Club Deportivo Mirandés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
| leftarm2=FFFFFF|body2=FFFFFF|rightarm2=000000|shorts2=FF0000|socks2=FF0000|
}}
O '''Club Deportivo Mirandés''' é un club de [[fútbol]] con sede na cidade de [[Miranda de Ebro]], na [[provincia de Burgos]], [[España]]. Foi fundado o [[3 de maio]] de [[1927]] e debutará a próxima tempada na [[Segunda División Española]]. O club exerce de local no [[Estadio Municipal de Anduva]], que conta cunha capacidade aproximada de 6.500 espectadores.
 
Nas súas vitrinas constan un título de liga de [[Segunda División B Española|Segunda B]], catro de [[Terceira división española|Terceira División]], unha [[Copa de Castela e León]] e o [[Trofeo invicto Don Balón]] entre outros premios. Entre os clubs que existe unha rivalidade especial atópase o [[Burgos CF]], [[Deportivo Alavés]] e [[Haro Deportivo]]. Durante a tempada [[2011]]-[[2012|12]], o orzamento ascende aos 1 200 500 [[Euro|€]] e o número de socios aos 3.500.
Liña 37:
{{Artigo principal|Estadio Municipal de Anduva}}
[[Ficheiro:Mirandes - Burgos.JPG|miniatura|250px|esquerda|''Marea Rojilla'' no [[Estadio de Anduva]].]]
O estadio do Mirandés é o [[Estadio Municipal de Anduva]], propiedade do concello de [[Miranda de Ebro]]. Foi inaugurado o [[22 de xaneiro]] de [[1950]], aínda que xa fora estreado en setembro de [[1949]] con motivo do inicio de liga. Posúe unha capacidade para 6.000 espectadores, algúns sentados pero maioritariamente de pé, e unhas dimensións de 105 x 69 metros. O terreo de xogo é de céspede natural.
 
O partido inaugural, de [[Terceira división española|Terceira División]], enfrontou ao Mirandés co [[Club Deportivo Logroñés|CD Logroñés]] (0-1). O Estadio de Anduva alberga de forma regular os partidos de liga do Mirandés, pero tamén foi escenario doutros acontecementos deportivos, entre os que destaca o encontro das seleccións de fútbol sub-21 de [[Selección de fútbol de España|España]] e [[Selección de fútbol de Polonia|Polonia]] en [[2006]] (0-1).
 
Anterior a este estadio, o club rojillo disputou os seus encontros noutros escenarios. Durante o primeiro ano de vida, o Club Deportivo Mirandés xogou no '''Campo de Kronne'''. Ao ano seguinte o equipo trasladouse a outro campo, e o [[26 de maio]] de [[1928]] disputouse o primeiro partido no '''Campo da Estación'''. O partido inaugural deste campo enfrontou ao CD Mirandés contra o Club Ciclista, outro equipo local, e saldouse cunha vitoria mirandesista por 7 goles a 1. O club permaneceu no Campo da Estación ata a inauguración do Estadio de Anduva en [[1950]].