Wilt Chamberlain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 42:
|HOF_player=wilton-n-wilt-chamberlain
}}
'''Wilton Norman "Wilt" Chamberlain''', nado en [[Filadelfia]] ([[Pensilvania]]) o [[21 de agosto]] de [[1936]] e finado nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] ([[California]]) o [[12 de outubro]] de [[1999]]); foi un xogador [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[baloncesto]] que militou nos [[Golden State Warriors|Philadelphia/San Francisco Warriors]], [[Philadelphia 76ers]] e [[Los Angeles Lakers]].
 
Coñecido como "Wilt the Stilt" (''Wilt o pilote'') (alcume que odiaba) ou "The Big Dipper",<ref name="wilttower">[http://static.espn.go.com/nba/news/1999/1012/110493.html Chamberlain towered over NBA]</ref> é lembrado coma un dos xogadores de baloncesto máis dominantes de tódolos tempos polas súas estatísticas e logros que acadados durante a súa carreira profesional, como por exemplo ser o único xogador da historia de [[NBA]] cunha media de puntos superior a 40 e 50 puntos durante a liga regular ou anotar 100 puntos nun partido de competición.
Liña 77:
En [[1970]], a adquisición de [[Gail Goodrich]] reforzou o xogo ofensivo dos Lakers tras a perda de Baylor. Nas Finais, perderon ante [[New York Knicks]], un dos mellores equipos defensivos da era post-Russell-Celtics. Ambos os equipos disputaron unha difícil e competitiva serie, pero no quinto partido Willis Reed sufriu unha seria lesión de xeonllo. Os Knicks gañaron ese encontro, pero no seguinte foron esnaquizados polo xogo ofensivo de Wilt Chamberlain, e todo parecía indicar que xogarían o sétimo e definitivo partido sen o seu pivote titular. Con todo, Reed, cojeando, gañoulle o salto inicial a Chamberlain e anotou o catro primeiros puntos do seu equipo, levando ao seu equipo a un dos partidos de playoffs de desempate máis famosos de todos os tempos. Aínda que Reed só puido xogar unha pequena parte do partido, e cando o fixo realmente custáballe moverse, Chamberlain anotou soamente 21 puntos (cando esa tempada a súa media era de 27,3) en 16 tiros, moitos para un sétimo partido dunhas Finais. Ademais, na liña de tiros libres asinou un triste 1/11, quizais o seu peor partido xamais visto nesta faceta.
 
En [[1971]] os Lakers realizaron un notable movemento asinando ao antigo xogador dos Celtics [[Bill Sharman]] como adestrador. Sharman explotou todas as calidades defensivas de Chamberlain. Este experimento resultou ser moi exitoso, sendo Wilt elixido no mellor quinteto defensivo da tempada por primeira vez na súa carreira, e cos Lakers batendo o seu record de vitorias, 69, incluíndo o mítico refacho de 33 vitorias consecutivas, a máis longa na historia do deporte americano profesional. Chamberlain, pouco impresionado, ironizou: "''Eu xoguei cos Harlem Globetrotters e gañamos 445 partidos seguidos''".
 
Chamberlain e West gañarían o seu primeiro e único título cos Lakers en [[1972]], na primeira tempada sen Baylor. Este equipo tamén incluía aos beirados Jim McMillian, un anotador, e ao especialista reboteador e defensivo [[Happy Hairston]].<ref>[http://www.nba.com/history/finals/19711972.html Lakers' Legendary Season Leads to Elusive Title]</ref> Nas series ante os Knicks, Wilt promedió 19,2 puntos por partido, sendo elixido [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]], principalmente pola súa incrible achega no rebote. No partido final anotou 23 puntos e recolleu 29 rebotes, a pesar de ter danada a súa boneca dereita. Durante a serie promedió 23,2 rebotes por encontro, á idade de 36.<ref>[http://www.nba.com/history/rebounds/19711972.html Rebounds - 1971-72]</ref> Ao ano seguinte, a que sería a súa última tempada como xogador profesional con 37 anos, Chamberlain aínda lideraba a liga en rebotes cunha media de 18,6, mentres asinaba unha marca NBA grazas á súa 72,7% en tiros de campo.
 
