Julius Erving: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 43:
== Traxectoria deportiva ==
=== Universidade ===
O Doutor J, alcume que xa tiña no Instituto Roosevelt, iniciou os seus estudos na [[Universidade]] de [[Massachusetts]] en [[1968]]. En dous anos de carreira, tivo unha espectacular media de 26,3 puntos e 20,2 rebotes por partido, a pesar dos seus escasos 1,98 metros de estatura. Debido a iso é un dos únicos cinco xogadores que conseguiron a fazaña de superar unha media de máis de 20 puntos e 20 rebotes na [[NCAA]]. A pesar diso, non atraeu demasiado a atención do público naqueles anos.<ref>[http://web.archive.org/20070620121020/www.ncaa.org/library/records/basketball/m_basketball_records_book/2003/p007-066.pdf NCAA Basketball Records]</ref>
 
=== Virginia Squires ===
Liña 57:
=== Philadelphia 76ers ===
[[Ficheiro:JuliusErvingSlamDunk1981.jpg|miniatura|O Dr. J disponse a realizar un mate en [[1981]] ante os [[Atlanta Hawks]].]]
Despois de que a ABA se desintegrase, os [[New York Nets]], [[San Antonio Spurs]], [[Denver Nuggets]] e [[Indiana Pacers]] uníronse á NBA na tempada [[1976]]-[[1977|77]]. Tras o incumprimento da promesa do propietario dos Nets Roy Boe de aumentar o soldo de Erving, o xogador rexeitou xogar nesas condicións e Boe viuse obrigado a venderlle a [[Philadelphia 76ers]], onde moi pronto se convertería no líder da franquía, levándolles ás Finais da NBA, onde se enfrontaron aos [[Portland Trail Blazers]] de [[Bill Walton]]. Despois de poñerse por diante por 2 vitorias a 0, os de [[Oregón]] encadearon catro vitorias consecutivas para conseguir o anel de campión. Con todo, Erving gozou tamén do éxito fóra da cancha, converténdose nun dos primeiros xogadores en representar produtos e en ter zapatillas comercializadas baixo o seu nome. Por aquela época, apareceu nun anuncio de televisión incitando a mozos admiradores a pedirlle un autógrafo nun aeroporto, referíndose a el desde ese momento como "Dr. Chapstick". Tamén apareceu na película de comedia de baloncesto ''O Peixe Que Salvou Pittsburgh'', en [[1979]].
 
Nos anos posteriores, Erving tirou do carro dun equipo que non estaba ao seu nivel, pero que chegaba con facilidade ás Finais de Conferencia. Coa irrupción de [[Larry Bird]] en [[Boston Celtics]], revivíronse vellas rivalidades entre as dúas cidades do leste, chegando mesmo a protagonizar as estrelas de cada equipo uno dos primeiros [[videoxogo]]s deportivos da historia, denominado ''Julius Erving-Larry Bird One-on-One'' (''Julius Erving-Larry Bird Uno Contra Un'') de [[Electronic Arts]]. En [[1980]], os Sixers chegaron novamente ás Finais, onde se atoparían con [[Los Angeles Lakers]], dirixidos por [[Magic Johnson]]. Os [[California|californianoscalifornia]]nos acabaron vencendo 4-2, pero o Dr.J deixou para a historia unha xogada inesquecible denominada ''Baseline Move'', unha espectacular entrada a canastra por detrás do taboleiro levando o balón cunha man co brazo totalmente estirado e virando sobre si mesmo para conseguir a canastra.<ref name="baseline">[http://www.youtube.com/watch?v=k_QHfzSENGo Baseline Move]</ref>
 
En [[1981]] e en [[1982]], os Sixers caeron de novo en playoffs ante os Celtics e Lakers respectivamente, aínda que en [[1981]], Erving foi nomeado [[MVP da NBA|MVP da Tempada]]. Na tempada [[1982]]-[[1983|83]], os Sixers lograron poñer final ás carencias dun home alto e poderoso na zona coa adquisición de [[Moses Malone]]. Dominaron completamente a tempada, e arrasaron nos pay-offs, perdendo un único encontro neles (ante [[Milwaukee Bucks]] nas Finais de Conferencia), e varrendo aos Lakers nas Finais, conseguindo así Erving o seu primeiro campionato na [[NBA]]. Erving mantivo o seu nivel de xogo nos seguintes anos, cunhas medias de 22,4, 20,0, 18,1, e 16,8 puntos por partido nas súas catro últimas tempadas como profesional. Retirouse á idade de 37 anos ao finalizar a tempada [[1986]]-[[1987|87]], sendo homenaxeado en todos e cada un dos pavillóns que pisou. En [[1993]] foi elixido no [[Basketball Hall of Fame]] e é un dos poucos xogadores no baloncesto moderno en ter dúas camisetas retiradas co seu dorsal, o '''32''' nos [[New Jersey Nets|Nets]] e o '''6''' nos [[Philadelphia 76ers|76ers]].
Liña 92:
{{Philadelphia 76ers Campións NBA 1982-83}}
{{NBA50}}
 
{{ORDENAR:Erving, Julius}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Erving, Julius}}
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]