RAI: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-disponible +dispoñible); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:RAI — Radiotelevisione italiana (logo).svg|thumb|RAI logo]]
'''RAI''' ou '''Radiotelevisione Italiana''', coñecida ata [[1954]] como '''Radio Audizioni Italiane''',<ref>[http://www.radiomarconi.com/marconi/storia_radio.html La radio in Italia cronologia]</ref> é a empresa de radiodifusión pública de [[Italia]]. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como [[Mediaset]], [[Telecom Italia Media]] ou [[Sky Italia]]. A RAI opera varias canles de [[radio (medio de comunicación)|radio]] e de [[televisión]], emitindo no sistema analóxico terrestre ata o [[2013]], vía [[TDT|televisión dixital]] e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da [[Unión Europea de Radiodifusión]] no ano [[1950]].
 
Debido á súa proximidade xeográfica con [[Italia]], o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como [[Albania]], [[Suíza]], [[Mónaco]], [[Malta]], [[San Marino]], a [[Cidade do Vaticano]], [[Eslovenia]] ou [[Croacia]].
Liña 7:
A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como ''Unione Radiofonica Italiana'' (URI) e foi creada no ano [[1924]] por varios empresarios privados e membros do grupo [[Marconi Company|Marconi]]. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o [[24 de outubro]] dese ano cun cuarteto de [[Joseph Haydn|Haydn]].
 
No ano [[1927]] a URI foi renomeada como ''Ente Italiano Audizioni Radiofoniche'' (EIAR). Sobrevivíu ata [[1944]] cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada ''Radio Audizioni Italiane'', ou RAI.
 
Non foi ata o [[1954]] cando a RAI adquiríu a súa estrutura actual. Nese ano o [[Italia|estado italiano]] adquiríu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O [[3 de xaneiro]] de [[1954]] as 11:00, a primeira parrila de televisión foi emitida desde a oficina de [[Milán]] e desde as subsés de [[Turín]] e [[Roma]]. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana ''Arrivi e partenze'', dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.