Diferenzas entre revisións de «María Luz Morales»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
Malia nacer na Coruña, toda a súa vida profesional transcorreu en [[Barcelona]], onde se trasladou coa súa familia sendo aínda unha nena. Tras diplomarse en [[Filosofía e Letras]], en [[1924]] incorporouse a ''[[La Vanguardia]]'', na sección de [[cinematografía]]. Nesa época, na que asinaba os seus artigos co [[pseudónimo]] '''Felipe Centeno''' (baseado nun personaxe de [[Benito Pérez Galdós]]), a produtora [[Paramount Pictures]] interesouse no seu traballo, e tras unha entrevista con ela (da que descoñecían que fose unha muller) foi contratada pola produtora [[EUA|estadounidense]] como responsable da asesoría literaria das súas películas, e, coa chegada do [[cine sonoro]], das tarefas de tradución e adaptación dos diálogos<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/ESPAnA/SEGUNDA_REPuBLICA_ESPAnOLA/Maria/Luz/Morales/escritora/esperanza/utopia/elpepicul/19800926elpepicul_11/Tes/ "María Luz Morales, escritora, entre la esperanza y la utopía"] artigo en ''[[El País]]'', 26 de setembro de 1980 {{es}}.</ref>. Compaxinou tamén estas ocupacións cunha colaboración semanal co xornal ''[[El Sol (1917)|El Sol]]'', mentres, paralelamente, levaba a cabo unha intensa actividade literaria, cultivando a [[literatura infantil]] con adaptacións de obras mestras da literatura, publicadas pola editorial que dirixía, Ediciones Araluce. Algunhas desas adaptacións, de obras de autores coma [[Homero]], [[Esquilo]], [[Sófocles]], [[Dante]], [[Shakespeare]], [[Goethe]], [[Miguel de Cervantes|Cervantes]] ou [[Tirso de Molina]], seguen a editarse na actualidade en España e [[Hispanoamérica]].
 
A partir de [[1933]] cambiou a súa predilección cinematográfica polo [[teatro]], a súa gran paixón, o que a levou a escribir, en colaboración con [[Elisabeth Mulder]], a obra ''[[Romance de media noche]]''.
 
A principios de xullo de [[1936]] participou nas celebracións pola aprobación do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]]. Trala [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] e a [[Revolución Española]], ''La Vanguardia'' foi tomada por un comité obreiro, pasando a ser nomeada directora do diario, cargo que ocupou durante toda a [[Guerra civil española|guerra civil]], substituíndo a ''[[Gaziel]]''. Durante o conflito bélico colaborou no guión da película documental ''[[L'Espoir]]'' (ou ''Sierra de Teruel''), dirixida por [[André Malraux]] con fins propagandísticas en [[1939]].
 
Trala guerra, todos os redactores de ''La Vanguardia'' foron cesados e pendentes de xuízo. Retiróuselles o [[pasaporte]] e foron inhabilitados como periodistas. En [[1940]], acusada de ser a directora do diario durante a guerra e de pertenza ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], María Luz Morales foi encarcerada nun [[convento]] barcelonés. Durante ese período, do cal sempre rexeitou falar, continuou escribindo, baixo os pseudónimos de ''Ariel'' e ''Jorge Marineda''.
 
En [[1948]] entrou a colaborar, como crítica teatral, no ''[[Diario de Barcelona]]'', e aos poucos foi recuperando a actividade literaria, ademais de traballar na [[Editorial Salvat]] e colaborar na revista ''[[Lecturas]]''. Como recoñecemento ao seu traballo, en [[1956]] o goberno francés concedeulle a [[Orde das Palmas Académicas]], e en marzo de [[1963]] foille entregado o [[Premio Nacional de Teatro]] [[1962]].<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1963/03/03/111.html Hemeroteca] do ''ABC'', 3 de marzo de 1963 {{es}}.</ref> En [[1958]] a súa novela ''[[El amor empieza en sábado]]'' foi levada ao cine dirixida por [[Victorio Aguado Candela]].
 
== Obra literaria ==
[[Ficheiro:16-6-1933, Hotel Miño, Ourense, VRisco RIllaCouto LeuterGonzález ÁCunqueiro EDocet MLuísAcuña OPedrayo BlancoAmor XLRamosColemán RVázquezMonxardín AVázquezMonxardín MPeñaRei XoséGoyanes....jpg|miniatura|300px|1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a [[Emilia Docet]] e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: [[Vicente Risco|Risco]], [[Ramiro Isla Couto|Ramiro Isla]], [[Leuter González]], [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro]], [[Otero Pedrayo]], [[María Luz Morales]], [[Blanco Amor]], [[Xoán Luís Ramos Colemán|Xoán L. Ramos Colemán]] e [[Manuel Peña Rei]].]]
* ''Parientes y trastos viejos'' (inédita)
* ''Trovas de otros tiempos'', 1928
* [http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/maria-luz-morales-vehemente-galeguista-foi-primeira-muller-dirixir-xornal/20151231103047043773.html ''María Luz Morales, a “vehemente galeguista” que foi a primeira muller en dirixir un xornal no Estado español''] en ''Sermosgaliza'' o 1 de xaneiro de 2015.
 
{{ORDENAR:Morales Godoy, Maria Luz}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Morales Godoy, Maria Luz}}
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
393.002

edicións