Sebe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
Unha '''sebe''' (do [[latín]] ''saepe''; valado), '''sebeiros'''<ref>No dicionario Ir Indo o termo sebeiro fai referencia a un valado composto principalmente por toxos e silvas</ref> ou '''barda''' é unha asociación de zonas de [[mato]]gueira e [[árbore]]s situadas entre os campos de cultivo ou leiras das casas co fin de marcar os lindeiros das terras. As sebes constitúen auténticas "illas" de [[biodiversidade]].
 
Nalgúns casos constitúen redutos da vexetación autóctona que se mantiveron como valados naturais, porén tamén poden ser creados de xeito artificial (sebe morta), coma os '''bardados''', valados feitos con paus e recubertos con bardas ([[silveira]]s, [[hedra]]s ou outras plantas coma os [[Ulex|toxos]] e mailas [[xesta]]s).
 
Na [[paisaxe]] rural das [[campiña]]s, composto de [[pradería]]s rodeadas de sebes, estas garanten unha función de [[fronteira]] e de retención das augas de escorrentía. Nas rexións onde a vexetación é máis escasa ou naquelas suxeitas aos climas oceánicos onde a [[vexetación]] ten dificultades para desenvolverse as sebes substitúense por [[muros]] de pedra. Así, na zona do [[Salnés]] chámaselle sebe aos muros que delimitan as leiras.<ref>Eugenio Reguera y Pardiñas (1840-1858): ''Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano'', ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995) {{es}}</ref>
Liña 20:
 
=== Aves ===
Multitude de aves empregan as sebes como lugar de aniñamento, alimentación e protección. Así segundo os hábitos de cada ave pódense agrupar segundo os seus lugares de preferencia.
 
* '''Pólas altas''': Nas pólas máis altas aproveitan para criar o [[corvo]], a [[gralla grande]], o [[lagarteiro]] e o [[miñato]]. Aliméntanse e crían o [[verderolo común]] e a [[pomba torcaz]], e soamente se alimentan o [[ferreiriño bacachís]], o [[xílgaro]], o [[merlo]], o [[gabeador]] e outras aves propias de zonas boscosas.
Liña 30:
== Orixe ==
[[Ficheiro:Cutting the hedge - geograph.org.uk - 172948.jpg|Home podando a súa sebe|miniatura]]
As sebes apareceron en [[Europa]] a partir da [[Idade media]]. Permitiron aos campesiños apropiarse de novo das zonas enselvadas, mentres que os señores feudais confiscaran o acceso aos [[bosque]]s. As sebes achegaban a [[Madeira|madeira de calefacción]], indispensable para a [[cociña]], así como un complemento apreciable de alimentación grazas aos froitos e aos pequenos animais que albergaban.
 
Comezaron a ser máis abondosas a partir do [[século XVI]]. Utilizábanse entón para pechar un terreo e delimitar a propiedade mais tamén para impedir aos outros campesiños alimentar aos seus gandos nos pastos veciños.
 
A partir do [[século XVIII]], coa vontade do desenvolvemento dos pobos, a instauración de sebes intensificouse progresivamente para dar a tradición do valado con silvas ou soamente de pólas entrelazadas co que se traballou a paisaxe rural até a revolución industrial.