galego, a toma do poder pola mayoría social e a construción do socialismo"<ref name=":1" />.
 
O partido reclama a ruptura coa [[Unión Europea]] e a saída de Galiza dela, ao caracterizala como "un proxecto ao servizo do capital" de carácter antidemocrático, contraria aos intereses económicos e sociais galegos e irreformábel nos seus aspectos esenciais<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/pola-soberania-o-futuro-e-a-democracia-ruptura-coa-ue/|autor = MGS|título = Pola soberanía, o futuro e a democracia: ruptura coa UE|dataacceso = }}</ref>. Manifestou a súa oposición ao [[TTIP]]<ref>{{Cita web|url = http://mgs.gal/contra-o-ttip-ergamos-a-bandeira-da-soberania/|autor = MGS|título = Contra o TTIP: ergamos a bandeira da soberanía|dataacceso = }}</ref>, o que definiu como un novo paso nunha ofensiva neoliberal internacional, e defende a disolución da [[OTAN]].
Liña 64:
 
== Presenza noutras organizacións ==
O MGS continúa a análise realizada na primeira época do MpB que conduciu ao rexeitamento dunha estratexia marxinalista. O obxectivo é ter presenza social e presenza naqueles organismos vinculados co nacionalismo galego, nomeadamente no [[BNG]] e na [[CIG]].
 
Canto á presenza no [[BNG]], o MGS conta con un dos quince membros da Executiva Nacional en base ao apoio dado á candidatura da [[UPG]] Alternativa pola Unidade (APU) na Asemblea Nacional extraordinaria do BNG celebrada despois da queda do goberno bipartido. Grazas ao apoio da candidatura do MGS, Máis Alá, a APU liderada por [[Guillerme Vázquez]] conseguiu alcanzar os 8 representantes que lle daban a vitoria sobre os quintanistas de [[Máis BNG]] liderados por [[Carlos Aymerich]] (7 representantes).
 
Canto á presenza na [[CIG]], o MGS fai parte da maioria sindical que se presentou ao V Congreso Confederal da CIG e que escolleu [[Suso Seixo]] como novo Secretario Nacional do sindicato. Ademais, o MGS ten presenza destacada nas comarcas de Vigo e Compostela.