Organización de Países Exportadores de Petróleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
Foi fundada en [[Bagdad]], nunha conferencia entre o [[10 de setembro|10]] e o [[14 de setembro]] de [[1960]] coa iniciativa do Goberno de [[Venezuela]] e entón ministro de Enerxía e Minas venezolano Juan Pablo Pérez Alfonzo e o ministro de Petróleo e Recursos Minerais de [[Arabia Saudita]], [[Abdullah al-Tariki]]. Alfonzo sinalou que era necesario un "instrumento de defensa dos prezos para evitar o malgasto económico do petróleo que se esgota sen posibilidade de renovarse".<ref>http://www.pdvsa.com/index.php?tpl=interface.sp/design/readmenuprinc.tpl.html&newsid_obj_ide=145&newsid_temas=49</ref>
 
A OPEP "pode ter unha gran influencia no mercado de petróleo, especialmente se decide reducir ou aumentar o seu nivel de produción".<ref>http://www.opec.org/opec_web/en/press_room/178.htm</ref> A OPEP controla aproximadamente o 43% da produción mundial de petróleo e o 75% das [[reservas de petróleo]]. O seu dominio nas exportacións de cru sitúase en ao redor do 51%. Ademais, concentra a totalidade da capacidade excedentaria de produción de petróleo do mundo, o que, de facto, converte á OPEP no banco central do mercado petroleiro.
 
A cota de mercado da organización aumentará no futuro, xa que a [[Axencia Internacional da Enerxía]] prevé que a produción de petróleo convencional dos países que non forman parte da OPEP alcanzará o seu máximo ao redor de [[2015]].
 
A OPEP é unha organización recoñecida desde o [[6 de novembro]] de [[1962]] pola Organización das Nacións Unidas ([[ONU]]), grazas á resolución da ONU número 6363. A OPEP tivo a súa sede en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] ([[Suíza]]) entre [[1960]] e [[1965]], e despois trasladou a súa sede a Viena, grazas ás facilidades que outorgou o goberno austríaco.
 
Os estatutos da OPEP din que o seu obxectivo é coordinar e unificar as políticas petroleiras entre os países membros, "co fin de garantir uns prezos xustos e estables para os produtores de petróleo, o abastecemento eficiente, económico e regular de petróleo aos países consumidores e un rendemento xusto do capital dos investidores".
Liña 50:
* {{IDN}} (Decembro de [[1962]] - finais de [[2008]])
 
A principios de 2007 o goberno de [[Ecuador]] anunciou a posibilidade de regresar á organización,<ref>http://elobservador.rctv.net/noticias/vernoticia.aspx?NoticiaId=223391&Tipo=22 </ref> feito que se materializou finalmente en novembro dese mesmo ano.
 
A OPEP viviu a súa primeira ampliación en 30 anos en xaneiro de 2007 cando [[Angola]] converteuse de forma oficial no duodécimo socio do grupo, tras pedir o seu ingreso na reunión da OPEP en [[Abuja]] ([[Nixeria]]) de decembro de 2006 e sondar ao grupo na reunión de [[Caracas]] ([[Venezuela]]) dese mesmo ano.
 
Outros países produtores de petróleo, aínda que non son integrantes da OPEP, como [[Sudán]], [[México]], [[Noruega]], [[Rusia]], [[Casaquistán]], [[Omán]] e [[Exipto]], participan regularmente como observadores nas reunións ordinarias do grupo.
 
== Cotas de produción ==
A OPEP inflúe actualmente sobre o prezo do petróleo aumentado ou reducindo a súa produción de petróleo. Desde [[1987]], fixa unha cota de produción para cada un dos seus socios; a suma de todas elas é a cota de produción do grupo. Arabia Saudita é o membro do grupo cunha maior cota de produción, mentres que [[Qatar]] ten a máis pequena.
 
== Historia ==
Liña 76:
 
=== [[1990]]-[[2000]] ===
A década comeza coa invasión iraquí de [[Kuwait]], que dispara o prezo do petróleo por encima dos 30 dólares por barril. O resto de membros da OPEP responden elevando a súa produción.
 
Desde entón, os prezos permaneceron relativamente estables até [[1998]]. Por entón, a crise asiática, que reduciu substancialmente a demanda, sumada a un incremento de produción da OPEP, provocou o colapso dos prezos. Tras caer a 10 dólares por barril, a chegada dun novo goberno a [[Caracas]] mellorou as relacións entre Arabia Saudita e Venezuela.
 
[[Hugo Chávez]] fai resucitar a Organización de países exportadores de petróleo OPEP, cuxos principais fundadores foron xustamente a [[Arabia Saudita]] e [[Venezuela]] en 1960. Aproveitando das mellores relacións diplomáticas entre o [[Irán]] e a [[Arabia Saudita]] e contando co apoio de [[México]], [[Hugo Chávez|Chávez]] chega a convencer aos seus socios de instaurar un mecanismo para axustar o prezo bruto do cru [[petróleo]]. A disciplina que impón á Sociedade Nacional Petróleos de Venezuela SA ( [[PDVSA]] ) serve de exemplo e reforza a eficiencia do sistema. En 18 meses o prezo do petróleo é multiplicado por tres, provocando a furia dos automobilistas estadounidenses e europeos en xullo de 2000. Ese mesmo ano, en setembro, o cume mundial da [[OPEP]] no seu 40 aniversario reúnese en [[Caracas]] e felicita ao Gabinete de goberno de [[Hugo Chávez|Chávez]].
Liña 85:
 
=== [[2000]]-[[2008]] ===
Os recortes de produción que a OPEP acordou a partir de [[1999]] logran o seu obxectivo e a principios de 2000 o prezo do petróleo supera por primeira vez desde [[1986]] a barreira psicolóxica de 30 dólares por barril. O grupo fíxase en 2000 un obxectivo de prezos en forma de banda entre 22 e 28 dólares por barril.
 
A OPEP reacciona aos altos prezos con aumentos da súa produción, pero un forte incremento da demanda, debido á emerxencia de [[China]] e [[India]] como grandes consumidores, sumado a problemas de produción (unha folga patronal en Venezuela a partir de [[Decembro de 2002]] e a invasión de Iraq en [[Marzo de 2003]]) provocaron novas subidas dos prezos.