{{Cita|Miro cara atrás e vexo que o meu primeiros sete anos comparados cos meus sete últimos son unha broma en termos de anotación. Parei de lanzar porque os adestradores pedíronme facelo e fíxeno. Ás veces pregúntome se iso foi un erro.|''Wilt Chamberlain, falando en Philadelphia Daily News''}}
Liña 125:
|-
| | Carreira || | || | || | [[NBA]] || | 1045 || | || | 45.8 || | 12.1 || | 22.5 || | .540 || | || | || | || | 5.8 || | 11.4 || | .511 || | || | || | 22.9 || | 4.4 || | || | || | || | 2.0 || | 30.1
|}
 
=== Playoffs ===
Liña 162:
 
== Post-NBA ==
Tras o seu período nos Conquistadors, terminou aburrido do traballo de adestrador. Entrou de maneira triunfal na industria do entretemento e converteuse en home de negocios, abrindo ademais unha popular discoteca en [[Harlem]] chamada ''Smalls Paradise''.<ref>[http://www.newyorkpartyshuttle.com/new-york-attractions/smalls-paradise.php Small's Paradise]</ref> Chamberlain tamén patrocinou aos seus equipos profesionais de voleibol e atletismo, aparecendo tamén en anuncios de Drexel Burnham, Le Tigre Clothing e Foot Locker, e na película "Conan o destrutor" xunto con [[Arnold Schwarzenegger]] en [[1984]]. Publicou varios libros, entre os que destaca ''Who's Running the Asylum? Inside the Insane World of Sports Today'' ([[1997]]), no que critica duramente á [[NBA]] da [[1990|década dos 90]] por mostrarse irrespetuosa cos xogadores do pasado.
 
Chamberlain meditou regresar ás pistas na [[1980|década dos 80]] debido ao seu gran estado de forma a pesar da súa idade. Na tempada [[1980]]-[[1981|81]], [[Larry Brown]] admitiu que [[Cleveland Cavaliers]] fixera unha oferta a Chamberlain, que por entón tiña 45 anos.<ref name="vida">[http://www.elmundo.es/1999/10/14/deportes/14N0105.html A NBA réndese ante o máis grande]</ref> Cinco anos máis tarde, [[New Jersey Nets]] tentouno de novo pero Chamberlain volveu declinar a oferta. Até o seu rápido empeoramento de saúde en [[1999]], Chamberlain sempre estivo nun gran estado físico, chegando mesmo a correr a miúdo maratóns.
 
== Legado ==
Cun repertorio ofensivo que consistía de mates, ''finger rolls'' (bandexa sutil coas xemas dos dedos) e un tiro ''fadeaway'' (virarse e saltar en dirección contraria á canastra e o seu defensor), Wilt Chamberlain posúe preto de 100 records da NBA, incluído os de máis puntos anotados nun partido: 100. A día de hoxe é aínda o único xogador capaz de anotar máis de 4.000 puntos nunha tempada (é difícil ver que alguén exceda incluso os 3.000). Tamén conseguiu 55 rebotes nun partido, e promedió 27 esa tempada, batendo o record de media de rebotes nunha tempada, e que a data de hoxe aínda se mantén. De [[1959]] a [[1963]] (5 tempadas), Chamberlain tivo unha carreira espectacular, conseguindo 5 das 7 mellores medias anotadoras de todos os tempos (incluíndo as 3 primeiras). En [[1962]] promedió 50,4 puntos por partido, e ao ano seguinte 44,8. O seu rival máis próximo nesta categoría foi Elgin Baylor, que [[1962]] rexistrou a 4º mellor media anotador da historia, con 38,3.
 
=== O partido dos 100 puntos ===
Liña 257:
 
== Vida persoal ==
Pero non só en baloncesto tiña éxito, senón tamén noutros deportes. Participou co seu equipo en probas universitarias de [[atletismo]], excedendo os dous metros en salto de altura, correndo os 440 en 49 segundos, os 880 en 1:58.3, e os 100 en 10.9. Tamén participou en competicións de [[voleibol]] (deporte no que destacaba), [[automobilismo]], flirteou co [[boxeo]] e foi ofrecido a xogar con Kansas City Chiefs en [[1966]], equipo de [[fútbol americano]].
 
Tras a súa retirada foi [[actor]],<ref>[http://imdb.com/name/nm0150219/ ficha de Chamberlain en IMDB.com]</ref> unha celebridade e home de negocios. En [[1984]], tivo un papel secundario na película ''Conan o Destrutor'', de [[Arnold Schwarzenegger]].<ref>[http://imdb.com/title/tt0087078 Ficha de "Conan o Destrutor" en IMDB.com]</ref> Mentres que Chamberlain vivía a boa vida co baloncesto, cobraba unha miseria comparado cos xogadores da era moderna. Con todo fíxose multimillonario debido a varios investimentos lucrativos en bens inmobles dos Ánxeles.
Liña 268:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 281:
{{Los Angeles Lakers Campións NBA 1971-72}}
{{NBA50}}
 
{{ORDENAR:Chamberlain, Wilt}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Chamberlain, Wilt}}
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]